Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As finalidades principais da materia son tres:
a) introducir ao estudantado na cultura de la sustentabilidade como un eixo transversal (ético e práctico, ecolóxico e socio-cultural) que teñen que ter en conta na súa práctica profesional, sexa cal sexa o ámbito, comunitario ou escolar, no que exerzan o seu labor;
b) mostrar as posibilidades específicas da educación ambiental nun senso amplo (estratexias e accións de educación formal e non formal, interpretación, comunicación e participación social) como instrumento para a construción da cultura de la sustentabilidade e como ámbito profesional da Pedagoxía.
c) situar os retos da emerxencia climática e a transición ecolóxica na axenda das ciencias da educación e dos seus profesionais.
Estas finalidades concrétanse nos seguintes obxectivos:
- auto-analizar os preconceptos, os valores e os estilos de vida adquiridos en relación ao medio ambiente e á problemática ambiental;
- comprende-la "crise ambiental" como unha realidade complexa, que esixe, entre outras, respostas de índole educativa e cultural;
- adquirir unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos biofísicos e socioculturais que conforman o medio ambiente;
- coñecer e valora-la importancia da Educación Ambiental como estratexia para mellorar a calidade de vida e avanzar cara unha sociedade ecoloxicamente sustentable e socialmente equitativa;
- considerar o papel profesional da/do pedagoga/o no deseño e posta en práctica de procesos educativos que aborden necesidades ou problemas relativos ao medio ambiente;
- dominar os conceptos fundamentais da materia;
- entender a relevancia das respostas educativas e sociais diante da emerxencia climática;
- coñecer técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas específicas de Educación Ambiental.
1. Os misterios da illa de Pascua (aperitivo con fundamento).
2. Historia, concepto e obxectivos da Educación Ambiental.
3. Sociedade, estilos de vida e crise ambiental: do desenvolvemento sustentable ao decrecemento sustentable.
4. A dimensión ética da Educación Ambiental.
5. As dimensións cognitiva e comportamental da Educación Ambiental.
6. Identidade profesional e profesionalización no campo da Educación Ambiental.
7. Deseño e avaliación de recursos, programas e equipamentos de Educación Ambiental: análise de experiencias.
8. Educar e comunicar sobre a emerxencia climática: un tema transversal.
Os contidos incluídos nestes temas reflicten e actualizan os cotemplados na ficha da materia que figura na Memoria da titulación: "Historia, concepto e obxectivos da Educación Ambiental. Sociedade, estilos de vida e crise ambiental. Da Educación Ambiental á Educación para o Desenvolvemento Sustentable: paradigmas e correntes. Desenvolvemento comunitario e sustentable. Os ámbitos da Educación Ambiental: a comunicación ambiental, participación social, a interpretación ambiental e a educación formal e non-formal. Deseño e avaliación de recursos, programas e equipamentos de Educación Ambiental".
a) Básica:
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2001). Educación ambiental y desarrollo humano. Ariel. https://www.researchgate.net/publication/287771112_Educacion_Ambiental_…
Meira, P. Á. (2006). Crisis ambiental y globalización: Una lectura para educadores ambientales en un mundo insostenible. Trayectorias, VIII(20-21), 110-123. http://www.redalyc.org/pdf/607/60715248011.pdf
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2018). Del ecologismo como movimiento social a la Educación Ambiental como como construcción histórica. Historia de la Educación, 37, 165-197. https://doi.org/10.14201/hedu201837165197
González, E. J., e Meira, P. Á. (2020). Educación para el cambio climático ¿Educar sobre el clima o para el cambio? Perfiles Educativos, 42(168), 157-174. https://doi.org/10.22201/iisue.24486167e.2020.168.59464
b) Complementaria:
Arias, M. A. (2013). La construcción del campo de la educación ambiental. Análisis, biografías y futuros posibles. Universidad de Guadalajara (Mx.).
Barba, M., Morán, C., e Meira, P. Á. (2015). A educación ambiental en Galicia: controversias sobre o desenvolvemento do campo e o seu estado actual. Ambientalmente Sustentable. Revista Científica Galego-Lusófona de Educación Ambiental. 2(20), 33-48. https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/1591
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2019). Educación, ética y cambio climático. Innovación Educativa, 29, 61-76. https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/6336
Comisión Temática de Educación Ambiental (1999). Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Ministerio de Medio Ambiente. https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/recursos/documentos/blanco_tcm30-77…
Cortina, A. (1990). Ecologismo y derechos de los pueblos. Claves, 8, 28-36.
Garcés, M. (2017). Nueva Ilustración Radical. Anagrama.
García, J. E. (2002). Los problemas de la Educación Ambiental: ¿es posible una Educación Ambiental integradora?”. Investigación en la Escuela, 46, 5-25.
García, J., e Sampedro, Y. (2006). Un viaje por la educación ambiental en España. Ministerio de Medio Ambiente-CENEAM.
González, E., Meira-Cartea, P. Á., e Gutiérrez, J. (2020). ¿Cómo educar sobre la complejidad de la crisis climática? Hacia un currículum de emergencia. Revista Mexicana de Investigación Educativa, 25(87), 843-872.
Gutiérrez, J. (1995). La Educación Ambiental: fundamentos teóricos, propuestas de transversalidad y orientaciones extracurriculares. La Muralla.
Heras, F. (2002). Entretantos. Guía práctica para dinamizar procesos participativos sobre problemas ambientales y sostenibilidad. Gea-Ciclos.
Heras, F. (2016). La educación en tiempos de cambio climático: facilitar el aprendizaje para construir una cultura de cuidado del clima. Carpeta del CENEAM. https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/articulos-de-opinion/2016-04-heras-…
Latouche, S. (2008). La apuesta por el decrecimiento ¿Cómo salir del imaginario dominante? Icaria.
Meira, P. Á. (2008). Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino-OPN.
Meira, P. Á., Barba, M., e Lorenzo, J. J. (2017). Crisis económica y profesionalización en el campo de la educación ambiental: comparativa 2007-2013 en Galicia. Educação e Pesquisa. 43(4), 1127-1146.
Básicas e xerais
CB1 - Que os e as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía a elas.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
Específicas
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
CE5.2 - Asesorar sobre o uso pedagóxico dos medios e recursos educativos.
Ademais das competencias da titulación coa que esta materia está asociada, preténdese formar ao estudantado nas seguintes competencias específicas da materia:
- Que os e as estudantes sexan capaces de autoanalizar criticamente os seus preconceptos, valores e hábitos con relación ao medio ambiente e á crise ambiental.
- Que sexan capaces de aplicar en no seu exercizo profesional unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos e procesos biofísicos, socioculturais e económicos que é preciso ter en conta para a construción dunha sociedade sustentable.
- Que entendan e apliquen a Educación Ambiental como unha ferramenta social e comunitaria para o cultivo da cultura da sustentabilidade.
- Que identifiquen os roles e os ámbitos profesionais específicos no campo da educación, a comunicación e a participación orientadas ao logro da sustentabilidade.
- Que os e as estudantes se inicien nos rudimentos do deseño e a avaliación de técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas de Educación Ambiental.
A concepción metodolóxica desta materia quere facer fincapé no papel activo do alumnado na construción dos seus aprendizaxes. As actividades de ensino-aprendizaxe concíbense como un espazo educativo-ambiental no que motivar e orientar a análise, a reflexión e a revisión crítica das pre-concepcións, os valores e os estilos de vida individuais e colectivos que ligan a vida cotiá coa crise ambiental. Como actividades propóñense as seguintes:
- Actividades de introdución, orientadas a revisar e poñer en cuestión os pre-conceptos e as representacións sobre aspectos básicos da materia e do escenario de crise socio-ambiental que a xustifica. Poderán consistir na análise de casos, a realización de cuestionarios ad hoc, a interpretación de imaxes, etc.
- Clases expositivas, orientadas a explicar os contidos básicos da materia. Recorrerase a presentacións multimedia cun enfoque dialóxico que motive a reflexión sobre estes contidos e a súa transformación en contidos significativos para os e as estudantes.
- Estudos de caso e simulacións. Dependendo do tamaño do grupo desenvolverase un xogo de simulación destinado a mostrar as potencialidades desta técnica no campo da Educación Ambiental. O "tema 1" enfocarase como un "estudo de caso".
- Realización de, polo menos, un libro-forum e un vídeo-forum. O libro-forum realizarase sobre unha obra relacionada coa materia e que se consensuará co grupo de estudantes. O vídeo-forum realizarase sobre un documental que aborde a emerxencia climática para afondar nos retos educativos e comunicativos desta problemática.
- Realización de seminarios monográficos e doutras actividades de pequeno e mediano grupo sobre os contidos da materia.
- Realización de titorías individuais e colectivas relacionadas co desenvolvemento da materia e das actividades de aprendizaxe propostas.
- Realización dun exame con formato a determinar.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. No caso do alumnado con EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e DISPENSA A CLASE farase unha adaptación individualizada do programa que tomará como referencia fundamental a realización do Caderno de Traballo e a elaboración escrita de dúas recensións sobre referencias bibliográficas a determinar (un libro monográfico e un artigo).
O conxunto de actividades presenciais previstas pretende servir de estímulo e orientación ao traballo persoal do ou da estudante, que se concretará como sigue:
- Realización dun caderno de traballo que reflectirá a evolución do ou da estudante na materia. O Caderno de Traballo será a base da estratexia de avaliación continua da mesma. O/A estudante realizará as actividades que se proporán no mesmo, que estarán relacionadas cos contidos traballados nas sesións expositivas ou interactivas realizadas na aula ou por calquera outro medio (xogos de simulación, vídeo-forums, libro-forums, visitas, participación en programas ou actividades de Educación Ambiental externos, lecturas complementarias, etc.). O caderno de traballo terá un mínimo de entradas que se estipulará ao comezo do cuadrimestre. A súa extensión modularase en función do número de estudantes matriculados.
- Realización de traballos orientados en grupo, vinculados ou complementarios das actividades presenciais ou virtuais. Destes traballos presentarase un informe e poderán ser expostos na aula ou por outros medios no caso de posuír unha calidade mínima. A súa temática e estrutura definirase ao comezo do curso.
- Realización de saídas de campo para visitar e coñecer in situ programas, equipamentos ou actividades de Educación Ambiental. Realizaranse na medida en que o tamaño do grupo e os recursos dispoñibles o fagan viable e sempre que as condicións do curso o permitan.
Todos os materiais de uso ou referenciados no desenvolvemento das sesións expositivas ou interactivas estarán dispoñibles na aula virtual da materia ou se facilitará o enlace para ser descargados autonomamente da rede. Todos os materiais imprescindibles para a realización dalgunhas das sesións interactivas estarán a disposición do alumnado na aula virtual da materia.
As actividades de ensino-aprendizaxe previstas poderanse programar e organizar en coordinación con outras materias do mesmo curso e cuadrimestre (Política e Lexislación Educativas, Pedagoxía Intercultural, Pedagoxía Social, Contextos Educativos, etc.).
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
A avaliación é un proceso complexo no cal é necesario ter en conta múltiples elementos e dimensións que interveñen na situación de ensino-aprendizaxe (integral). Dende esta perspectiva, o deseño de avaliación proposto enténdese como esencialmente formativo e continuo, fundaméntase na valoración dos produtos resultantes do traballo individual e colectivo (plasmados principalmente no caderno de traballo e no traballo en grupo) e na participación nas sesións presenciais ou virtuais, expositivas e interactivas, que se realicen. A valoración dos produtos resultantes do traballo individual e grupal concrétase na seguinte proposta:
- Valoración do caderno de traballo cun peso relativo do 30% sobre a nota final.
- Valoración do traballo en grupo, cun peso relativo do 20% sobre a nota final.
- Valoración do exame, cun peso relativo do 50% sobre a nota final.
- Valoración do exame cun peso relativo do 100% sobre a nota final para os e as estudantes que, por razóns xustificadas, teñan exención de docencia presencial.
Para todo o alumnado, na avaliación dos traballos escritos (caderno de traballo, informes do traballo en grupo, etc.), consideraranse especialmente os seguintes criterios:
- O grao de elaboración (auto-esixencia no traballo, consulta e uso pertinente de fontes bibliográficas e documentais, etc.).
- A corrección sintáctica e semántica e a presentación formal.
- A consistencia e coherencia do discurso construído (fundamentación e rigor).
- O dominio e o uso pertinente dos conceptos, as ideas e os marcos teórico-prácticos da materia.
- A capacidade para crear un pensamento propio, analítico e crítico (creatividade, orixinalidade e capacidade crítica).
- A capacidade para vincular a materia con experiencias individuais e colectivas relacionadas cos estilos de vida ligados á crise ambiental e á sustentabilidade.
Os traballos individuais e en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo total ou parcialmente copiado suporá o suspenso automático da materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos e das estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
A cualificación de “non presentado” reservarase unicamente para quen non presente ou realice ningunha das tarefas previstas.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) deberá acudir a una titoría obrigatoria nos dez días seguintes da concesión da dispensa ou exención para aclarar o proceso de seguimento da materia.
Actividades presenciais:
- Actividades de introdución (análise de concepcións previas) y de presentación: 4 hs.
- Clases expositivas, explicación de temas: 20 hs.
- Prácticas, estudos de caso e simulacións: 12 hs.
- Libro-forum e video-forum: 3 hs.
- Seminario monográfico: 4 hs.
- Titorías de seguimento (directas y virtuais, individuais e de grupo): 5 hs.
- Avaliación: 2 hs.
Total de horas presenciais 50.
Actividades do estudantado:
- Elaboración do caderno de traballo: 30 hs.
- Lecturas e estudo persoal: 30 hs.
- Recensións: 10 hs.
- Realización do traballo tutelado en grupo: 20 hs.
- Participación en actividades complementarias: 5 hs.
- Saídas de campo: 5 hs.
Total de horas de traballo persoal: 100 hs.
Recoméndase a utilización do ordenador portátil nas actividades presenciais. O uso das fontes de documentación e información accesibles a través de Internet será estimulado, pero existirá un especial esmero en garantir a orixinalidade e a calidade dos produtos resultantes (entradas no caderno de traballo, recensións, informes de video-forums, etc.). Toda fonte documental utilizada, virtual ou convencional, debe ser correctamente identificada e citada.
Existe un número importante de cursos e actividades ligadas ao medio-ambiente, á educación ambiental e á cultura da sustentabilidade que poden complementar de xeito significativo o dominio da materia e mellorar a experiencia de aprendizaxe. A realización voluntaria destas actividades pode ser incorporada á materia, ben con informes específicos ou ben como parte das entradas do caderno de traballo.
- Todos os traballos realizados polo alumnado, individualmente ou en grupo deben entregarse a través da aula virtual, en arquivos de formato PDF salvo que o produto a entregar requira outro formato, o que será especificado previamente. Só excepcionalmente se solicitarán e aceptarán entregas en formato papel.
- O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación vía e-mail co profesorado.
- En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http//www.usc.e/export/sites/default/gl/servizos/oix/linguaxe_non_sexista_pub….
- É posible que no desenvolvemento da materia se realice, de ser viable, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será realizado e valorado dende cada unha das materias participantes.
- Existe a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións.
Pablo Angel Meira Cartea
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio José Conde López
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- julio.conde [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |