Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 297 Clase Interactiva: 3 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Portugués, Inglés
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O sentido xeral deste Practicum III é centrarse nos procesos de mellora de aula e centro, participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica e relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
Procesos de innovación e mellora na aula
- Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe nas aulas de Educación Primaria.
- Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
- Dificultades de ensinanza-aprendizaxe de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Primaria, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.
- A mellora da convivencia nas aulas de Educación Primaria.
Procesos de innovación e mellora no centro
- Proxectos de Mellora do centro e colaboración do profesorado.
- Participación e liderado en procesos de mellora no centro.
- Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
- Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro.
- Calidade e centros de Educación Primaria.
Proceso de “aprendizaxe do ensino”
- Socialización profesional de futuros profesores e procesos de mellora de aula e centro.
- As relacións aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora.
- A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.
- Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nos centros de Educación Primaria.
- Proxecto de mellora da competencia docente.
Básica:
CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
ZABALZA, M. (2006). “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. e LUIS GÓMEZ, A. (Ed.): La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.
ZABALZA, M. A (2008). Diarios de clase: un instrumento de investigación y desarrollo profesional. Madrid: Narcea.
Complementaria:
FUENTES, E. e GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2006). “Del alumno a profesor: análisis de las tareas realizadas durante las prácticas escolares”. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación. Vol. 13, n. 11-12, p. 277-294.
FUENTES, E.; GONZÁLEZ SANMAMED, M. e RAPOSO, M. (2007). Contribuciones de las materias teórico-prácticas y del practicum al desarrollo de la tarea ‘comprender la enseñanza’. 9º Symposium Internacional sobre el Practicum y las Prácticas en Empresas en la Formación Universitaria. Santiago: USC.
PORTO UCHA, A. S. (1994). “A innovación na escola. Problemas e posibilidades”, Innovación Educativa, 3, pp. 145-156.
ZABALZA, M. (Coord.). Actas dos dez Congresos Internacionais sobre o Practicum. Poio (Pontevedra).
Revistas
Aula de Innovación Educativa, Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Adaxe, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.
Xerais: Todas. Preferentemente neste Practicum III:
- Coñecer a organización dos centros de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Analizar o desempeño das funcións de titorización e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singularidades educativas do alumnado. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e promovelo entre os/as estudantes.
- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos seus profesionais nos centros de educación primaria. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Específicas: Todas as da disciplina:
- Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
- Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
- Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o do ensino-aprendizaxe, mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
- Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
- Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica.
- Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poden establecer nun centro.
- Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 6-12 anos.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
Básicas (de acordo co Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES):
- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
No desenvolvemento desta disciplina, podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesorado universitario (“supervisor/a”) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (“titor/a”).
Actividades presenciais no centro universitario
Desenvolveranse en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.
Actividades nos centros de prácticas
A fase de estancia nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados do 5 ao 30 de outubro de 2020, seguindo a xornada habitual dun profesor/a. As actividades durante esta fase centraranse no centro escolar e nos procesos de innovación e mellora na aula ou no propio centro. O alumnado en prácticas ha de coñecer os procesos de innovación e mellora que se desenvolven no centro e participar no mesmo, así como tomar iniciativas detectando aspectos problemáticos da práctica, comprometéndose con propostas de cambio.
Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación da realidade da práctica na aula e no centro e na elaboración de propostas de innovación e mellora.
O profesorado titor do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. As sesións de supervisión na universidade tamén adquiren un papel moi relevante. Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum III, con especial énfase nas tres específicas últimas, á vez que se pretende un maior nivel de elaboración de conclusións en torno ás posibilidades de relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro e profundar no desenvolvemento das demais competencias ligadas ao Practicum.
Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión segundo valoración do titor/a do centro escolar e/ou do profesorado supervisor universitario: 45%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente).
- Informe de avaliación do titor e/ou do centro: 35%
- Plan de Practicum que contemple o proxecto de actividades a realizar polo alumnado e o proxecto de proposta de mellora ou innovación, que deberá ser entregado ao supervisor universitario, na data que se fixe cada curso, en horario de titoría e deixarase unha copia ao titor/a do centro: 10%
Participación nas actividades de preparación, seguimento e entrega do traballo final: 10%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina.
Informes escritos e outras producións, segundo valoración do supervisor universitario: 45%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente)
O INFORME (45% de puntuación na avaliación)
A) Comprende:
A.1. Introdución referida ao centro: datos xerais do centro, análise de documentos relacionados cos procesos de mellora e innovación. Peso en 5%
A.2. Participación na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica. Esta participación pódese recoller a través da elaboración dun diario de prácticas (no que se inclúa información de carácter descritivo e reflexivo sobre a estadía no centro, por exemplo, planificación e desenvolvemento de actividades, análise dos elementos curriculares –obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación-, deseño e utilización de recursos e materiais didácticos, clima, interacción profesor/a-alumnado, organización da clase, etc.). Peso en 15%
A.3. Proposta de proceso de mellora ou innovación: Peso en 25%
O/a estudante elaborará unha proposta titorizada polo seu supervisor, que pode estar relacionada cos contidos da carta de presentación remitida aos centros, nos que se identificaban aspectos como: atención a dificultades de aprendizaxe, plan de acción titorial, atención á diversidade, plan de convivencia, programas de inmersión lingüística para alumnado estranxeiro, proxectos de educación medioambiental, emprego de TICs, etc.
A proposta atenderá, en xeral, aos seguintes puntos:
Primeira parte.
Xustificación da proposta de innovación ou da necesidade da proposta de mellora
Segunda parte. Proposta de acción
Nome que recibe a proposta.
Integración na aula ou no centro
Obxectivos
Actividades que contempla
Metodoloxía e técnicas de traballo
Prazos e calendario
Recursos e medios necesarios
Instrumentos de avaliación previstos
Bibliografía para a proposta
Conclusións
A.4. Bibliografía e documentación revisada para a elaboración do Informe ou Memoria
A.5. Anexos
B) Aspectos formais do Informe ou Memoria:
B.1. Impresa en DIN A4 polas 2 caras
B.2. Portada: datos de identificación (alumno/a, centro, titor/a no centro, curso ou ciclo de Educación Infantil)
B.3. Índice e paxinación: Introdución referida ao centro; Participación na actividade docente (Diario, se é o caso); Proposta de mellora ou innovación; Bibliografía; Anexos.
B.4. Extensión: 30-40 páxinas.
Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 21-22 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
Actividades presenciais
Actividades en grupo mediano: 20 horas
Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas escolares en centros: 180
Total: 200 horas
Actividades de traballo autónomo
Actividades en grupo mediano: 20 horas
Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas escolares en centros): 80 horas
Total: 100 horas
Ter aprobado Practicum I e II e adquirido competencias mínimas en disciplinas que aborden a observación e comprensión da vida de aula, do centro e das tarefas do profesorado, procesos de planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Primaria, así como aquelas relacionados cos procesos de planificación e organización de centros escolares.
Para matricularse no Practicum III será requisito ter superado polo menos 48 créditos de terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum II. Ao longo do Practicum III o alumno/a deberá realizar un proxecto de traballo vinculado á mención que está cursando, que se incluirá na memoria do Practicum, ao que se lle outorga un valor de 3 créditos do total de 12 dos que consta a materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2020-21 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos académicos que se realicen para a materia, se se entregan en formato papel, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…