Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia teñen que ver coa formación nas competencias vinculadas á avaliación de servizos e institucións educativas. Para iso se pretende que os/as estudantes alcancen os seguintes obxectivos:
a) Tomar contacto coas ideas e enfoques básicos que caracterizan na actualidade os procesos de avaliación no sistema educativo.
b) Coñecer os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos que se empregan para avaliar.
c) Entrar en contacto con algúns sistemas específicos que se estean empregando na actualidade na avaliación destes contextos.
d) Coñecer e utilizar a terminoloxía e as fontes de información útiles e válidas para fundamentar mellor este ámbito profesional.
BLOQUE 1. Conceptualización
- Conceptos na avaliación.
- A calidade das organizacións educativas. Principais enfoques e debate sobre indicadores.
- Diagnóstico do sistema educativo: criterios e indicadores.
BLOQUE 2. Avaliación institucional
- Modelos de avaliación dos servizos e institucións educativas.
- Enfoques actuais no deseño da avaliación: avaliación externa e interna dos servizos e institucións educativas. Proxectos de avaliación de servizos e institucións educativas.
BLOQUE 3. A práctica da avaliación institucional
- Diagnóstico de necesidades nos servizos e institucións educativas.
- Metodoloxía, técnicas e recursos de avaliación das organizacións educativas. Avaliación dos procesos e resultados educativos.
- Elaboración de informes, comunicación de resultados e interpretación de ambos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Gargallo, B. (2003). Un modelo de evaluación del sistema educativo. Revista española de pedagogía, 224, 33-60. https://bit.ly/3sgaJui
Gómez, L. F., e Valdés, M. G. (2019). La evaluación del desempeño docente en la educación superior. Propósitos y representaciones, 7(2), 479-515. https://doi.org/10.20511/pyr2019.v7n2.255
Pérez Juste, R. (2016). ¿Quo vadis, evaluación? Reflexiones pedagógicas en torno a un tema tan manido como relevante. Revista de Investigación Educativa, 34(1), 13-30. http://dx.doi.org/10.6018/rie.34.1.239381
Senlle, A., e Gutiérrez, N. (2017). Calidad en los servicios educativos. Ediciones Díaz de Santos. https://bit.ly/3vJ86Dc
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Casanova, M. (2007). Hacia la selección de indicadores críticos en los centros docentes. Avances en Supervisión Educativa, 7. https://bit.ly/3LR7JMA
De Miguel, M., e Apodaca, P. (2009). Aseguramiento versus garantía de calidad en el sistema universitario español. Boletín de Psicología, 97, 35-54. https://bit.ly/386Ujxo
De Miguel, M. (2015). Ideología y pedagogía empírica: cuestiones para un debate. Revista de Investigación Educativa, 33(2), 269-287. http://dx.doi.org/10.6018/rie.33.2.226611
Fonseca, L. M. S. (2016). La evaluación y su incidencia en la deserción escolar:¿falla de un sistema, de las instituciones educativas, del docente o del estudiante?. Educación y humanismo, 18(31), 313-325. https://doi.org/10.17081/eduhum.18.31.1381
González-López, I. (2004). Modelos de evaluación de la calidad orientados a la mejora de las instituciones educativas. XXI: Revista de Educación. https://bit.ly/3vKhztU
Martínez-Mediano, C., e González-Galán, A. (2001). La evaluación para la mejora de la calidad de los centros educativos. UNED. https://bit.ly/3OXZLDi
Molina, L., Rey, C., Vall A., e Clery, A. (2017). La evaluación de las instituciones de educación superior. Revista Electrónica en Educación y Pedagogía, 1(1),43-8. https://doi.org/10.15658/rev.electron.educ.pedagog17.09010103
Nóvoa, A. (2010). La construcción de un Espacio Europeo de Educación: gobernando a través de los datos y la comparación. Revista Española de Educación Comparada,16, 23-42. https://bit.ly/3ygsMo2
Suarez, D. B., Pineda, M. L. M., Pineda, A. Y. P., e Hurtado, J. L. J. (2015). Investigación documental sobre calidad de la educación en instituciones educativas del contexto iberoamericano. Entramados: educación y sociedad, (2), 107-124. https://bit.ly/3ygB9zH
Stake, R. E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Graó. https://bit.ly/3LUbwJe
Tafur, R. M. (2013). Sobre la evaluación de instituciones educativas. Blanco Y Negro, 4(1). https://bit.ly/3vLgTVi
Zabalza, M. A. (2011). Evaluación de los planes de formación docente de las universidades. Educar, 47(1) 181-197. https://bit.ly/3kKrRUA
PÁXINAS WEB DE INTERESE
American Association for Higher Education; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Evaluation Society; Eurydice; Ministerio de Educación y Formación Profesional; Instituto Nacional de Evaluación Educativa.
Sociedade Europea de Avaliación (European Evaluation Society)
http://www.europeanevaluation.org
Eurydice España (Red Española de Información sobre Educación)
http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/redie-eurydice/inicio.html
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1.- Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2.- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3.- Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4.- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG6.- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implantación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG7.- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1.- Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2.- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3.- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
CT4.- Involucrarse na resolución de problemas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.5.- Identificar problemas educativos e investigalos para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
CE3.4.- Desenvolver modelos e procesos de xestión da calidade para a educación e a formación.
CE4.2.- Avaliar os sistemas e institucións educativas.
CE4.3.- Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o/a estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como en grupo, que o posibiliten: estudo de casos, debates, actividades de investigación, resolución de problemas en base a supostos.
A metodoloxía está deseñada en dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:
1. Sesións expositivas: realizaranse para todo o grupo de alumnado e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal do alumnado.
- Compilacións bibliográficas: son unha selección de documentos representativos do contido. Serven de complemento aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e o estudo individualizado sobre un tema.
2. Sesións interactivas (prácticas de seminario): as actividades consisten en propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contido, intencións, e as persoas participantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais (formulacións ou esquemas sobre a sociedade, intereses persoais e profesionais, compromisos cuns valores, ideoloxía, etc.). Nelas propiciarase a implicación do alumnado en diversas tarefas relacionadas cos contidos traballados nas sesións expositivas.
Utilizarase unha contorna formativa en rede (Campus virtual) no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e as producións do alumnado. Para iso é necesario que cada alumna e alumno teña activo o seu correo electrónico institucional da USC (imprescindible ao comezo da materia).
As actividades prácticas da materia materializaranse na realización de actividades nas sesións de seminario, as cales terán carácter obrigatorio na avaliación e nas que se utilizarán estratexias como:
- Debates para suscitar puntos de vista, individual e/ou en grupo, sobre aspectos diversos da materia.
- Estudo de casos/análise de situacións.
- Análise de diversos tipos de materiais e documentos.
- Análise e resolución de problemas en base a supostos prácticos.
- Actividades de investigación.
- Proxecto de ApS.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva). O alumnado con exención de docencia debe presentarse ao profesorado ao comezo da materia e coordinar con el o plan de traballo e seguimento.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Na materia poderanse desenvolver saídas/prácticas compartidas, ou non, con outras materias, na perspectiva dunha actividade interdisciplinar ou individual que, de ser o caso, serán abordadas e valoradas.
Igualmente poderase realizar, de ser o caso, un proxecto de APS.
A avaliación das aprendizaxes farase en base a considerar dous aspectos:
1. Avaliación continua que abarcará todas as actividades individuais e en grupo propostas.
2. Realización dunha proba final escrita nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. Esta proba terá un peso do 40 % da nota final da materia, sendo requisito, para poder aprobar a materia, alcanzar unha puntuación mínima de 2 sobre 4 nesta proba final.
O peso relativo de cada unha das dimensións da avaliación continua será o seguinte:
- Participación activa nas sesións expositivas/interactivas e traballos propostos na dinámica das mesmas: 20 %
- Elaboración, entrega, presentación e discusión de traballos realizados nas sesións interactivas: 40 % Para poder aprobar a materia hai que alcanzar unha puntuación mínima do 20% do conxunto dos traballos propostos.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizados e entregados en prazo, e na forma indicada, todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Os traballos, seguirán as normas dadas no seu momento para a súa realización.
Para o ALUMNADO CON DISPENSA E/OU EXENCIÓN DE DOCENCIA aplicaranse os seguintes criterios avaliativos:
- Traballos asignados: 60 % da cualificación.
- Exame final: 40 % da cualificación.
A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas presenciais que requiren unha dedicación por parte do alumnado fóra da aula.
A proporción de tempo de dedicación do/da estudante é:
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas (20 horas)
- Prácticas de seminario: presentación de casos de institucións e servizos (10 horas)
- Prácticas de Laboratorio: utilización de instrumentos, recursos e informes avaliadores (10 horas)
- Titorías de traballo de curso (6 horas)
- Avaliación (4 horas)
- Estudo (50 horas)
- Estudo de casos (18 horas)
- Manexo de instrumentos e aplicación de recursos de avaliación e informes (20 horas)
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado)
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual)
ENTREGA DOS TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Se o profesorado da materia solicita a entrega en papel dalgún traballo, este debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de espiral.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO. É imprescindible que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS. Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO TELÉFONO MÓBIL. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Mareque Leon
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Mareque Leon
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Gom) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_02 (Gon - Z) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |