Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Comprender o alcance científico e a relevancia disciplinar da Pedagoxía Social no tempo-espazo curricular das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais, así como na formación pedagóxica (xeral e/ou especializada) dos estudantes na súa condición de futuros/as graduados/as de Pedagoxía; do que se desprende o logro dun saber suficiente acerca dos seus fundamentos terminolóxicos, epistemolóxicos, conceptuais e temáticos.
2. Adquirir os coñecementos teóricos e as capacidades de análise, reflexión e síntese - nivel persoal e colectivo- que se precisan para unha formación sistemática neste campo, procurando integrar os cos coñecementos que xa posúen os/as estudantes, complementando a súa formación teórico-práctica noutras materias ou experiencias formativas, entre as que cómpre destacar as derivadas de seu Practicum.
3. Promover actitudes de estudo que posibiliten unha formación permanente e autocrítica, favorecendo o desenvolvemento dun autoconcepto realista en cada alumno/a en relación cos coñecementos e competencias que adquira. Preténdese compatibilizar o traballo individual co colectivo en grupos de diferente composición, mediante unha participación activa e continuada no seo do grupo-aula.
4. Proxectar a materia e súas achegas científicas, metodolóxicas e profesionais no currículo formativo dos Graduados en Pedagoxía, procurando que dean resposta ás súas necesidades e expectativas académicas. De igual xeito, deberán converxer coas funcións sociais que se atribúen á Universidade na cualificación e desenvolvemento profesional dos seus estudantes.
5. Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socioprofesionais dos/as pedagogos/as na sociedade -propias e compartidas con outros axentes educativos e sociais-, posibilitando unha reflexión colectiva sobre como concrétanse nas distintas áreas ou ámbitos da acción-intervención socioeducativa: nas Administracións Públicas, nos Servizos Sociais, nos equipos multiprofesionais, nas organizacións non gobernamentais, nos movementos cívicos, nos equipamentos educativos e culturais, etc.
O desenvolvemento teórico-conceptual, científico e disciplinar da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
- A identidade da Pedagoxía Social: perspectivas científicas, disciplinar e profesional no contexto das Ciencias Sociais e da Educación.
- A Educación Social como obxecto de estudo da Pedagoxía Social.
- A construción histórico-comparada da Pedagoxía-Educación Social: antecedentes, orixe e desenvolvemento.
- Teoría e teorías na Pedagoxía-Educación Social: modelos paradigmáticos de encadramento
e racionalidade teórica.
- Problemáticas, áreas e ámbitos específicos da acción-intervención socioeducativa.
- Os espazos profesionais da Pedagoxía-Educación Social.
- Dimensións políticas e axiolóxica da Pedagoxía-Educación Social: a cidadanía como proxecto e traxecto pedagóxico-social.
- Temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Pedagoxía.
Básica:
Caballo, M. B., Candia, F.X., Caride, J.A., & Meira, P.A. (1996). 131 conceptos clave en Educación Social. Universidad de Santiago.
Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Gedisa.
Petrus, A. (1997). Pedagogía Social. Ariel.
Melendro, M., De Juanas, A., & Rodríguez-Bravo, E. (2018). Pedagogía Social. Retos y escenarios para la acción socioeducativa. UNED.
Complementaria:
Caride, J. A. (2000). Educación Social y Políticas Culturales. Tórculo Edicións.
Colectivo JIPS (2018). Desafíos para la Educación Social en tiempos de cambio. Propuestas de trabajo para la intervención socioeducativa. Aljibe.
Del Pozo, F. (Comp.). (2018). Pedagogía social en Iberoamérica: fundamentos, ámbitos y retos para la acción socioeducativa. Universidad del Norte.
Educación Social. Revista de intervención socioeducativa (2018). Monográfico “25 años de Educación Social”, 70, p. 5-181.
García Molina, J. (coord.). (2003). De nuevo, la Educación Social. Dykinson.
López Martín, R. (2000). Fundamentos políticos de la Educación Social. Síntesis.
March, M. X., & Orte, C. (coords.). (2014). La Pedagogía Social y la escuela: los retos de la institución escolar en el siglo XXI. Octaedro.
Núñez, V. (2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Gedisa.
Ortega, J. (Coord.). (1999). Educación Social Especializada. Barcelona Ariel.
Ortega, J. (Coord.). (1999). Pedagogía Social Especializada. Ariel.
Planella. J. (2014). El oficio de educar. UOC.
Revista de Educación (2005). Monográfico "Educación Social", 336.
Románs, M., Petrus, A., & Trilla, J. (2000). De profesión educador(a) social. Paidós.
Ruiz, C. (Coord.). (2003). Educación Social: viejos usos y nuevos retos. Universitat de València.
Sáez, J. (Coord.). (2007). Pedagogía Social. Pearson Prentice Hall.
Sáez, J., & García, J. (2006). Pedagogía Social: pensar la Educación Social como profesión. Alianza Editorial.
Úcar, X. (2016). Pedagogías de lo social. UOC.
Úcar, X. (2016). Relaciones socioeducativas. La acción de los profesionales. UOC.
Úcar, X., & Llena, A. (Coords.). (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó.
Páxinas web de interese:
http://www.eduso.net
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/index
https://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial
https://sips-es.blogspot.com/
a) Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que o estudantado teña demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se acostuma atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG8 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
b) Competencias específicas:
CE3.1 - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individuais e colectivo, valorando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe experiencial.
Para tal fin, nos tempos lectivos da materia desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, concrétanse en:
- Sesións expositivas e interactivas por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporados ó campus virtual da materia.
- Realización seminarios monográficos, que neste curso académico toman como soporte os contidos do apartado "temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Pedagoxía".
- Sesións tipo "forum" (vídeo, libro, disco…) que tomen como refire problemáticas específicas da Pedagoxía-Educación Social, en diversos contextos e suxeitas a diferentes perspectivas de análise.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc., pondo especial énfase no papel dos/as educadores sociais no seu tratamento teórico e / ou aplicado.
- Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas avaliativas, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, organización de "mesas redondas" con profesionais en activo, etc.
- Realización de titorías de seguimento (directas, virtuais, individuais e/ou de grupo).
A materia contará cun dossier documental básico que sirva de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo. Asimesmo, os textos estarán dispoñibles na aula virtual; que servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e/ou integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o estudantado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos individuais e grupais que representarán o 60% da nota final da materia. Un deles será un traballo grupal (30%), así como tres prácticas individuais (30%).
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 40% da nota final da materia.
- O alumnado poderá realizar de distintos traballos orientados á lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc., de carácter optativo e atendendo ás indicacións proporcionadas polo profesorado, con unha valoración que terá unha ponderación na cualificación final -como máxime- do 10%.
- A asistencia e participación nas sesións de clase poderán supoñer ata 1 punto na nota final.
O alumnado con dispensa/exención de docencia deberá realizar as seguintes actividades:
- Un traballo monográfico seguindo as pautas do profesorado; e terá un peso final na materia do 60%.
- Realización dun exercicio escrito final (40% da nota final), que terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta.
Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado hasta matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria; segundo se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No desenvolvemento metodolóxico dos procesos de ensino-aprendizaxe vinculado ao tempo de estudo e traballo persoal dos estudantes contémplanse as seguintes propostas:
- Lecturas e comentarios de textos.
- Elaboración de mapas conceptuais.
- Elaboración e presentación de documentos audiovisuais.
- Preparación e realización dunha simulación de debate paradigmático.
- Participación na organización e desenvolvemento dos forum.
- Realización dun traballo tutelado en grupo.
- Participación na organización e desenvolvemento de seminarios temáticos transversais aos contidos da materia.
- Elaboración e presentación de ensaios ou informes sobre distintos contidos da materia.
A complexidade terminolóxica, conceptual, metodolóxica e práxiológica que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados, xa que deberá elaborarse e entregarse unha avaliación do mesmo.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de xeito individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "interactivas".
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: na selección e lectura do libro a recensionar, na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos que hai que comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria auto auto-evaluativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cómpre destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesor, que a xeito de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Pedagoxía-Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociados a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da cuenta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non
adecuado do mesmo.
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jose Antonio Caride Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rita Gradaille Pernas
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio José Conde López
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- julio.conde [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Javier Riadigos Couso
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881811000
- Correo electrónico
- javierriadigos.couso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (Fo - Oj) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Ok - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fi) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |