Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
.- Comprender o alcance dos posibles efectos da enfermidade e a hospitalización sobre o paciente.
.- Coñecer a lexislación educativa relacionada co alumnado en situación de enfermidade.
.- Coñecer as liñas xerais de actuación pedagóxica nun hospital.
.- Describir as principais estratexias de intervención psicopedagóxicas.
.- Identificar e analizar os efectos da enfermidade sobre o paciente, a súa familia e a contorna.
.- Deseñar estratexias de intervención adaptadas a diferentes tipos de enfermidade.
.- Aplicar os coñecementos da materia en diversas situacións pedagóxicas, co fin de favorecer o proceso de inclusión da infancia en situación de enfermidade.
.- Coñecer as principais características da atención domiciliaría.
1. Pedagoxía Hospitalaria: aproximación histórica, conceptual e lexislativa.
2. A enfermidade e hospitalización infantil.
3. Características estruturais e organizativas dos hospitais como contextos de formación.
4. A intervención socioeducativa en situación de enfermidade e hospitalización infantil.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe no contexto hospitalario: características e referentes.
- Rol e funcións dos pedagogos hospitalarios
- Necesidades educativas especiais dos nenos con enfermidades crónicas ou de longa duración.
- Formación en rede e tecnoloxías accesibles.
5. Programas de intervención no marco da Pedagoxía Hospitalaria.
Bibliografía básica:
Teijeiro Bóo, Y. y Rodríguez Rodriguez J. (coord). (2022). Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria. Octaedro.
Lizasoáin Rumeu, O. (2016). Pedagogía Hospitalaria. Guía para la atención psicoeducativa del alumno enfermo. Síntesis.
Latorre Medina, M., y Blanco Encomienda, F. (2010). Función profesional del pedagogo en centros hospitalarios como ámbitos educativos excepcionales. Educación XX1, 13 (2), 95-116.
Molina Garuz, M.C. (2020). Pedagogía Hospitalaria. Claves teóricas y enfoques para la práctica. Octaedro.
Teijeiro Bóo, Y. (Coord.) (2010). Aulas Hospitalarias. Revista Galega de Educación, nº 46 Monográfico.
Bibliografía complementaria:
Calvo Álvarez, M. (Coord) (2017). Pedagogía hospitalaria. Aula. Revista de Pedagogía de la Universidad de Salamanca, 23, 33-47.
Cárdenas Rodríguez, R. y López Noguero, F. (Diciembre 2005-2006). Hacia la construcción de un modelo social de la Pedagogía Hospitalaria. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 12-13 (Segunda Época), 59-70.
González González, C.S. y Violant Holz, V. (2015). Uso de las TIC para la atención educativa, hospitalaria y domiciliaria. Mc. Graw Hill.
Grau Rubio, C. y Ortiz González, M. C. (2001). La pedagogía hospitalaria en el marco de una educación inclusiva. Ed. Aljibe.
Hernández Belver, M. y Ullán de la Fuente, A. M. e (2012). Cuando los pacientes son niños: humanización y calidad en la hospitalización pediátrica. Eneida.
Molina Garuz, M.C.; Arredondo Ballejos, T.M. y González Blanco, J. P. (Eds.) (2019). Buenas prácticas e innovación en pedagogía hospitalaria. La atención hospitalaria y domiciliaria. Octaedro.
Teijeiro Bóo, Y. (2008). La Pedagogía hospitalaria como pedagogía social: una aproximación a la intervención socioeducativa en el contexto hospitalario. Adaxe: revista de estudos e experiencias educativas, 21, 65-100.
Teijeiro Bóo, Y. (2009). Retos y desafíos de la atención socioeducativa en los contextos hospitalarios. En Broto, P.; Caballed, J.; Comellas, M.J. e Fleta, J. Cuidar y educar niños (pp. 213-232). Certeza.
Urmeneta, M. (2010). Alumnado con problemas de salud. Grao.
Violant Holz, V. (Dir.)(2015). Bases de la pedagogía hospitalaria aplicada a las etapas vitales. Aljibe.
Violant Holz, V. (Dir.)(2015). Investigación en Pedagogía Hospitalaria. Aljibe.
Violant Holz, V. (Dir.)(2015). Perfil Competencial del profesional que interviene durante la enfermedad y convalecencia. Aljibe.
Violant Holz, V. (Dir.)(2016). Atención integral desde la pedagogía hospitalaria. Aljibe.
Violant Holz, V. (Dir.)(2016). Atención integral en neonatología desde la pedagogía hospitalaria. Aljibe.
Violant Holz, V., Molina Garuz, Mª C. y Pastor Vicente, C. (2011). Pedagogía Hospitalaria. Bases para la atención integral. Laertes.
Revistas
Revista Galega de Educación
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=7&MenuId=134&…
Revista Aula de Innovación Educativa (nº 322, 2022, Pedagogía y escuela)
https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
Webs
http://www.aulashospitalarias.es/
http://www.infanciahospitalizada.es
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da
educación secundaria xeral, e sóese encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3- Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos,
sendo capaces de adoptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
Competencias transversais
CT5-Implicarse activamente na toma de decisións.
Competencias específicas
CE1.3.-Diagnosticar as necesidades educativas e as posibilidades de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE2.2.-Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE3.1.-Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e dinamización en diferentes contextos educativos.
CE3.5.-Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
As actividades, tanto as expositivas como as prácticas, pretenden situar ao alumnado nun contexto especifico de desenvolvemento profesional como é a Pedagoxía Hospitalaria. A partir do coñecemento e da comprensión da realidade na que se desenvolven os pacientes hospitalizados, das implicacións que a enfermidade ten sobre estes e as súas familias, así como das características do contexto hospitalario, analizaranse as súas necesidades socioeducativas para deseñar programas de intervención que tenten paliar os efectos negativos da hospitalización no seu desenvolvemento integral.
Neste sentido, as actividades de aula, o estudo documental e a análise de contextos axudarán ao alumnado a coñecer os referentes teórico-conceptuais da Pedagoxía Hospitalaria e as normas e funcionamento do hospital como escenario de formación.
O estudo de casos contribuirá a que aprenda a diagnosticar as necesidades educativas das persoas en situación de enfermidade, así como as posibilidades de desenvolvemento educativo destas e do propio hospital. A análise de materiais, o deseño de programas e as prácticas de laboratorio permitiranlle profundar no desenvolvemento de metodoloxías e recursos adaptados ás características individuais que se poden presentar, e capacitaranlle para planificar e desenvolver accións formativas. A elaboración de informes xunto coas actividades de titoría e avaliación contribuirán ao logro de todas as competencias descritas. Cabe sinalar que as actividades en pequeno grupo facilitan o traballo cooperativo e desenvolven competencias vinculadas ao traballo con outros profesionais, tan necesarias no perfil da pedagoxía hospitalaria.
A proposta de actividades na matería terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Na realización de prácticas e traballos seguiranse as normas dadas no seu momento para a súa realización, en canto á presentación teranse en conta as normas APA- Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª Ed. (2020).
Finalmente, sinalar que no desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudo, como medio de comunicación co alumnado, así como ferramenta para a entrega de traballos e prácticas, tanto de modo individual como grupal.
Realizarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe ao longo do cuadrimestre. De cara á avaliación final tomaranse en consideración os seguintes elementos:
A- Actividades obrigatorias desenvolvidas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre, participación, debate, defensa e/ou exposición nas sesións de clase.
B- Actividade final.
Cada compoñente terá un peso na cualificación global da materia do 50%.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizados e entregados en prazo e na forma indicada, todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Con carácter xeral de cara á avaliación da materia será necesario ter en conta os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/debera conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados A (Actividades obrigatorias) e B (Actividade final). En ambos apartados a puntuación mínima esixida é de 2,5 puntos sobre 5.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DOCENTE: Seguirase a instrución núm. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia, ou que prevea a súa solicitude, deberá poñerse en contacto coa profesora a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia. Na avaliación deste alumnado terase en conta un portafolios de actividades (50%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e
unha actividade final individual escrita sobre o contido da materia (50%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Clases expositivas: 15 h.
Prácticas de seminario: 10 h.
Prácticas de laboratorio 10 h.
Titorías: 5,5 h.
Avaliación: 2 h.
Total de horas presenciais: 37,5 h.
Total de horas de traballo persoal: 75 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
Neste sentido, a asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
CORREO RAI: Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
EMPREGO TELÉFONO MÓBIL:
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Yesica Teijeiro Boo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julia Maria Crespo Comesaña
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Alexandra Miroslava Rodriguez Gil
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- alexandramiroslava.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLIS_01 (A - M) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_02 (N - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |