Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
- Coñecer e comprender a contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos económicos básicos utilizados na xestión empresarial (patrimonio, resultado, ingresos, gastos, activo, pasivo, etc.).
- Identificar os feitos contables, así como aprender a rexistralos seguindo o método contable.
- Comprender o ciclo contable da empresa e as bases de presentación da información de síntese básica: balance e conta de perdas e ganancias.
- Fundamentar o uso das contas anuais como instrumentos dos que se serve a contabilidade para resumir e comunicar información ao conxunto de usuarios da información.
Introdución á contabilidade.
A estrutura patrimonial da empresa.
O método contable. O ciclo contable. Valoración e rexistro contable das transaccións.
A determinación do resultado e a elaboración dos estados financeiros.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2021). Contabilidad general. Ediciones Deusto.
SANSALVADOR SELLÉS, M. E. (2022). Contabilidad financiera básica. Ediciones Universidad Miguel Hernández. (Biblioteca On line)
SANSALVADOR SELLÉS, M. E. (2019.) Supuestos de Contabilidad financiera. Ediciones Universidad Miguel Hernández. (Biblioteca On line)
MONTESINOS JULVE, V. (COORD.)(2021). Fundamentos de contabilidad financiera. Ed. Pirámide
ALCARRIA JAIME, J.J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ARQUERO MONTAÑO, J. L. (2023). Introducción a la contabilidad financiera. Ed. Pirámide.
LEGISLACIÓN:
- REAL DECRETO 1514/2007, de 16 de Noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad. Texto Consolidado
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento.
C7. Seleccionar fontes estadísticas para a toma de decisións empresariais.
C11. Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación
(TIC).
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análises e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP11. Actuar no ámbito da economía e a empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisión empresariais e tecnolóxicas.
A docencia é virtual asíncrona. Isto implica que o alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma. Especialmente a través do Campus Virtual proporcionarase o alumnado o acceso ós materiais más apropiados para el proceso enseñanza-aprendizaje. Ademáis contará coa guía do profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. Na guía docente que estará disponible a principios de cada curso fixarase unha sesión de titoría non presencial síncrona semanal para atender consultas e dúbidas do alumnado. Nese horario, o profesorado estará dispoñible para poder comunicarse co alumnado a través das canles oficiais.
As metodoloxías docentes empregadas son Resolución autónoma de problemas e Foros de discusión - trabajo en grupo asíncronos. Esta metodoloxía promove o traballo autónomo do alumnado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda. Se a calificaciópn acadada na segunda fose superior será a que figure no seu expediente académico.
Nesta materia usaranse os siguientes sistemas de avaliación:
Exame de preguntas teóricas obxectivas (test ou curtas)
Resolución de problemas/exercicios
Exame de desenvolvemento
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades consistirá nunha proba final de contidos (Exame final teórico-práctico ) na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, principalmente o dominio dos conceptos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Representará o 100% da nota. Esta proba poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Esta proba será presencial e na data e hora que fixe oficialmente o centro. Será necesario alcanzar unha calificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para superar a asignatura.
A través do exame final teórico-práctico avaliaranse os seguintes resultados da aprendizaxe.: C5, C7, C11, HD2, HD5, HD8, CP2, CP11.
Para os casos de realización fraudulenta de probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Veiga Carballido
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mvcarb.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
16.01.2025 16:00-19:00 | CLE_01 | Seminario 2 |
19.06.2025 16:00-19:00 | CLE_01 | Seminario 2 |