Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A) Lograr o dominio dos trazos orais e escritos pertinentes na lingua galega e no seu estándar (fonético, gramatical, léxico e semántico).
B) Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
C) Coñecer as variedades do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a pertinencia do seu uso na docencia.
D) Aprender os aspectos máis relevantes da estrutura da lingua galega.
E) Reflexionar sobre o mellor xeito de traballar nas distintas etapas educativas os aspectos máis relevantes da arquitectura lingüística do galego.
1. O ESTUDO E O ENSINO DA LINGUA. CURRÍCULO ESCOLAR. MODELO DE LINGUA.
2. A LINGUA ORAL. Aspectos máis relevantes da fonética e fonoloxía para o ensino da lingua galega na etapa infantil e primaria.
3. A LINGUA ESCRITA. Aspectos máis relevantes da ortografía e da puntuación para o ensino da lingua galega na educación primaria.
4. A MORFOLOXÍA. Aspectos máis relevantes para o ensino da morfoloxía da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
5. A SINTAXE. Aspectos máis relevantes para o ensino da sintaxe da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
6. O LÉXICO. Aspectos máis relevantes para o ensino do léxico nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
7. A SEMÁNTICA. Aspectos máis relevantes para o ensino da semántica da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
8. OS NOMES PROPIOS. Aspectos máis relevantes para o traballo cos nomes propios nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
9. LEXICOGRAFÍA E DICIONARIOS. Aspectos máis relevantes para o ensino da lexicografía e do uso dos dicionarios da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
10. A FRASEOLOXÍA. Aspectos máis relevantes para o ensino da fraseoloxía da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
Bibliografía básica:
Álvarez, R. / X. Xove (2002). Gramática da lingua galega. Galaxia.
Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2010). Gran dicionario Xerais da lingua. Xerais.
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova.
Hermida Gulías, C. (2004). Gramática práctica (morfosintaxe). Sotelo Blanco.
Regueira, X. L. (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. ILG/RAG. También se puede consultar en http://ilg.usc.gal/pronuncia/?l=2&ficha=2326.
Bibliografía complementaria.
Castro, L. Diccionario Xerais de sinónimos. Vigo: Xerais.
Dosil, B./ X. Riveiro (1996). Diccionario de ortografía da lingua galega. Fontel edicións.
Fernández Salgado, B. (dir.) (2004). Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Galaxia.
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Consello da Cultura Galega. Dos CDs + un libro. También se puede consultar en http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000). Gramática da Lingua Galega I, II e III. Edicións A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Xerais.
López Taboada, M. C. / Soto Arias (2020). Dicionario de fraseoloxía galego-castelán, castelán-galego. Xerais.
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Galaxia.
RAG (1997): Diccionario da Real Academia Galega. RAG. También en http://www.edu.xunta.es/diccionarios.
Regueira, X. L. (2005). “Estándar oral”, en R Álvarez & H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación.
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998). Os sons da lingua. Edicións Xerais.
Santamarina, A. / González, M. (coord.) (2004). Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). RAG / ILG. También se puede consultar en https://2012.academia.gal/recursos-volg.
XERAIS
X3. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos de diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
BÁSICAS
B.2. Saber aplicar os coñecementos adquiridos ó traballo dunha forma profesional e demostrar competencia na elaboración e defensa de argumentos e na resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (dentro da área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole diversa.
B.4.- Ter capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado (dentro da área de estudo).
TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente en lingua galega.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
E. Coñecer os elementos básicos da estrutura da lingua galega.
E. Adquirir coñecementos que permitan aplicar nas aulas das distintas etapas educativas a estrutura da lingua galega.
Nas sesións expositivas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. As explicacións teóricas máis por extenso ou complementarias serán incluídas na aula virtual.
Nas sesións interactivas traballaranse de forma aplicada os contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo e procederase á súa corrección. Nestas aulas tamén se presentarán os diferentes xeitos de levar á práctica nas aulas das distintas etapas educativas os contidos teóricos traballados.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes tres elementos con expresión da correspondente ponderación:
a) SEGUIMENTO, PARTICIPACIÓN E REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DE AULA: 10%.
B) TRABALLO(S) FINAL(IS) INDIVIDUAL(IS): 90%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O alumnado que precise da segunda oportunidade deberá repetir os traballos finais individuais e manteráselle a cualificación obtida no apartado A.
ALUMNADO CON DISPENSA OU EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con dispensa ou exención de docencia en aplicación de normativa superior avaliarase do seguinte xeito:
- Traballos específicos: 10%
- Traballos finais: 90%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o programa de traballo correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da Universidade de Santiago de Compostela.
Os traballos solicitados serán entregados, preferentemente, a través da aula virtual.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 4,5 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 74 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Verbo dos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadenación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS:
- As ferramentas tecnolóxicas que se empregarán serán as institucionais da USC ou outras facilitadas pola facultade.
- É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil de non ser indicación específica do profesorado. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun emprego non autorizado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
- O proceso de ensino-aprendizaxe é un proceso privado. A privacidade afecta ó proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881816534
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 Infantil + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
02.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
10.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |