-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 30
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Economía CuantitativaÁreas:
Economía Cuantitativa (propia da USC)Centro
Facultade de Administración e Dirección de EmpresasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Coñecer teorías e técnicas que permitan resolver os problemas matemáticos en cada lección do programa e aplicar estes coñecementos noutras materias do plan de estudos.
Adquirir a capacidade de descubrir e afondar na comprensión das estruturas subxacentes de moitos fenómenos económicos, formular ditas estruturas en linguaxe matemática, resolvelas e interpretar os resultados dende unha perspectiva económica.
Achegar ao alumno ao instrumental matemático axeitado para poder abordar un dos problemas máis frecuentes na economía: a asignación eficiente de recursos escasos entre usos alternativosTema 1. Espazo euclídeo n-dimensional
Tema 2. Funcións reais de varias variables reais
Tema 3. Diferenciación de funcións de varias variables reais
Tema 4. Teoremas relativos á diferenciación
Tema 5. Convexidade
Tema 6. Programación estática
Tema 7. Optimización sen restricións e con restricións
Tema 8. Integral indefinida, definida e múltipleBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Jarne, G.; Pérez-Grasa, I.; e Minguillón, E. (2004): Matemáticas para la Economía. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial. Madrid: McGraw-Hill
Pérez-Grasa, I.; Minguillón, E.; e Jarne, G. (2001): Matemáticas para la Economía. Programación Matemática y Sistemas Dinámicos. Madrid: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (TEORÍA)
Barbolla, R.; Cerdá, E.; e Sanz, P. (2011): Optimización. Programación Matemática y aplicaciones a la Economía. Madrid: Garceta.
Calderón, S.; e Rey, M. L. (2012): Matemáticas para la economía y la empresa. Madrid: Pirámide.
Camacho, M.E. (2005): Fundamentos de cálculo para economía y empresa. Madrid: Delta.
Chiang, A.P. (2006): Métodos fundamentales de economía matemática. Mexico D.F.: McGraw-Hill.
Fernández, C.; Vázquez, F.J.; e Vegas, J.M. (2002): Cálculo Diferencial de varias variables. Madrid: Thomson.
Guerrero, F.M. (1994): Curso de optimización: Programación matemática. Ed. Ariel.
Guerrero, F.M.; e Vázquez, M.J. (1994): Manual de Cálculo Diferencial e Integral para la Economía y la Empresa. Madrid: Pirámide
Herrero de Egaña, A.; Muñoz, A.; Muñoz, A. e Muñoz, A. (2011): Cálculo para Empresarios y Economistas. Matemáticas II. Grado en ADE. Madrid: Ediciones Académicas
Martínez, J.; de Miguel, J.C.(1991): Integrales. Aplicación a la Economía. Santiago de Compostela: Tórculo.
Sydsaeter K.; Hammond P.; Strom, A.; e Carvajal A. J. (2016): Essential Mathematics for Economic Analysis. Harlow: Pearson Education.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (PRÁCTICA)
Arranz, M.R.; Garcillán, J.J.; González, A.; Macarro, M.J.; Pajares, M.; e Pérez, M.P. (2005). Ejercicios resueltos de Matemáticas para la Economía. Optimización y operaciones financieras. Madrid: Thomson.
Arranz, M.R.; Garcillán, J.J.; González, A.; Macarro, M.J.; Pajares, M.; e Pérez, M.P. (2005): Ejercicios resueltos de Matemáticas para la Economía. Optimización y operaciones financieras. Madrid: Thomson.
Barbolla, R.; Cerdá, E. e Sanz, P. (2006): Optimización: cuestiones, ejercicios y aplicaciones a la economía. Madrid: Thomson.
Caballero, R.E.; Calderón, S.; Galache, T.P.; González, A.C.; Rey, M.L.; e Ruíz, F. (2000): Matemáticas aplicadas a la economía y a la empresa. 434 ejercicios resueltos y comentados. Madrid: Pirámide.
Calvo, M.E.; Escribano, M.C.; Fernández, G.M. ; García, M.C.; Ibar, R.; e Ordás, M.P. (2003): Problemas resueltos de matemáticas aplicadas a la economía y la empresa. Madrid: Thomson
Galán, F. J.; Casado, J.; Fernández, B.; e Viejo, F. (2001): Matemáticas para la Economía y la Empresa: Ejercicios resueltos. Madrid: Editorial AC.
Minguillón, E.; Pérez-Grasa, I.; e Jarne, G. (2004): Matemáticas para la economía. Libro de ejercicios. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial. Madrid: McGraw Hill.
Rodríguez, J.; Matilla, J.; e García, M.C. (2013): Matemáticas para los grados en economía y empresa. Cálculo diferencial. Ejercicios y problemas resueltos. Madrid: Ediciones Académicas.C3. Manexar métodos numéricos para resolver determinados problemas
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes ede tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CP2. Interpretar a información relevante empregando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais
CP9. Abordar os problemas e retos dende diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.As sesións expositivas teñen como obxecto a explicación dos aspectos esenciais de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle ao alumnado, a información adicional necesaria que lle permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As sesións interactivas (en seminario ou en aula de informática) estarán orientadas facilitar a compresión e aprendizaxe dos contidos da materia e fomentar a participación do alumnado mediante a resolución de problemas, relacionados cos ámbito da economía en xeral e da empresa en particular.
O alumnado terá a súa disposición recursos didácticos complementarios ás clases na aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación nas sesións presenciais, realización e exposición de traballos, tests, realización do exame de contidos, etc).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua. Traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación nas sesións presenciais, resultados das distintas probas, traballos realizados...
Na guía docente da materia, a disposición do alumnado na aula virtual da materia, recollerase con máis detalle as actividades tidas en conta na avaliación e a puntuación de cada unha delas, así como aquelas outras condicións para a avaliación que se consideren oportunas.
Peso na cualificación final: 40%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C3, HD2, HD5. HD8, CP2, CP9
2. Exame final de contidos. Proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, exercicios prácticos, resolución de problemas, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre.
Peso na cualificación final: 60%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C3, HD2, HD5, CP2
A proba final terá carácter presencial
Para poder engadir á nota do exame/proba de contidos a puntuación acadada na avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 2,4 puntos sobre 6 no exame final de contidos e ter participado como mínimo na elaboración do 75% das actividades propostas. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Se o alumno/a non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar (75%), a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades, non se agregará a nota do exame. Se o alumno/a non alcanza a nota mínima no exame (2,4 sobre 6), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Se o alumno non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.A materia é de 6 créditos. As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito: Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 54.
Traballo persoal do alumnado: 96.Asistencia ás clases e participación activa
Estudo semanal da materia (repasar os conceptos traballados nunha clase antes de asistir á seguinte)
Resolver todos os exercicios propostos
Utilización da bibliografía
Participación nas actividades organizadas na Facultade
Asistencia a titorías
Consulta regular do Campus Virtual e os foros da materiaEsta materia ten carácter instrumental para o estudo doutras materias da titulación con contido cuantitativo como poden ser a estatística, as materias de Teoría Económica, Economía da Empresa e Economía Financeira. Constitúe unha ferramenta operativa fundamental na análise das distintas situacións da actuación empresarial. O estudo das matemáticas axuda ao desenvolvemento dun método de pensamento lóxico e abstracto así como a reforzar hábitos de precisión, orde e claridade de expresión, entre outros.
-
Alba Lugilde Sanchez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 982824408
- Correo electrónico
- alba.lugilde@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 11:30-12:50 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 6 Exames 29.05.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 6 04.07.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 6