Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa está dirixida á preparación de futuros profesionais da formación e o asesoramento pedagóxico en institucións educativas e de formación do profesorado, así como á iniciación na investigación neste ámbito de coñecemento.
O traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Dotarse de recursos teóricos e aplicados para propoñer, desenvolver e avaliar as tarefas propias da formación, asesoramento e apoio á mellora persoal e profesional do profesorado.
2. Localizar, seleccionar e utilizar as fontes e os datos pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da formación do profesorado.
3. Adquirir habilidades, estratexias e técnicas básicas para deseñar, poñer en práctica e avaliar programas de formación.
4. Facilitar a comprensión dos procesos e estratexias investigadoras utilizados neste campo, xunto coa adquisición de habilidades e actitudes do traballo en equipo.
5. Posibilitar a transferencia a outros ámbitos de formación de marcos conceptuais e estratexias utilizadas no ámbito da formación do profesorado.
1. A formación e o desenvolvemento profesional do profesorado en escenarios sociais complexos e cambiantes. Ensinar na sociedade do coñecemento.
2. A profesión docente: culturas profesionais, malestar e benestar, condicións laborais, carreira docente e avaliación do profesorado. Mirada á feminización docente.
3. O saber identitario do profesorado. Coñecemento, acción, reflexión e innovación. Sentimentos e emocións.
4. Políticas e prácticas de formación e desenvolvemento profesional.
5. Perspectivas, modelos, estratexias e modalidades de formación e desenvolvemento profesional. O lugar das novas tecnoloxías.
6. Planificación, desenvolvemento e avaliación da formación: institucións, axencias e asociacións implicadas.
7. A inserción sociolaboral na profesión docente: programas e estratexias de iniciación á docencia.
8. As institucións educativas como texto e contexto para o desenvolvemento profesional do profesorado.
9. A reconstrución da identidade profesional como profesores: aprender a cambiar e a convivir cos cambios.
10. Formación e desenvolvemento profesional do profesorado: seguimento, avaliación e investigación.
BÁSICA:
-Estévez, I., Souto-Seijo, A., Sande, O., & González-Sanmamed, M. (2020). Aprendizaje Profesional Docente a través de la Autoformación: un Análisis Cualitativo de las Ecologías de Aprendizaje. New Trends in Qualitative Research, 2, 437-447. https://doi.org/10.36367/ntqr.2.2020.437-447
-Fernández-Tilve, M. D. (2006). Modalidades de formación y desarrollo profesional docente. Concello de Sanxenxo.
-González-Sanmamed, M. (2009). Una nueva oportunidad para la formación inicial del profesorado de secundaria. Revista de Educación, 355, 57-78.
-Marcelo, C. (2008). El profesorado principiante. Inserción a la docencia. Octaedro.
COMPLEMENTARIA:
-Belando-Montoro, M. R. (2017). Aprendizaje a lo largo de la vida. Concepto y componentes. Revista Iberoamericana de Educación, 75, 219-234. http://hdl.handle.net/11162/174554
-Calvo, G. G. y Barba, J. J. (2014). Formación permanente y desarrollo de la identidad reflexiva del profesorado desde las perspectivas grupal e individual. Profesorado: Revista de currículum y formación del profesorado, 18(1), 398-412.
-Colén, M. y Jarauta, B. (2010). Tendencias de la formación permanente del profesorado. ICE/Horsori.
-Edelstein, G. (2011). Formar y formarse en la enseñanza. Paidós.
-Estévez, I., Seijo, A. S. y Rey, P. R. (2021). Ecologías de Aprendizaje y Desarrollo Profesional Docente: Oportunidades y retos en un contexto formativo cambiante. Publicaciones, 51(3), 71-107. https://doi.org/10.30827/publicaciones.v51i3.19541
-Fernández-Tilve, M. D. y Montero, L. (2007). Que pensan os asesores e os profesores sobre as modalidades de formación? Eduga, 49, 74-88.
-Fernández-Tilve, M. D. y Fernández-Suárez, G. F. (2016). La escuela de ayer, hoy y mañana. Claves y desafíos. Dykinson.
-Fullan, M. (2011). Mejoras en colegios: requisitos para la formación de profesores. Pensamiento Educativo, 41(2), 293-314.
-García-Ruiz, R. y Castro-Zubizarreta, A. (2012). La formación permanente del profesorado basada en competencias. Estudio exploratorio de la percepción del profesorado de Educación Infantil y Primaria. Educatio Siglo XXI, 30(1), 297-322.
-Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Cambian los tiempos, cambian los profesores. Morata.
-Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Octaedro.
-Imbernón, F. (Coord.) (2002). La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Graó.
-López-Rupérez (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
-Marcelo, C. y Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
-Montero, L. (1999). Características y funciones del profesorado en una sociedad dinámica. En V. Ferreres e F. Imbernón (Coords.), Formación y actualización de la función pedagógica (pp. 97-129). Síntesis.
-Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Homo Sapiens.
-Montero, L. (2007). Formación do profesorado e calidade da educación. Revista Galega do Ensino. Eduga. 49, 22-28.
-Montero, L. (2011). El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa. Participación Educativa, 16, 69-88.
-Perrenoud, Ph. (2007). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Graó.
-Souto-Seijo, A., Estévez, I., y Sande, O. (2021). Oportunidades de aprendizaje y formación docente: una mirada desde las Ecologías de Aprendizaje. Educatio Siglo XXI, 39(2), 61-80. https://doi.org/10.6018/educatio.463211
As competencias xerais ás que contribúe a materia son:
CB1. Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se soe atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG4. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en entornos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
As competencias específicas a desenvolver mediante o traballo nesta materia son:
CE2.3. Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
CE3.3. Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE4. Avaliar programas e accións formativas.
CE5.1. Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
Entre as competencias transversais atópanse:
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT6. Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
O traballo nesta materia estará orientado por tres principios didácticos fundamentais: non substitución dos estudantes, interacción teoría e práctica e diversidade metodolóxica. Estes principios serán materializados nas actividades a realizar, tanto na aula ordinaria como virtual, mediante o traballo individual, en parellas ou en pequenos grupos. Como técnicas e procedementos utilizaremos: desenvolvemento de supostos, elaboración de relatos, representación de roles, estudo de casos, librofórum, argumentacións, visitas de profesionais, etc. En calquer caso, a proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e a coordinación coas materias do semestre.
A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo de localización e lectura de determinadas fontes, tanto impresas como dixitais. Neste contexto metodolóxico a clase non será un espazo de recollida de notas de campo no sentido máis usual do termo, senón un espazo onde favorecer a interacción entre teoría e práctica e o diálogo entre todos os participantes. Para posibilitar este xeito de traballar, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria, así como uns materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia.
Para o seguimento das tarefas a profesora facilitará no seu momento unha programación de entrega.
A avaliación do proceso ensino-aprendizaxe (E-A) realizarase en dous grandes momentos: antes e durante o proceso E-A. Farase, polo tanto, unha avaliación inicial e unha avaliación de proceso.
A avaliación inicial levarase a cabo a través da elaboración e exposición dun relato grupal por parte dos estudantes. A avaliación de proceso desenvolverase mediante a valoración da participación activa dos alumnos/as nas tarefas a desenvolver (lectura e análise de documentos de traballo, representación de roles, realización de informes, librofórum, estudo de casos, etc.).
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a participación activa dos estudantes na aula (30%) e a realización de tarefas de curso (70%). Con carácter xeral, este criterio de avaliación será aplicable para as dúas oportunidades.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a realización de tarefas de curso. Para a preparación das mesmas terá a súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora. No caso dos exames fin de carreira convén lembrar que o sistema de avaliación segue o especificado no programa do curso anterior.
Os traballos individuais e/ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega de traballos copiados supón o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación, un traballo non poderá presentarse para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Por outra parte, debe evitarse o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas. Polo tanto:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A materia ten 6 créditos. A distribución do tempo presente na ficha da materia na memoria verificada da titulación é a seguinte:
a) Clases expositivas, interactivas, seminarios, titorías, avaliación: 50 horas.
b) Traballo persoal dos estudantes: 100 horas.
Un total de 150 horas.
Empezar a traballar desde o comezo da materia, participando activamente nas diversas actividades didácticas propostas. A aula (presencial e virtual) enténdese como un espazo vital para a construción de coñecementos, a través da interacción, comunicación e colaboración entre os participantes. Esta concepción fai imprescindible o traballo previo sobre as fontes a manexar.
Calquera circunstancia persoal que puidera dificultar o seguimento da materia deberá ser comunicada á profesora o antes posible, utilizando as titorías.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o uso de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases /titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Dolores Fernandez Tilve
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813812
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez.tilve [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |