Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:
-Coñecer e analizar as tendencias históricas, os fundamentos teórico-conceptuais e o marco de intervención da Orientación Profesional.
-Identificar e comprender as necesidades, bases, modelos e funcións da Orientación en contextos formativos e profesionais.
-Acceder ao coñecemento da realidade dos servizos de Orientación Profesional en escenarios educativos e profesionais.
-Coñecer e aplicar estratexias, técnicas e recursos de orientación.
-Adquirir os coñecementos, estratexias, técnicas e habilidades necesarias para deseñar, aplicar e avaliar intervencións no campo da Orientación Profesional.
O desenvolvemento da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
Bloque Temático 1. Bases conceptuais da Orientación Profesional: concepto, desenvolvemento histórico, enfoques e perspectivas teóricas, principios de actuación, modelos de intervención, funcións e ámbitos de intervención.
Bloque Temático 2. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional en contextos formativos e sociolaborais: Institucionalización dos servizos de orientación profesional, servizos de orientación profesional en contextos formativos e servizos de orientación no ámbito socioprofesional.
Bloque Temático 3. Mercado laboral actual: Características e papel da Orientación Profesional: conceptos básicos, características do mercado de traballo e do perfil profesional actual, tipoloxías de desemprego e consecuencias deste fenómeno, roles e funcións da orientación profesional.
Bloque Temático 4. Técnicas e recursos de Orientación Profesional: Proxecto profesional, itinerarios formativos e de inserción, ferramentas de busca activa de emprego.
Bloque Temático 5. Deseño, implementación e avaliación de Programas de Orientación Profesional: Modelo de intervención por programas, fases e aspectos a considerar, tipos de programas de orientación profesional.
Bibliografía Básica:
-Manzanares, A., e Sanz, C. (Dirs.). (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla La Mancha y Wolters Kluwer.
-Sánchez, Mª. F. (Coord.). (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
-Sobrado, L. M., e Cortés, A. (Coords.). (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Biblioteca Nueva.
-Suárez-Ortega, M., e Sánchez-García, Mª.F. (Coords.). (2018). Orientación para la construcción del proyecto profesional. UNED.
Bibliografía Complementaria:
-Álvarez González, M., e Bisquerra, R. (2024). Orientación para el desarrollo de la carrera. En M. Álvarez-Gonzáles e R. Bisquerra (Coords.), Orientación Profesional (pp.17-43). Cuadernos de Pedagogía.
-Caballero, M. A. (2005). Claves de la orientación profesional. Estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Editorial CCS.
-Carrillo, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2) (2º cuatrimestre), 27-46.
-Martínez, P. (2008). Orientación Profesional para la transición. En B. Echeverría, (Coord.), S. Isus, M.P. Martínez e L. Sarasola, Orientación Profesional (pp. 223-299). UOC.
-Martínez-Clarés, P. e González-Lorente, C. (2021). Orientación Profesional en la incertidumbre: un programa de inserción sociolaboral. Pirámide.
-OIT (2023). El valor del trabajo esencial. Perspectivas sociales y del empleo en el Mundo-2023. Organización Internacional del Trabajo.
https://www.ilo.org/es/publications/flagship-reports/perspectivas-socia…
-Planas, J. A (Coord.). (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo: experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Graó.
-Requejo, E., Raposo-Rivas, M., e Sarmiento, J.A. (2022). El uso de tecnologías en orientación profesional: una revisión sistemática. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(3), 40-65.
-Sobrado, L., e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
-Teré, F. (2019). Manual práctico de Orientación Profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Revistas:
Revista Española de Orientación e Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
Páxinas web de interese:
-International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
-Red Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
-Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://todofp.es/orientacion-profesional.html
-Euroguidance Centre Spain: https://euroguidance-spain.educacionyfp.gob.es/inicio.html
Competencias Básicas:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias Xerais:
CG3- Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5- Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante o emprego de medios e recursos axeitados.
CG6- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así coma no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que se interveña.
Competencias Específicas:
CE6.1- Axudar a empregar as estratexias idóneas na busca de emprego.
CE6.2- Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles.
CE6.3- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4- Orientar no deseño de proxectos profesionais.
Competencias Transversais:
CT2- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT7- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
Na configuración dos graos destaca a importancia do papel axente e activo do alumnado nos procesos de aprendizaxe, así coma o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
-Sesións Expositivas: Dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas que se presentarán e serán expostos os contidos da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
-Sesións Interactivas: Levaranse a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (6-7) (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, deseño de itinerarios, análise e resolución de casos prácticos,...) co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos heteroxéneos. Ó longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Complementariamente, cómpre apuntar que o uso da Aula Virtual na materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente destinado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo durante o curso. O horario de titorías será especificado a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e en liña (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
No que atinxe ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, o estudantado deberá empregar a conta de correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
A avaliación terá un carácter integral e continuo abarcando as seguintes actividades individuais e colectivas:
1.- Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 puntos para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Actividades prácticas de aula (6-7) orientadas ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización de cada unha delas de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final, sendo imprescindible acadar unha puntuación mínima de 2.5 puntos. Para poder ser avaliados, o alumnado deberá entregar todas as actividades no prazo establecido pola docente da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizado e entregado en prazo a totalidade das actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo e superado as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos). Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter presencial da materia implica a asistencia asidua e a participación nas sesións de clase (mínimo 80%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia e dispensa de asistencia a clase). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Por tanto, en ambos supostos, o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase realizará as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. Complementariamente, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase ou a exención de docencia, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As prácticas entregadas na oportunidade de Xaneiro que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a oportunidade de Xullo. Sen embargo, aqueles/as que alcanzasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na oportunidade de Xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas das diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de forma coordinada.
Nota de interese: recórdase que nos casos onde se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais (50 horas):
-Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 18h
-Prácticas de seminario (análises de medios): 10h
-Prácticas de seminario: manexo de programas e recursos: 12h
-Titorías de traballo de curso: 6h
-Avaliación: 4h
Traballo persoal do alumnado (100 horas):
-Estudo: 40h
-Selección de medios: 20h
-Elaboración e adaptación de programas e recursos: 34h
-Titorías de traballo de curso: 4h
-Avaliación: 2h
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando, dende o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolvan e que están dirixidas á avaliación continua.
No referido coas actividades prácticas ou traballos a desenvolver de xeito grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
PROFESORADO DA MATERIA:
Cristina Ceinos Sanz. Despacho Nº 18, 1º andar, Módulo A.
Teléfono: 8818 13823 Correo electrónico: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
-Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de xeito conxunto e coordinado.
Así mesmo, na realización de traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental: Se a docente da materia, de ser o caso, solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
oEvitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
oSempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
oImprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
oNon empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
oEvitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
-Perspectiva de xénero:
oRecoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-Asistencia a clase: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
-Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Cristina Ceinos Sanz
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |