Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Acadar un primeiro nivel na preparación de profesionais en relacións laborais cun coñecemento especializado no ámbito do Dereito dos contratos e da responsabilidade civil.
- Proporcionarlle ao estudante unha información e unha formación que lle permita, no seu quefacer profesional, afrontar con corrección os problemas xurídicos reais no ámbito xudicial, notarial e administrativo.
- Acadar unha certa destreza na utilización da linguaxe xurídica e no manexo dos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de contratos.
- Conseguir que o alumno se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de contratos, singularmente cos textos legais (en particular o Código Civil) e as decisións xurisprudenciais.
- Lograr que os alumnos accedan ao coñecemento dos contidos básicos da disciplina
-Dotar os estudantes dunha certa destreza no manexo dos instrumentos necesarios para a interpretación e a aplicación das normas xurídicas relativas á materia.
TEORÍA XERAL DO CONTRATO
Lección 1. O contrato: concepto e elementos esenciais
Contrato e autonomía privada.- A protección dos consumidores e a súa repercusión no Dereito de contratos.- As clases de contratos.- Os requisitos ou elementos esenciais do contrato.- O consentimento contractual.- A capacidade para contratar.- A libre formación do consentimento e os vicios da vontade: erro, violencia e intimidación, dolo.- A declaración de vontade.- O obxecto do contrato: requisitos.- A causa do contrato.- A forma e documentación do contrato.
Lección 2: A formación do contrato.
A formación do contrato: modalidades.- A oferta e a aceptación. Momento e lugar de perfección do contrato.- Os tratos preliminares e a responsabilidade precontractual.- O precontrato e o contrato de opción.
Lección 3: O contido do contrato. Interpretación e integración
O contido do contrato.- A condición, o termo e o prazo.- A interpretación do contrato: criterios hermenéuticos.- A integración do contrato: o artigo 1258 do Código civil.- As condicións xerais da contratación: os requisitos da súa incorporación ó contrato.- O control das cláusulas non negociadas individualmente na contratación con consumidores: a nulidade das cláusulas abusivas.
Lección 4: Eficacia e ineficacia do contrato.
A eficacia do contrato entre as partes: inalterabilidade e irrevogabilidade.- O principio da relatividade do contrato e a súa eficacia respecto a terceiros.- O contrato en favor de terceiro.- A cesión do contrato.- A ineficacia do contrato e as súas diversas categorías.- Os contratos nulos: a conversión.- A anulabilidade e a confirmación do contrato anulable.- A rescisión do contrato. O desistimento unilateral
OS CONTRATOS EN PARTICULAR
Lección 5: Os contratos de finalidade traslativa
O contrato de compravenda.- Concepto e caracteres.- Elementos estruturais: suxeitos, obxecto e forma.- As obrigacións do vendedor: conservación e entrega da cousa, saneamento por evicción e vicios ocultos.- A dobre venda.- Garantía na venda de bens de consumo.- O contrato de permuta.- O contrato de doazón.- Concepto e clases.- Requisitos: consentimento, obxecto e forma.- Efectos.
Lección 6: Outros contratos típicos
O contrato de arrendamento : concepto, caracteres e obxecto.- O arrendamento de fincas rústicas e urbanas.- O contrato de obra: concepto, caracteres e obxecto.- Efectos.-A Lei de ordenación da edificación.- O mandato.- O contrato de servizos e a responsabilidade do prestador de servizos.- O contrato de fianza: concepto e clases.- Efectos: relacións entre acredor e fiador e relacións entre fiador e debedor principal.- O contrato de sociedade.- Outras figuras contractuais: préstamo, depósito, arbitraxe e contratos aleatorios.
A RESPONSABILIDADE EXTRACONTRACTUAL
Lección 7: Concepto, fundamento e presupostos da responsabilidade civil
O acto ilícito como fonte de obrigación. A responsabilidade contractual e extracontractual. - O fundamento da responsabilidade civil extracontractual: responsabilidade por culpa e responsabilidade obxectiva. - As funcións da responsabilidade civil. -A responsabilidade civil derivada de delito. – Os presupostos da responsabilidade civil: acción ou omisión, dano, relación de causalidade e imputación subxectiva.
Lección 8: A responsabilidade por feito alleo e a obrigación de reparar o dano causado. Mención a algúns réximes especiais
A responsabilidade por feito alleo: responsabilidade civil de pais e titores, do empresario e dos titulares e directores de centros docentes. - A responsabilidade por danos causados por cousas e animais. – A obrigación de reparar o dano causado: formas de reparación e réxime da acción de responsabilidade civil.- Mención ao réxime de responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos e á responsabilidade civil por accidentes de circulación de vehículos a motor.
AA.VV. (coords. F. INFANTE RUIZ/L. LÓPEZ DE LA CRUZ), Derecho civil patrimonial I, 3ª. ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2019.
Xerais: Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e de procesos diversos de naturreza xurídica.
Específicas: Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas necesarias para o axeitado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito do Dereito de contratos.
Competencias específicas da materia:
- Destreza no uso da linguaxe xurídica.
- Habilidade no manexo de textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflitivas en materia de contratos e responsabilidade civil
- Capacidade para redactar e interpretar contratos e asesorar en materia de aseguramento de responsabilidades
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas e aulas interactivas.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramientas esenciais que lle permitan profundizar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaránse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situación xurídicas máis controvertidas e se expondrán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas teñen por obxecto a discusión colectiva dos aspectos esenciais da materia e o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación dos docentes, de diferentes tipos de actividades prácticas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a.
O Campus Virtual -xestionado por el Centro de Tecnoloxías para el Aprendizaje (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia.
A avaliación da materia levaráse a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e se baseará na participación activa do estudante nas aulas interactivas e nas actividades prácticas desenvoltas no seu curso. Valoraráse a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a.
A proba final, na que se avaliará o coñecemento dos conceptos e institucións básicas estudadas ó longo do curso, representará o 70% da nota final. O alumno/a deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 2,8 puntos para superar a materia.
A cualificación final determinaráse sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non se superará a materia se unha pregunta do exame final se deixa en branco ou é calificado cun 0.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicaráse a ambas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
ADAPTACIÓN AOS ESCENARIOS 2 E 3
Para coñecer a adaptación do sistema de avaliación en caso de pasar aos escenarios 2 (Distanciamento) ou 3 (Peche das instalacións), por mor da COVID-19, consúltese o apartado “Observacións”.
Traballo presencial na aula (clase expositiva, interactiva, titorías e exames): 48 horas
Traballo persoal do alumno (estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas): 102 horas.
- O alumno debe utilizar dende o comezo de curso os materiais da disciplina, en especial os textos legais e un libro de consulta que actúe como referencia.
- É necesaria a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
- O tempo dedicado ao estudo debe ser o máis continuo posible. Recoméndase facer un seguimento, polo menos semanal, do explicado nas clases, e realizar as tarefas sinaladas polo profesor con dedicación e continuidade.
- Recoméndase preguntar nos horarios de titorías ou, preferiblemente, na clase, todas as dúbidas ou problemas de comprensión que se susciten ao redor dos temas estudados.
- Debe evitarse a aprehensión memorística de cuestións que previamente non sexan comprendidas de xeito correcto.
-
Josefina María Baamonde Méndez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- josefinamaria.baamonde [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 9 |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 9 |
16.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.06.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 9 |