Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudar Antropoloxía da Educación implica hoxe mergullarse nun dominio do saber humano e social que responde ás notas de pluralidade e diversidade. Xa non hai exclusividade teórica na educación, e tampouco no saber antropolóxico. Así pois, do que se trata aquí é de ir tomando conciencia dos supostos antropolóxicos que acompañan o noso traballo como pedagogos/as, tendo en conta que na educación cómpre pensar nos contextos histórico e cultural que a inflúen. Todo coñecemento, en definitiva, ten que considerarse en relación cun contexto. Vivimos tempos, ademais, nos que é obrigado examinar os novos interrogantes educativos derivados dunha antropoloxía que xa non conta cun sistema seguro de referencias (atrás teñen quedado as antropoloxías normativas). Xa que logo, algunhas metas e obxectivos desta materia teñen que ver coas posibilidades e límites da educación e da formación, sobre todo en tempos de incertidume, e co descubrimento de novas dimensións diante de vellos problemas, que deberían levarnos a marcar puntos críticos para o pensamento educativo e a acción pedagóxica.
Tema 1. Antropoloxía da educación: da orixe e do desenvolvemento
Tema 2. A educabilidade do ser humano. Proceso educativo e antropoxénese.
Tema 3. O saber antropolóxico-cultural na educación (para que a etnografía na educación en xeral e na escola en particular?)
Tema 4. Os procesos culturais e as dinámicas educativas (enculturación e aculturación)
Tema 5. A Antropoloxía da Educación en perspectiva multicultural e intercultural (identidades e globalización)
Tema 6. O enfoque sistémico na adquisición e desenvolvemento cultural
Tema 7. Antropoloxía, ecoloxía e desenvolvemento educativo do medio rural e urbano
Bibliografía Básica:
Amilburu, Mª, Bernal, A. e Gonzalez-Martín, M.R. (2018). Antropología de la Educación. La especie educable. Sintesis
Pérez, P. M. (2007). El brillante aprendiz. Antropología de la educación. Ariel.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
Wulf, C. (2004). Antropología de la educación. Idea Books.
Bibliografía Complementaria:
Barley, N. (2005). El antropólogo inocente. Anagrama
Barrio, J. M. (1998). Elementos de antropología pedagógica. Rialp.
Bouché, H., García Amilburu, M., Quintana, J. M., y Ruiz Corbella, M. (2002). Antropología de la educación. Síntesis.
Carrithers, M. (1995). ¿Por qué los humanos tenemos culturas?. Alianza Editorial.
Dienelt, K. (1980). Antropología pedagógica. Aguilar.
Harris, M. (1987). El materialismo cultural. Alianza Editorial.
Harris, M. (1998b). Antropología cultural. Alianza Editorial.
Levi – Strauss, C. (1968). Antropología estructural. Eudeba.
Lisón, C. (Ed.). (2005). Antropología. Horizontes educativos. Universidad de Granada
Mead, M. (1972). Educación y cultura. Paidós.
Santos Rego, M. A. (2000). Pedagoxía dos valores en Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2006). Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Grupo Editorial Universitario.
Santos Rego, M. A., Sotelino, A., y Lorenzo Moledo, M. (2015). Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo. Octaedro.
Santos Rego, M. A., y Lorenzo Moledo, M. (2003). Inmigración e acción educativa en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
Santos Rego, M. A., y Lorenzo Moledo. M. (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural.: Octaedro.
Santos Rego, M. A., y Touriñán, J. M. (2004). Familia, educación y sociedad civil. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
Santos Rego, M.A. (Ed.). (2013). Cosmopolitismo y Educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Brief.
Santos Rego, M.A; Lorenzo, M. e Miguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea
Velasco, H. M., García Castaño, F. J., y Díaz de Rada, A. (1993). Lecturas de antropología para educadores. Trotta.
Competencias básicas/xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
Competencias transversais:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
Competencias específicas:
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral.
CE1.2 - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.
Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. As intervencións e debates artellaranse no marco das sesións interactivas programadas.
Asemade, farase uso do Campus Virtual para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para aloxar documentación.
Tamén se plantexarán saídas de campo ou visitas a centros de especial interese en relación ao contido da materia, tales como Concellos, Centros de ensino, Asociacións, Centros Cívicos, Museos, Institución ... Ditas saídas computaran no marco das sesións interactivas da materia, e serán organizadas en función da desenvolvemento do cuadrimestre e da posibilidade de financiamento das mesmas.
O Consello de Goberno de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Recensión de dous libros (20%) segundo a programación de aula que se estableza. As recensións serán elaboradas na mesma aula, seguindo as pautas docentes.
2. Entrega dun Portafolio, onde se deben incluir as práticas de aula, xunto cunha reflexión sobre a actividade desenvolvida e unha certa crítica persoal ao abeiro dos temas tratados (20%).
3. Realización dunha Proba Final (60%) consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que poderá ser complementada con análises temáticas. Na proba non se penalizarán os erros. Establécese un mínimo de Acertos en función do número de preguntas (exemplo: sobre 30 items precisaríanse 21 Acertos para acadar a suficiencia; e sobre 35 precisarianse 26 acertos). Para conseguir unha cualificación de “Sobresaínte” ou “Matrícula” é necesario amosar bo nivel nas Recensións, nas práticas de seminario (sesións interactivas), e mesmo na elaboración e presentación do Portafolio da Materia
4. IMPORTANTE: Para poder superar a materia é imprescindible entregar todas as tarefas sinaladas (recensións + portafolio + proba final) en tempo e forma.
5. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración de “suficiente” na proba final.
6. O presente programa será válido, a todos os efectos, para o alumnado coa materia pendente.
7. Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención ou dispensa de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización do cartafol, que será substituído pola realización dun traballo monográfico, acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas despois do comezo das clases.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais: 8
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 118.5 horas
Porcentaxes:
-Proba final: 60%
-Recensións: 20%
-Portafolio: 20%
*Non se computará recensión nin portafolio se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
A primeira atinxe á recomendable asistencia ás clases, a fin de garantir a mellor xestión posible da aprendizaxe e da implicación nas tarefas presentes neste programa, e mesmo as que se acorden en función de necesidades e preferencias. A segunda ten que ver coa lectura dalgún libro clásico no ámbito da antropoloxía cultural. E a terceira non pode esquecer a importancia de cumprir os prazos que se establezan nas actividades individuais e grupais.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Angel Santos Rego
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Sotelino Losada
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Kateline De Jesus Brito Tavares
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- kateline.brito [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Nicolás Avendaño Carballo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- nicolas.avendano.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ferreiro - N) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Ferreira) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |