Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo central é que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar e desenvolver estratexias didácticas axeitadas para o ensino da Educación Ambiental na Educación Infantil e Primaria en Galicia.
Os obxectivos específicos son:
- Construír unha conceptualización básica da Educación Ambiental e dos seus obxectivos básicos, tendo en conta a idea e principios de sustentabilidade como unha cuestión fundamental;
- Aplicar a metodoloxía de resolución de problemas a problemas ambientais concretos e próximos.
- Analizar as dificultades acerca da integración da Educación Ambiental no ensino básico
- Deseñar e promover estratexias didácticas cara a devandita integración.
Parte expositiva:
Tema 1.- Introdución a Educación Ambiental.
1.1.- A Educación Ambiental: a súa orixe e breve revisión histórica.
1.2.- Conceptualización básica da educación ambiental: funcións e obxectivos.
1.3.- O Desenvolvemento sostible: conceptualización e principios.
Tema 2.- A Educación Ambiental: revisión de aspectos concretos
2.1.- A alfabetización ecolóxica
2.2.- O funcionamento dos ecosistemas: a terra como ecosistema.
2.3.- Os problemas ambientais.
Tema 3.- Desenvolvemento da Educación Ambiental no ámbito escolar.
3.1.- Articulación da Educación Ambiental cos obxectivos curriculares da Educación Infantil e Primaria.
3.2.- Enfoques metodolóxicos para o deseño de actividades e proxectos de Educación Ambiental.
3.3.- Actividades na natureza. Patrimonio Natural.
Parte interactiva:
Prácticas de Campo
Prácticas de Laboratorio
Deseño e posta en práctica de actividades de E.A.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ASKASIBAR, I. et al. (2006). La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Graó
BALLARD, M. et al. (2003). Conocimientos básicos en educación ambiental. Graó.
LOUV, R. (2019) Vitamina N. Guía esencial para unha vida rica en natureza. Kalandraka.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.-
BRUCHNER, P. (2017). Bosquescuela: Guía para la educación infantil al aire libre. Ediciones Rodeno.
Ministerio de medio ambiente (1999). Libro blanco de la educación ambiental en España. http://www.mma.es/educ/ceneam/blanco/blanco.htm
FREIRE, H. (2011). Educar en verde. Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza (Vol. 21). Grao.
GARCÍA-RODEJA, I., e LIMA, G. (2012). Sobre el cambio climático y el cambio de los modelos de pensamiento de los alumnos sección investigación didáctica. Enseñanza de las Ciencias, 30(3), 0195-218.
GARCÍA-RODEJA, I., (1997). ¿Qué educación ambiental?. Aula de innovación Educativa, (63), 6-8.
GIORDAN, A. e SOUCHON, Ch. (1995). La Educación Ambiental. Guía Práctica. Díada.
HART, R. A. (2001). La participación de los niños en el desarrollo sostenible. UNICEF- PAU educación.
HERAS HERNÁNDEZ, F. (2003). Entretantos: guía práctica para dinamizar procesos participativos sobre problemas ambientales y sostenibilidad. Gestión y Estudios Ambientales
JIMÉNEZ, J. R. et al. (coord.: CANO, Mª. I.) (1992). Orientaciones didácticas para la Educación Ambiental en Educación Infantil (Programa ALDEA de E.A.). Junta de Andalucía.
KRAMER, F. (2002). Manual práctico de educación ambiental: técnicas de simulación, juegos y otros métodos educativos. Catarata.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, R. (2003). Educación Ambiental y su Didáctica. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R. e GARCÍA GANDOY, J.A. (2004). A Axenda 21 Escolar Galega. Ed. Consellería de
MOGENSEN, F, MAYER, M., BREITING, S. &. VARGA, A. (2009). Educación para el desarrollo sostenible: tendencias, divergencias y criterios de calidad. Grao.
PEACOCK, A. (2006). Alfabetización ecológica en educación primaria (Vol. 44). Morata.
XUNTA DE GALICIA. (2000). Estratexia Galega de Educación Ambiental. Xunta de Galicia
Revistas:
Alambique
AmbientalMENTEsustentable (CEIDA: http://www.ceida.org/ )
Cerna: Revista galega de Ecoloxía e Medio ambiente
Enseñanza de las Ciencias
Eureka
COMPETENCIAS QUE OS ESTUDANTES DEBEN ADQUIRIR:
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Infantil:
G.1.- Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no periodo de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento.
Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e
sociais ao longo da vida.
G10.- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan ás escolas de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Primaria
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que a explicación do profesorado integrarase no proceso de construción de coñecementos dos e das estudantes.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante a resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e prácticas de campo (saídas tanto aos arredores da facultade como outras que requiran un desprazamento maior). As actividades realizaranse preferentemente en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
No campus virtual o alumnado disporá do material que se empregará nas sesións expositivas e interactivas. O campus virtual tamén servirá de vía de comunicación co alumnado e como lugar de entrega dos traballos solicitados.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual ás clases expositivas/interactivas e ás prácticas de campo.
Na avaliación terase en conta:
a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo (10%).
b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido), así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
c.- Presentacións orais na aula (10%).
d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (50%).
Condicións para superar a materia:
1. Na primeira oportunidade de avaliación da materia é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) no apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación dos apartados a), b) e c).
A cualificación acadada nos apartados a), b) e c) terase en conta na segunda oportunidade ou seguintes de avaliación, segundo o considere a/o docente.
2. Asistencia:
- Asistencia superior ao 80%: o alumnado terá a puntuación correspondente á asistencia e participación na aula no apartado a)
- Asistencia entre 50-80%: non terá puntuación no apartado a), pero podería presentar traballos e as exposicións, se a/o docente o considera pertinente.
-Asistencia inferior ao 50%: non terá puntuación nos apartados a), b) e c).
3. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
4. O alumnado de 2º convocatoria e posteriores. A/o estudante deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
5. O alumnado con exención de docencia será avaliado co mesmo sistema de avaliación que o alumnado ordinario, excepto que para acadar a puntuación de asistencia terá que facer un seguimento da materia coa docente no horario de titorías. Este alumnado deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
6. O alumnado con diversidade funcional deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, no primeiro caso, e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 18 horas expositivas, 18 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 73,5 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates. e Preparación de probas: 26 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 33,5 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 14 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos serán entregados dixitalmente no espazo habilitado para iso no Campus Virtual.
Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos
académicos encomendados.
Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Paloma Blanco Anaya
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- paloma.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Irene Gonzalez Costa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812075
- Correo electrónico
- irenegonzalez.costa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |