Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
a. Adquirir coñecementos e ferramentas para potenciar a competencia literaria e a creatividade no desenvolvemento da súas carreiras coma ensinantes.
b. Coñecer as características fundamentais dos xéneros literarios para poder traballar con eles dunha maneira efectiva e eficiente.
c. Coñecer os clásicos da literatura infantil para desenvolver a animación á lectura na aula.
d. Aplicar con coherencia os criterios de selección de libros infantís que amosen un coñecemento axeitado deste campo literario.
e. Empregar axeitadamente os diferentes recursos e estratexias para unha efectiva animación á lectura.
f. Adquirir a destreza axeitada para producir textos literarios cunha corrección formal e ortográfica precisa.
g. Recoñecer o texto literario como realización plena da lingua e a importancia da recepción e produción textual para o desenvolvemento da competencia literaria e lingüística no contexto da competencia comunicativa.
h. Ser consciente da relevancia da creatividade na aula para fomentar os sentimentos artísticos, a autonomía persoal e a autoestima do alumnado.
i. Pór en valor a literatura infantil como manifestación literaria de calidade, que constitúe un instrumento fundamental para a instauración da competencia literaria nas primeiras idades.
1. A poesía
1.1. A lectura de poesía
1.2. O son e a palabra
1.3. O taller de poesía: recursos para a creación
2. A narrativa
2.1. Criterios de selección
2.2. A voz e o personaxe
2.3. O taller de narrativa narrativa: recursos para a creación
3. A banda deseñada
3.1. A banda deseñada na educación literaria
3.2. A imaxe e o texto
3.3. O taller da banda deseñada: recursos para a (re)creación
4. O álbum ilustrado e o libro de non ficción
4.1. Configuración e relevancia
4.2. Criterios de selección
4.3. Aplicacións didácticas
5. O teatro
5.1. A dimensión literaria
5.2. A dimensión escénica
5.3. O obradoiro de dramatización
6. Estratexias, técnicas e recursos para o fomento da lectura e a creatividade
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
GARCÍA PADRINO, J. (2018): Historia crítica de la literatura infantil y juvenil en la España actual (1939-2015). Marcial Pons.
LLUCH,G. (2010). Cómo seleccionar libros para niños y jóvenes. Los comités de valoración en las bibliotecas escolares y públicas. Editorial Trea.
ROIG RECHOU, B. A. (coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Edicións Xerais de Galicia.
VÁZQUEZ FREIRE, M. (2019): Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega. Xerais.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BRAVO VILLASANTE, C. (1988). Historia y Antología de la Literatura Infantil Universal. Miñón.
CAZÓN CERVIÑO, R. (1999). La palabra sorprendida: técnicas creativas de escritura. Universidade de Santiago.
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual. Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas: en torno a los talleres literarios. Graó.
GARCÍA PADRINO, J. (2003). Formas y colores: la ilustración infantil en España. UCLM.
GARRALÓN, A. (2001): Historia portátil de la literatura infantil. Anaya.
GONZÁLEZ BOULLOSA, P. (1997): Cando o rei por aquí pasou. Edicións Xerais.
LLORENS, R. F. [ed.] (2000). Literatura infantil en la escuela. UA-CAM.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. UCLM.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Aljibe.
MOTOS TERUEL, T. (1999). Juegos creativos del lenguaje. Universidade de Santiago.
RODARI, G. (2010). Gramática da fantasía.Kalandraka.
ROIG RECHOU, B. A.; SOTO, I.; NEIRA RODRÍGUEZ, M. (coord.) (2010): Reescrituras do conto popular (2000-2009). Xerais
ROIG RECHOU, B. A. (2013). Educação Literária e Literatura Infantojuvenil / Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil. Tropelias&Companhia.
ROIG RECHOU, B. A.; SOTO, I.; NEIRA RODRÍGUEZ, M. (2015). Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil. Edicións Xerais de Galicia / Rede Temática de Investigación LIJMI / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito. SPUM.
SÁNCHEZ CORRAL, L. (1995). Literatura infantil y lenguaje literario. Paidós.
TABERNERO SALA, R. (2005). Nuevas y viejas formas de contar. UZ.
TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Siglo Veintiuno.
VV.AA (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles. FGSR.
Básicas
CB2. Saber aplicar os coñecementos ó traballo ou vocación de xeito profesional e posuír as competencias que se demostran coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
CB3. Ter capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos reflexivos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
Xerais.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto ós dereitos humanos.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma a respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o estudantado.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Transversais.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas
E.45.- Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
E.47.- Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
E.48.- Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E.49.- Fomentar a lectura e animar a escribir.
E.53.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante os recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Nas aulas expositivas trataranse contidos, conceptos e técnicas básicas relacionadas coa materia atendendo ás posibles dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta fundamentarase na exposición e guía da profesora e será complementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As aulas interactivas consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como a lectura e interpretación de textos alleos, as prácticas de escrita creativa en diferentes xéneros e o deseño de diferentes proxectos de potenciación da creatividade nas aulas. Cabe a posibilidade de que se realice algún proxecto ApS de carácter interdisciplinar ao longo do semestre.
Para as dúas modalidades, será fundamental o uso da Aula Virtual, que tamén servirá como lugar en que solicitar e recibir os traballos prácticos.
A avaliación estará guiada pola consecución dos obxectivos e das competencias recollidas neste programa.
Para obter esta información terase en conta:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
a) Seguimento, participación e realización de tarefas na aula. Esta parte suporá un 50% da cualificación global.
b) Traballo final individual. A nota deste exercicio conta o 50%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Ó alumnado que suspenda a materia na primeira oportunidade e que deba acudir á segunda, gardaránselle as notas correspondentes ó apartado a) e deberá repetir o exercicio do apartado b).
DISPENSA E EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado que conte con dispensa ou exención de docencia outorgada pola instancia correspondente deberá realizar as tarefas solicitadas nas aulas interactivas (valoradas co 40% da cualificación global) e o traballo final individual. Este traballo suporá o 60% da cualificación global.
A dispensa ou exención debe comunicarse á profesora nas dúas primeiras semanas de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Segundo consta na memoria da titulación, este é o tempo de estudo e de traballo que precisa dedicar o alumnado para superar a materia:
Créditos ECTS: 4.50
Total: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias
Clase Expositiva: 18.00
Clase Interactiva Seminario: 18.00
Horas de Titorías: 2.25
Traballo do Alumnado ECTS: 74.25
Total: 112.5
- Asistencia e participación.
- Revisión dos contidos teóricos conforme se van traballando nas aulas.
- Aproveitamento das titorías para solucionar todos os problemas de comprensión da materia que non quedasen suficientemente resoltos nas aulas.
- Elaboración dos traballos encomendados con tempo suficiente.
- Realización das actividades prácticas con rigor e a medida que se vai desenvolvendo a asignatura.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Verbo dos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadenación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Os traballos entregaranse a través da aula virtual sempre e cando o seu formato o permita.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS:
- As ferramentas tecnolóxicas que se empregarán serán as institucionais da USC ou outras facilitadas pola facultade.
- É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil de non ser indicación específica do profesorado. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun emprego non autorizado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
- O proceso de ensino-aprendizaxe é un proceso privado. A privacidade afecta ó proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Jose Caamaño Rojo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812009
- Correo electrónico
- mariajose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
21.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |