Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dominar os coñecementos básicos sobre o funcionamento dos grupos en xeral e saber
aplicalos en contextos educativos e de formación.
- Coñecer as técnicas e instrumentos necesarios para identificar a dinámica dun grupo e os factores que inciden no seu funcionamento.
- Saber discriminar as posibles causas dos conflitos nos grupos e dominar algunha técnica de intervención/mediación que axuden a superalos.
- Saber aplicar as técnicas de traballo e de dinamización de grupos ao desenvolvemento de metodoloxías didácticas innovadoras.
- Desenvolver actitudes necesarias para a dirección e participación en grupo: respecto e tolerancia ante os demais, desinhibición, capacidade de observación, empatía, flexibilidade, capacidade de colaboración, comunicación eficaz, etc
- Os grupos en contextos pedagóxicos.
- Bases conceptuais e orientacións teóricas en Dinámica de Grupos.
- Compoñentes básicos dos procesos grupais: o contexto; a comunicación verbal e non
verbal; as normas, a cohesión e cooperación; estrutura e liderado.
- Técnicas de traballo en grupo.
- A dinámica de grupos aplicada aos procesos educativos e de formación. Técnicas específicas de dinamización de grupos en diversos contextos educativos e formativos: exercicios grupais, roleplaying;simulacións, etc.
- A resolución de conflitos
- O traballo en grupo como elemento básico da metodoloxía didáctica. O proceso grupal na elaboración de proxectos e nos métodos orientados á resolución de problemas e toma de decisións.
- Técnicas para a avaliación do traballo en grupo: observación de grupos, técnicas
sociométricas, técnicas de análise transaccional. A autoevaluación da participación no grupo: diarios e autoinformes.
Bibliografía básica:
Ballesteros Moscosio, M.A. (2012). El grupo como espacio de desarrollo del conocimiento humano. Una reconstrucción del concepto de aprendizaje colaborativo entre adultos desde una perspectiva social. Cuestiones Pedagógicas, 21, 2011/2012, 249-275
Canto Ortiz, J.M. (2019). Psicología de los grupos: Fundamentos teóricos para la práctica e intervención grupal. Aljibe
Ventosa Pérez, V.J. (2016). Manual de técnicas de participación y desarrollo grupal. Pirámide
Bibliografía complementaria:
Canto Ortiz, J. M. (2000): Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Aljibe.
Canto Ortiz, J.M. e Montilla Berbel, V. (2008). Dinámica de grupos y autoconciencia emocional : perspectivas teó̤ricas y ejercicios prácticos. Algibe
Francia, A. e Mata, J. (1996): Dinámica y técnicas de grupo. CCS.
Fritzen,S.J. (1997): La ventada de JOHARI. Ejercicios de dinámica de grupo, de relaciones humanas y de sensibilización. Sal Terrae.
Froufe Quintas, S. (2005). Las técnicas de grupo en la animación comunitaria. Amarú
Fuentes Pérez, P.; Ayala de la Peña, A.; Galán Cascales, J.I. e Martínez Clares, P. (2000): Técnicas de trabajo en grupo. Una alternativa en educación. Pirámide.
Gil Rodríguez, F. (2015). Introducción a la psicología de los grupos. Pirámide
Molero, F. e Morales, J.F. (Coords.) (2011). Liderazgo: hecho y ficción. Visiones actuales. Alianza Editorial.
Moraleda, M. (1978): Sociodiagnóstico del aula. Marova.
Nuñez, T. e Loscertales, F. (1997): El grupo y su eficacia. Técnicas al servicio de la dirección y coordinación de grupos. EUB.
Opi, J. M. (2001): Las claves del comportamiento humano. Conocerse y conocer a los demás. Amat.
Pallares, M. (1982): Técnicas de grupo para educadores. ICCE.
Pérez, M. J. e Torres, C. (2007). Dinámicas de grupo en formación de formadores: Casos prácticos. Herder.
Romeu, V. L. (2015). Hacia una teoría personalista de la comunicación interpersonal. Question, 48(1), 188-198.
Schutzenberger, A. A. (1974). Diccionario de técnicas de grupo. Salamanca: Sígueme.
Shaw, M. E. (1986): Dinámica de grupo. Psicología de la conducta de los pequeños grupos. Herder.
Tejada Fernández, J. (1997). Grupo y educación. Técnicas de trabajo y análisis. Librería Universitaria.
Trechera, J. L. (2003). Trabajar en equipo: Talento y talante. Técnicas de dinámica de grupos. Desclée de Brouwer.
Wilson, G.L. (2007). Grupos en contexto: liderazgo y participación en grupos pequeños. McGraw-Hill
Zamanillo, T. (2008). Trabajo social con grupos y pedagogía ciudadana. Síntesis
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
TRANSVERSAIS
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfasis no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións
ESPECÍFICAS
CE3.1 - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para pomover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
Os graduados/as en Pedagoxía terán que participar en grupos interdisciplinares e, no seu caso, organizar e dirixir grupos de suxeitos implicados en procesos educativos ou de formación. Trátase, xa que logo, dun ámbito de coñecementos e competencias que debe integrar o teórico (teoría do funcionamento dos grupos e dos factores que afectan á súa eficacia formativa) e a experiencia práctica e vivenciada (vivir en primeira persoa como funcionan os grupos, que tipo de conflitos xorden e como resolvelos, baixo que condicións funcionan ben os grupos, etc.). De aí, a organización da materia nun dobre compoñente teórico-práctico e unha forte presenza do compoñente reflexivo para analizar, a través dos informes e autoinformes, o funcionamento dos grupos e a súa propia participación nos mesmos.
As clases expositivas complementadas co estudo persoal dos alumnos, axudará a que os/as estudantes adquiran os conceptos básicos da materia, que lles permitirá un coñecemento do funcionamento dos grupos, das súas características e procesos fundamentais.
As clases interactivas, baseadas na realización e participación en diversos exercicios e técnicas de dinámica de grupos, constitúen a parte nuclear desta materia e permiten atender un gran número de competencias tanto transversais como específicas. A participación nestas técnicas permite tamén atender ao desenvolvemento das competencias específicas da materia.
As titorías de traballo de curso, ofrecen unha oportunidade para que a profesora poida orientar, estruturar e realizar un seguimento dos diferentes traballos que desenvolven os alumnos/as e dos problemas e dificultades que van atopando durante o proceso da súa elaboración, para axudar a resolvelos.
A elaboración de traballos teóricos e de investigación na práctica así como a elaboración de informes, permitirá a ampliación e profundización dos conceptos básicos da materia e o contraste destes coa praxe, posibilitando unha mellor comprensión da dinámica de grupos.
O campus virtual será a principal ferramenta para a entrega de actividades, feedback das mesmas e depósito de documentación complementaria ás sesións.
Contémplase, ademáis, a participación nun Proxecto de Aprendizaxe Servizo onde o alumnado, de forma voluntaria e na medida das súas posibilidades, poderá aplicar os contidos aprendidos na materia nun contexto real prestando un servizo á comunidade.
Tomando como referencia obxectivos, competencias e contidos do programa así como a preparación inicial dos alumnos e alumnas, a avaliación proxectarase tanto no desenvolvemento teórico como nas actividades interactivas.
Considérase fundamental o uso da avaliación continua, que se complementará cunha proba final obligatoria para o alumnado.
A) Participación e aportacións nas clases interactivas, debates, etc. (20%)
B) Traballo grupal ou Participación no proxecto de ApS (35%),
C) Traballo persoal e/ou aportacións libres (10%),
D) Realización dunha proba final sobre o temario da materia, como avaliación global do proceso de aprendizaxe do alumno/a (35%)
Para poder superar a materia será imprescindible entregar todas as tarefas dentro do prazo.
Técnicas de Educación e Formación en Grupo é unha asignatura presencial. Por iso é obligatoria a asistencia ás súas clases expositivas e interactivas.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, ao alumnado que teña concedida a exención de docencia proporáselle un plan alternativo de traballo e avaliación que abarque o conxunto de obxectivos e contidos da asignatura; a participación e aportacións na aula serán substituidas por un traballo monográfico que se acordará coa profesora nas tres primeiras semanas despois do comezo das clases.
Para este alumnado os traballos individuais suporán o 60% da cualificación final e a proba final o 40%.
O alumnado que se atope nesta situación debe ponerse en contacto coa docente nun prazo máximo de 15 días dende a publicación da resolución.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na “Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas):
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas (14 horas)
- Prácticas de Seminario: exercicios e técnicas de Dinámica de Grupos (30 horas)
- Tutorias de traballo de curso (4 horas)
- Avaliación (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DOS ESTUDANTES (100 horas):
- Estudo (30 horas)
- Traballos teóricos e de investigación na práctica e elaboración de informes (50 horas)
- Deseño e aplicación de técnicas (12 horas)
- Comentario e análise de casos (8 horas)
Recoméndase aos alumnos e alumnas que cursen esta materia realizar unha lectura atenta, reflexiva e crítica dos textos suxeridos polo profesorado, para poder manexarse de forma precisa nos conceptos propios da materia e as súas aplicacións prácticas, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas e vendo a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da vida e para a dinámica educativa e de formación. Tamén é conveniente que as alumnas e alumnos participen activamente nas tarefas propostas na aula. Suxírese a utilización da titoría para clarificar as dúbidas e para recibir orientacións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia e a realización das actividades propostas. O traballo constante durante o curso e o estudo persoal constituirán unha base fundamental no proceso de aprendizaxe.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.
Nestes casos, os estudantes deben poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
- Responsabilidade medioambiental: Os traballos persoais ou grupais débense subir á aula virtual en cada tarefa proposta. En caso de non ser posible, recomendase o seguinte:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Cristina Varela Portela
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813837
- Correo electrónico
- cristina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iris Estevez Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |