Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Coñecemento dos principios informadores e das garantías das prestacións.
- Coñecemento das prestacións do nivel contributivo.
- Coñecemento das prestacións do nivel asistencial, ademais dos servizos sociais.
- Estudo da situación de desemprego e da súa protección social.
- Estudo dos réximes especiais do sistema de Seguridade Social.
- Capacidade de relacionar con outras ramas do ordenamiento xurídico, en concreto o Dereito do Traballo.
Os contidos coinciden exactamente co Programa da asignatura que se detalla a continuación:
Lección 1ª. ACCIÓN PROTECTORA: AS PRESTACIÓNS
I. CONCEPTO E CLASES. - II. PRINCIPIOS INFORMADORES: A) Revalorización das prestacións. B) Incompatibilidade das prestacións. - III. GARANTÍAS DAS PRESTACIÓNS: A) Percepción íntegra. B) Prescrición e caducidade. - IV. A RESPONSABILIDADE DO EMPRESARIO EN ORDE Á EFECTIVIDADE DAS PRESTACIÓNS. - V. RECARGA DE PRESTACIÓNS INDEBIDAS. - VI. REINTEGRO DAS PRESTACIÓNS INXUSTAMENTE PERCIBIDAS.
Lección 2ª. PROTECCIÓN DA PARENTALIDADE
I. MARCO NORMATIVO. - II. PRESTACIÓN POR NACEMENTO E COIDADO DE MENOR: A) Prestacións. B) Requisitos de acceso. C)Nacemento e duración: a) Na maternidade biolóxica; b) Na adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento. D) Extinción. E) Xestión. - III. SUBSIDIO NON CONTRIBUTIVO EN CASO DE MATERNIDADE BIOLÓXICA. - IV. PRESTACIÓN DE CORRESPONSABILIDADE NO COIDADO DO LACTANTE. - V. PRESTACIÓN DE RISCO DURANTE O EMBARAZO: A) Concepto: natureza subsidiaria. B) Prestacións e requisitos. C)Nacemento, duración e extinción. D) Xestión. - VI. PRESTACIÓN DE RISCO DURANTE A LACTACIÓN NATURAL: A) Concepto: natureza subsidiaria. B) Prestacións e requisitos. C)Nacemento, duración e extinción. D) Xestión. - VII. PRESTACIÓN POR COIDADO DE MENORES AFECTADOS POR CANCRO Ou OUTRA ENFERMIDADE GRAVE.
Lección 3ª. INCAPACIDADE TEMPORAL
I. MARCO NORMATIVO. - II. CONCEPTO. - III. REQUISITOS PARA ACCEDER Á PROTECCIÓN. - IV. PRESTACIÓNS: A) Cotización. B) Subsidio. - V. NACEMENTO E DURACIÓN. - VI. EXTINCIÓN. - VII. XESTIÓN.
Lección 4ª. INCAPACIDADE PERMANENTE
I. MARCO XURÍDICO. - II. CONCEPTO E GRAOS. - III. REQUISITOS. - IV. PRESTACIÓNS: A) Base reguladora da incapacidade permanente parcial. B) Base reguladora da incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez por enfermidade común. - C) Base reguladora da incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez por accidente non laboral. - D) Base reguladora da incapacidade permanente total, absoluta e gran invalidez por riscos profesionais. - V. REVISIÓN. - VI. LESIÓNS PERMANENTES NON INCAPACITANTES.
Lección 5ª. XUBILACIÓN
I.-MARCO XURÍDICO. - II. CONCEPTO E REQUISITOS: A) Alta. B) Período de carencia. C) Idade. - III. CÁLCULO DA PENSIÓN. A) Base reguladora. B) Porcentaxe. - IV. MODALIDADES DA PENSIÓN DE XUBILACIÓN. A) Anticipo da idade de xubilación: a) Anticipo da idade de xubilación por razón da actividade; b) Anticipo da idade de xubilación en caso de discapacidade. B) Xubilación anticipada: a) Mutualismo laboral; b) Xubilación anticipada por causa non imputable ao traballador; c) Xubilación anticipada por vontade do interesado; d) Xubilación parcial anticipada. C) Xubilación parcial cumprida a idade de xubilación de referencia. D) Xubilación e envellecemento activo. - V. DINÁMICA DA PRESTACIÓN.
Lección 6ª. MORTE E SUPERVIVENCIA
I.- MARCO XURÍDICO. - II. FEITO CAUSANTE. - III. PENSIÓN DE VIUVEZ: A) Concepto e requisitos: a) Alta; b) Período de carencia. B) Beneficiarios. C) Contía: a) Bases reguladoras; b) Porcentaxes. D) Suspensión cautelar. E) Extinción. - IV. PRESTACIÓN TEMPORAL DE VIUVEZ. - V. PENSIÓN DE ORFANDADE: A) Concepto e requisitos: a) Alta; b) Período de carencia. B) Beneficiarios. C) Contía. D) Suspensión cautelar. E) Extinción. - VI. PRESTACIÓN DE ORFANDADE. - VII.PRESTACIÓNS EN FAVOR DE FAMILIARES: A) Concepto e requisitos xerais. B) Pensión en favor de familiares. C) Subsidio en favor de familiares. - VII. INDEMNIZACIÓNS ESPECIAIS A tanto alzado. - IX. AUXILIO POR DEFUNCIÓN.
Lección 7ª. PROTECCIÓN DA FAMILIA
I. MARCO JURIDICO. - II. PRESTACIÓNS FAMILIARES DO NIVEL CONTRIBUTIVO: A) Prestación familiar na súa modalidade contributiva. B) Beneficios por coidado de fillos ou menores. C) Períodos de cotización asimilados por parto. - III. PRESTACIÓNS FAMILIARES DO NIVEL NON CONTRIBUTIVO: A) Asignación por fillo ou menor a cargo. B) Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e de nais ou pais con discapacidade. C) Prestación por parto ou adopción múltiples. D) Xestión.
Lección 8ª. DESEMPREGO
I. MARCO XURÍDICO. - II. CONCEPTO E ESTRUTURA. - III. PROTECCIÓN POR DESEMPREGO DO NIVEL CONTRIBUTIVO: A) Requisitos de acceso á protección por desemprego. B) Situación legal de desemprego: a) Por extinción da relación laboral; b) Por suspensión do contrato de traballo; c) Por outras causas de orixe diversa. C) Prestacións: a) Tipos; b) Importe do subsidio (prestación por desemprego). D) Nacemento e pago das prestacións. E) Suspensión. F) Extinción. G) Supostos especiais de compatibilidade da protección por desemprego do nivel contributivo e as situacións de incapacidade temporal e nacemento e adopción: a) Desemprego do nivel contributivo e incapacidade temporal; b) Desemprego do nivel contributivo e nacemento. - IV. PROTECCIÓN POR DESEMPREGO DO NIVEL ASISTENCIAL Ou NON CONTRIBUTIVOG: A) Requisitos. B) Insuficiencia ou carencia de rendas. C) Situación legal de desemprego do nivel asistencial. D) Prestacións. E) Suspensión e extinción. - V. SUBSIDIO EXTRAORDINARIO POR DESEMPREGO. - VI. RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN.
Lección 9ª. PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS OU NON CONTRIBUTIVAS E INGRESO MÍNIMO VITAL
I. PROTECCIÓN ASISTENCIAL NO SISTEMA DA SEGURIDADE SOCIAL: A) Pensión de invalidez asistencial. B) Pensión de xubilación asistencial. C) Xestión. - II. INGRESO MÍNIMO VITAL: A) Situación de vulnerabilidade: acreditación. B) Beneficiarios. C) Requisitos de acceso. D) Contía e duración. E) Suspensión, extinción e financiamento.
Lección 10ª. RÉXIMES E SISTEMAS ESPECIAIS
I. AUTÓNOMOS. - II. TRABALLADORES DO MAR.- III. MINERÍA DO CARBÓN. - IV. ESTUDANTES. - V.- RÉXIMES DE FUNCIONARIOS. - VI. SISTEMAS ESPECIAIS.
BLASCO LAHOZ, Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición)
- BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición).
- BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social II: Prestaciones, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición).
- BLASCO LAHOZ et. al., Regímenes especiales de la Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición).
- COLINA ROBLEDO et al., Derecho Social Comunitario, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición).
- DE LA VILLA GIL et al., Derecho de la Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia, última edición).
- MANEIRO VAZQUEZ, et al., Derecho Procesal Laboral Práctico. Tirant lo Blanch (Valencia 2018)
- MONTOYA MELGAR, Derecho del Trabajo, Tecnos (Madrid, última edición).
- Coñecemento dos principios informadores e das garantías das prestacións.
- Coñecemento das prestacións do nivel contributivo.
- Coñecemento das prestacións do nivel asistencial, ademais dos servizos sociais.
- Estudio da situación de desemprego e de sua protección social.
- Estudio dos rexímes especiais do sistema da Seguridade Social.
-Capacidade para relacionar con outras ramas ol ordenamientozjurídico , en concreto o Dereito do Traballo
Os créditos asignados á materia son de carácter teórico e de carácter práctico, de maneira que a docencia organízase en clases interactivas e en clases expositivas. - Nas clases expositivas expoñeranse as leccións do programa, acompañadas de soporte informático. A exposición acompañarase coa resolución de problemas prácticos que se expoñen con relación aos temas tratados. Formularanse preguntas aos alumnos sobre as cuestións abordadas para fomentar o debate e o uso da linguaxe oral. - Nas clases interactivas exporanse supostos para dar solución aos mesmos con utilización de normas legais, xurisprudencia e doutrina. Examinaranse resolucións administrativas, as posibles impugnacións en vía administrativa e en vía xudicial, e a solución definitiva nas correspondentes sentenzas. Darase especial importancia ao manexo da xurisprudencia e dos textos legais; ambos constitúen un apoio fundamental para tales clases. Utilizarase, así mesmo, o técnica quebracabezas de xeito que se descompón o caso práctico en partes e distribúense entre varios grupos de alumnos para que procedan á procura dunha solución interactuando entre eles. Fomentarase a capacidade de argumentación e a utilización de linguaxe técnica xurídica, se o número de alumnos por grupo permíteo. Para as clases interactivas, será complemento imprescindible o uso da aula virtual, á que poderán acceder todos os alumnos matriculados oficialmente na materia. Alí atoparanse ferramentas útiles para a preparación da materia, para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, aos enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, entre outras utilidades. No seu caso, facilitarase material de apoio e fomentarase a utilización de textos legais actualizados, a través da aula virtual ou por outros medios. Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia. En caso de producirse os escenarios 2 ou 3, a información sobre os cambios atópase nas apartado “Observacións”.
Na cualificación final do alumno, o exame suporá un 70%, e a participación e o aproveitamento das aulas interactivas un 30%.
O exame será escrito e puntuarase sobre 10.
En canto aos alumnos que: a) Teñan exención de docencia, será avaliados conforme ao sistema descrito supra, pois poderán realizar as tarefas das aulas interactivas mediante a aula virtual; e b) Realizasen algunha ou todas as interactivas, pero non se presentaren ao exame, terán a cualificación de NON PRESENTADO.
A segunda oportunidade consistirá na realización dun exame final (ata 7 puntos), que se cualificará sobre 10, ao que se sumará a puntuación obtida a través da entrega das prácticas (ata 3 puntos).
No caso de que a evolución da pandemia e de conformidade coas decisións que tomen respecto diso as autoridades académicas, aconsellasen a non presencia nas aulas, o exame sería tipo test e realizaríase en liña.
O total de 6 créditos ECTS atribuidos a asignatura tradúcese en 48 horas presenciais, 30 das cales teñen carácter expositivo e 18 interactivo. O resto da carga horaria empregase na localización de materiais normativos, xurisprudenciais, bibliográficos, etc e na preparación de supostos prácticos, e, por suposto, na preparación do exame final.
A ASISTENCIA A CLASE É IMPRESCINDIBLE
Plan de continxencia na Metodoloxía da ensinanza.
No caso de que sexa necesario cambiar de escenario e non sexa posible a ensinanza expositiva presencial, empregarase a plataforma MS Teams, ensinando de xeito sincrónico. Asimesmo, o Campus Virtual utilizarase como medio de comunicación cos estudantes, tanto para enviarlles toda a información sobre o tema, como polos materiais que deben preparar os estudantes y a entrega dos traballos que formará parte da avaliación.
No caso de que a docencia interactiva non se poida levar a cabo de xeito presencial, empregarase o Campus Virtual para proporcionar as instrucións e materiais necesarios para levar a cabo as actividades. Ademais, empregarase o MS Teams para explicar aos estudantes o procedemento das prácticas, a realización do traballo en grupo e as presentacións do traballo realizado. Estas clases poden ser síncronas ou asíncronas, segundo a natureza da actividade en cuestión. A través do Campus Virtual indicaranse os prazos e o método de entrega de cada unha das actividades e crearanse elementos que favorezan a capacidade de autoaprendizaxe e autoavaliación do estudante.
Sistema de avaliación: Si non se poidera facer un exame presencial e tivera que ser telemático, utilizaríase a plataforma Teams e o Campus Virtual. Consistiría nun test cuxo valor acadaría o 70% do total da nota, puntuándose sobre 10.
Antonio Garcia Rojo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- antonio.garcia.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable