Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os ámbitos profesionais da pedagoxía, valorando as funcións e roles que lles son propios.
2. Comprender as características fundamentais dos diferentes contornos de intervención para desenvolver un labor profesional adaptado a características socioeducativas e laborais cambiantes características cambiantes.
3. Desenvolver habilidades de investigación e documentación, aportando valor ás variables contextuais desde as ópticas cualitativa e cuantitativa.
4. Avanzar no dominio da elaboración e redacción de memorias técnicas cunha calidade, pertinencia e profundidades suficientes e cunha presentación axeitada.
5. Integrar os coñecementos adquiridos no marco da titulación para a análise, comprensión e intervención competente en contextos educativos diversos.
1. Ámbitos profesionais da Pedagoxía, funcións e rol profesional
2. Características fundamentais dos contornos socioeducativos e laborais de intervención da Pedagoxía
- Pedagoxía en contextos socioeducativos e laborais.
- Pedagoxía en outros ámbitos de intervención.
3. Habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade
- Fontes, instrumentos e técnicas na caracterización de contextos educativos.
- Análise de datos e atribución de significados na avaliación de contextos: interpretación e nesgos.
4. Elaboración e redacción de memorias técnicas sobre o traballo desenvolvido.
- Elaboración de memorias, informes e resumos executivos en educación.
- Comunicación pedagóxica con Ciencia. Valorización dos e das profesionales da pedagogía.
Especificarase máis detalladamente no desenvolvemento da materia.
Bibliografía Básica
1. Caride, J. A. (2000). Estudiar ambientes: A análise de contextos como práctica educativo-ambiental. Concello de Oleiros, Centro de Documentación Domingo Quiroga
2. Quiles-Piñar, L., e Rekalde-Rodríguez, I. (2021). Los y las pedagogas en el contexto empresarial: una aproximación a través de la literatura científica. Contextos educativos: Revista de educación, 27, 183-204. https://doi.org/10.18172/con.4505
3. Riera, J., Civís, M. (2008). La pedagogía profesional del siglo XXI. Educación XX1, 11, 133-154. https://www.redalyc.org/pdf/706/70601107.pdf
4. Tomé, M. (Coord). (2019). Observación Sistemática y análisis de contextos para la innovación y mejora. Paraninfo.
Bibliografía Complementaria
1. Amber, D., e Suárez, C. I. (2022). Tendencias en la formación de pedagogos en España: un análisis comparativo. Publicaciones, 52(1), 209–250. https://doi.org/10.30827/publicaciones.v52i1.23906
2. Belmonte, M. L. ., e Bernárdez-Gómez, A. . (2020). Perfiles profesionales del pedagogo. South Florida Journal of Development, 1(4), 305–319.
3. García, L., e López, R. (2014). La pedagogía en tiempos revueltos. Arte, ciencia y profesión como señas de una renovada identidad. Edentania 45, 93-109. https://roderic.uv.es/handle/10550/71646
4. García-Álvarez, J. (2018). Formación e inserción socio-laboral de los graduados en Pedagogía. De las expectativas a la realidad. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 30(2), 269–271. https://doi.org/10.14201/19662
5. Giró, X., e Sancho-Gil, J. (2022). La Inteligencia Artificial en la educación: Big data, cajas negras y solucionismo tecnológico1. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 21(1), 129-145. https://doi.org/10.17398/1695-288X.21.1.129
6. López, F. (2008). Hacia un espacio europeo de aprendizaje para toda la vida. Evolución y desarrollo de la Educación Permanente en la Unión Europea. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 15, 123-135 https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2574562
7. Lorenzo-Moledo, M. M., Rodríguez-Martínez, A., e Santos-Rego, M. A. (1996). La intervención pedagógica en contextos penitenciarios: la dimensión evaluativa. Pedagogía Social: Revista Interuniversitaria, 14, 221-240
8. Pineda, P. (2000). Evaluación del impacto de la formación en las organizaciones. Educar 27, 119-133. https://educar.uab.cat/article/view/v27-pineda/230
9. Romero, J., e Castelló, A. (2017). Redefiniendo los campos de inserción laboral del pedagogo. Qurriculum - Revista de Teoría, Investigación y Práctica Educativa, (29), 21-34. https://www.ull.es/revistas/index.php/qurriculum/article/view/27
10. Ruiz, A. M., e López, J. (2022). Nuevos yacimientos de empleo para pedagogía y su incorporación en los planes de estudio. Revista INFAD De Psicología. International Journal of Developmental and Educational Psychology., 1(1), 443–452. https://doi.org/10.17060/ijodaep.2022.n1.v1.2402
11. Tallón, S., Cáceres, M. P., Gómez, G., e Rodríguez, C. (2022). Perfil profesional del grado en pedagogía: análisis de las percepciones universitarias. Formación Universitaria, 15(1), 197-208. http://dx.doi.org/10.4067/S0718-50062022000100197
12. Ventura, J., Figuera, P., Torrado, M., e Llanes, J. (2013). Análisis de la inserción laboral de los egresados en Pedagogía de las universidades públicas catalanas. XXII Jornadas de la Aso
Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG7 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o
desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias transversais:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica
Competencias específicas:
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral
CE1.2 - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos
As actividades propostas na materia contribúen a que o alumnado coñeza as características fundamentais dos escenarios profesionais da Pedagoxía, ao tempo que permiten reflexionar sobre os ámbitos de especialización e o rol profesional das persoas tituladas.
O desenvolvemento teórico e práctico da materia fundamentarase nas seguintes dinámicas formativas:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado.
- Actividades tipo ‘forum’ (vídeo, libro, cine, podcasts...)
- Prácticas de campo e saídas de estudo (visitas a institucións e encontros con profesionais), que serán programadas no marco da materia, de ser posible en coordinación con outras materias da Titulación e do cuadrimestre.
- Participación en propostas formativas fóra das aulas que sirvan para ampliar e consolidar os coñecementos acadados na materia.
- Dinámicas de formación grupal que posibiliten a implicación individual e colectiva dos estudantes (planificación, organización e desenvolvemento dunhas xornadas pedagóxicas).
- Reflexión e diálogo crítico con base nos contidos da materia.
- Titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
Todas as actividades e propostas formativas teñen o obxectivo de favorecer a adquisición de competencias profesionais e o compromiso de actuación acorde cos principios deontolóxicos da pedagoxía.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
1) Asistencia ás sesións de clase, expositivas e interactivas. (80% de asistencia preceptiva para superar a materia).
2) Prácticas de aula (incluídas as prácticas de campo e accións formativas fóra do marco das aulas...) nas que cada un dos/as estudantes debe participar de forma activa e presentar as tarefas que encargue o profesorado (20%).
3) Xornadas de Pedagoxía. Participación activa da totalidade do alumnado na proposta, planificación, desenvolvemento e avaliación da xornada, organizada co obxectivo de visibilizar os contextos da pedagoxía e os seus múltiples ámbitos de intervención educativa e práctica profesional (15%).
4) Traballo final: Contextos Educativos (15%)
5) Proba final (50%)
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ALUMNOS/AS CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15644 ), ou con exención de docencia deberá realizar as seguintes tarefas:
- Participar de forma activa no desenvolvemento das xornadas pedagóxicas.
- Desenvolver e presentar as tarefas encargadas expresamente polo profesorado.
- Elaborar un dossier de lectura que integre documentos científicos de cada un dos contextos e ámbitos máis relevantes da pedagoxía. Deberá realizarse unha síntese crítica de cada un dos documentos integrados no dossier.
- Traballo final: contextos educativos.
- Proba final.
O alumnado nesta situación deberá asistir –obrigatoriamente– a unha titoría co profesorado ao inicio do cuadrimestre.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
- Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)
- Clases interactivas (24 horas)
- Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
- Estudo e elaboración de Informes e Memorias (70 horas)
- Análise, documentación, reflexión e investigación sobre ámbitos de profesionalización (30 horas)
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189 ).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
O programa segue as novas da instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. Esta materia ten a “necesidade acreditada de asistencia" debido ao seu contido fundamentalmente práctico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.USC.ES
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
NON SE PODERÁ EMPREGAR O TELÉFONO MÓBIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE É UN PROCESO PRIVADO (clases/titorías), enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
ENTREGA DE TRABALLOS, farase preferentemente a través do Campus Virtual.
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fatima Maria Garcia Doval
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- fatimamaria.garcia.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
22.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |