Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Desenvolver unha comprensión da función das artes na educación, de modo específico da música, e da súa contribución ao desenvolvemento de actitudes e hábitos útiles para a vida e para o traballo.
2. Dar a coñecer a natureza da música e as formas nas que a música pode aprenderse.
3. Desenvolver habilidades e destrezas musicais básicas que contribúan á comprensión e coñecemento da linguaxe musical.
4. Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, a súa aplicación na educación primaria de xeito seguro e a súa relación con outras áreas, cos obxectivos xerais e as competencias da etapa.
5. Participar en propostas e proxectos musicais que fomenten a participación ao longo da vida en actividades dentro e fóra da escola.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I -A natureza da música e o seu sentido na escola
• Valor formativo da música. Por que ensinar música? Que achega ao desenvolvemento infantil?
• Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical.
• Elementos da música e a súa exploración para un entendemento e desenvolvemento na Educación Primaria.
Bloque II -A música no currículo da Educación Primaria
• Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
• Relación da música con outras áreas curriculares e a súa contribución ao desenvolvemento formativo.
• A música na atención á diversidade dende unha perspectiva curricular.
• As TIC para o ensino e aprendizaxe da música na Educación Primaria
• Propostas de educación musical para a Educación Primaria.
Bloque III - Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estrutural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
Básica:
- Gillanders, C. e Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación, (8), 62-72.
- Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la música para primaria. Prentice Hall.
- Rico Verea, M. (1996). Vente vindo, ven cantando. Cancioneiro Escolar Galego. Edicións Fontel.
- San Andrés, C. (2002). Jugar, cantar y contar. Teleno Ediciones.
Complementaria:
- Alsina, P. (1997). El área de educación musical: propuestas para aplicar en el aula. Graó.
- Akoschky, J. (1988). Cotidiáfonos. Ricordi.
- Choksy, L., Abramson, R.M., Gillespie, A. e Woods, D. (2004). Teaching Music in the Twentieth Century. Prentice-Hall.
- Gillanders, C., Pérez, L. T., & Fuente, L. C. de la. (2018). Sonorizando cuentos infantiles. Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 0(5). https://doi.org/10.15304/elos.5.5253
- Díaz, M., e Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Graó.
- Froehlich, H.C. (2011). Sociología para el profesorado de música. Perspectivas para la práctica. Graó.
- Hemsy de Gainza, V. (1964). La iniciación musical del niño. Ricordi.
- López de la Calle, M. (2001). La música y su proyección educativa. Investigación e Innovación na Escola Universitaria de Formación del Profesorado (pp. 233-246). USC.
- Michels, V. (1989). Atlas de música 1. Alianza Editorial.
- Schafer, M.R. (1994). Hacia una educación sonora. Pedagogías Musicales Abiertas.
- Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. MAD.
- V.V.A.A. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía. Didáctica de la música, (41). Graó.
Documentos:
- Ministerio de Educación e Ciencia. Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE, 4 de maio de 2006).
- Ministerio de Educación e Formación Profesional. Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE, 30 de decembro de 2020).
- Ministerio de Educación e Formación Profesional. Real decreto 157/2022, do 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación primaria (BOE, 2 de marzo de 2022).
- Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, 26 de setembro de 2022).
As competencias que o documento oficial da titulación adscribe a esta materia son as seguintes:
• Competencias básicas:
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
• Competencias xerais:
X.1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
X.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
• Competencias específicas:
E.54 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes.
E.55 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E.56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
E.57 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
• Competencias transversais:
T.1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A propia natureza da música e as competencias de diferentes tipo que deben desenvolver os estudantes a través desta materia esixen unha intervención na aula que combine diferentes estratexias. Levaranse a cabo actividades de gran grupo orientadas para falar, debater e reflexionar sobre os contidos propiamente teóricos da materia.O alumnado lerá previamente, cando sexa necesario, os materiais escritos a traballar.
Nas actividades de grupo reducido trabállanse outro tipo de aspectos ou contidos que requiren unha práctica regular e un desenvolvemento continuo ao longo da materia. No campo da música "facer" é un feito imprescindible xa que sen a súa práctica non é posible avanzar na súa comprensión e dominio. O alumnado deberá adicar unha porcentaxe substancial do traballo persoal ao desenvolvemento das súas propias habilidades musicais.
As sesións ou prácticas específicas de música desenvólvense con diversas técnicas de traballo en grupo, o que dará lugar a que o alumnado opere en múltiples configuracións espaciais. Con isto trátanse de desenvolver no alumnado as competencias xerais relacionadas con actitudes e valores. As actividades en grupo pequeno ou de titorías dirixiranse a orientar e supervisar as aprendizaxes musicais e didácticas propostas para esta materia. Así mesmo, poderanse avaliar os procesos de aprendizaxe de forma máis individualizada.
Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación con profesorado doutras materias obrigatorias do mesmo curso e cuadrimestre.
Utilizarase a Aula Virtual da USC como canle de traballo obrigatorio e complementario á docencia.
A) AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE ORDINARIA
Seguindo a ficha da materia na Memoria do Grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes apartados e porcentaxes:
1. Participación nas actividades da aula (5% da nota final): Neste apartado tomarase en consideración a participación activa nas actividades presenciais, prácticas con música e, de ser o caso, saídas didácticas. Para avaliar este apartado, é imprescindible que o alumnado asista ao 80% das sesións interactivas, exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas. Realizarase un control de asistencia nas sesións interactivas. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais necesarios.
2. Probas específicas (50% da nota final): A proba constará de dúas partes, e será preciso aprobar ambas para superar a materia. A primeira parte (30%) será unha proba individual escrita que permita demostrar o dominio dos contidos básicos de linguaxe musical. Será avaliada na data oficial do exame. A segunda parte (20%) consistirá nunha proba individual de canto baseada nas cancións traballadas na aula. Este apartado avaliarase nun exame parcial tras finalizar as sesións co profesorado responsable.
A participación no proxecto "Tocamos xuntas" (ensaios + concerto) permitirá sumar ata 0.3 puntos a calquera das dúas partes da cualificación obtida no apartado 2.
3. Informes e producións musicais na aula (30% da nota final): Avaliaranse os traballos individuais e colectivos empregando a música e o canto como recurso educativo aplicado á aula de Educación Primaria (15%), así como a práctica musical e a danza aplicados ao contexto educativo (15%). Este apartado avaliarase durante as sesións interactivas co profesorado responsable, e será preciso realizar todos os traballos indicados para superar a materia.
4. Proba oral (15% da nota final): Presentación dun traballo grupal centrado no proceso de ensino-aprendizaxe da música e os contidos traballados durante as interactivas.
Todos os informes e probas anteriormente mencionados nos apartados 2, 3 e 4 teñen un carácter obrigatorio, e os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual. Para aprobar a materia será preciso ter acadado polo menos un 5 nos apartados 2, 3 e 4. En caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na oportunidade extraordinaria. Por tanto, o alumnado que asiste a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá obter puntuación dos apartados 2, 3 e 4.
B) AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (RECUPERACIÓN)
Apartado 1: Este apartado non é recuperable, polo que o alumnado conservará a cualificación obtida para esta oportunidade, aínda que sexa suspensa.
Apartados 2, 3 e 4: O alumnado que teña superados estes apartados conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver a examinarse deles. En caso de ter algún apartado suspenso e/ou pendente, o alumnado deberá facelo nesta oportunidade.
Todos os informes e probas anteriormente mencionados nos apartados 2, 3 e 4 teñen un carácter obrigatorio, e os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual. Para aprobar a materia será preciso ter acadado polo menos un 5 nos apartados 2, 3 e 4. En caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na oportunidade extraordinaria. Por tanto, o alumnado que asiste a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá obter puntuación dos apartados 2, 3 e 4.
C) ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA E DISPENSA
A normativa da USC non contempla a opción de dispensa de asistencia nesta asignatura por tratarse dunha materia con grupos interactivos de laboratorio (CLIL). Con respecto á exención de docencia, esta concederase só para as sesión expositivas (CLE), e o control de asistencia realizarase só nos grupos interactivos de laboratorio (CLIL). Por tanto, o alumnado nestas casuísticas terá que avaliarse seguindo os mesmos criterios que os indicados nos epígrafes A e B.
D) ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado común, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
Seguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudante: 99
Total horas dedicación á materia: 150
Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.
A proposta docente que se presenta constrúese, de xeito esencial, dende a práctica na aula. Para poder alcanzar os obxectivos de aprendizaxe propostos nesta materia é fundamental a asistencia ás sesións permitindo ademais entender e asimilar a teoría dun xeito sinxelo e efectivo.
• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos considerados na normativa do Centro, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a mesma semana en que se solicite coa fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa aos temas desenvolvidos.
• Os traballos individuais ou grupais deberán de ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión das cualificacións.
• Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad
• É obrigatorio o uso da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Remigio Moreira Arincon
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carme Lopez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mario Diz Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- mario.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (Os - Pi) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_09 (García Q - Maq) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 (Pj - Seoane M) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Seoane N - Z) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 (Mar - Or) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_08 (F - García P) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 (A - Ca) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 - Dobre Grao 2º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq)+ Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Ce - E) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq)+ Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq)+ Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (A - Maq)+ Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |