Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ó alumnado unha visión o mais completa posible das diferentes alternativas coas que podemos atoparnos na práctica cando se trate de deseñar procesos de traballo.
Adquisición dunha formación básica nas técnicas de estudo do traballo; en particular, aquelas relacionadas co estudo de métodos, xa que estes afectan e determinan, en unha moi boa medida, o grado de produtividade do factor traballo nas organizacións.
Tema 1.- PRODUCCIÓN E PROCESO DE TRABALLO.
Este tema aborda o proceso produtivo dentro do limiar da actividade empresarial, centrándose no concepto de cadea de valor e creación de valor. Explícanse os elementos e operacións do proceso produtivo facendo fincapé nos factores que inciden nas perdas do devandito proceso.
Tema 2.- EFICIENCIA E EFICIENCIA DOS PROCESOS DE TRABALLO.
A materia céntrase na descrición e definición do grao de utilización dos recursos empresariais e do alcance dos obxectivos de produción. Introdúcense os conceptos de produtividade e eficacia. Explícanse diferentes métodos para resolver o problema do despilfarro.
Tema 3.- TÉCNICAS PARA O DESEÑO DE PROCESOS DE TRABALLO: O ESTUDO DO TRABALLO.
O tema trata sobre a definición do estudo do traballo definindo os seus obxectivos principais. Explícase a súa utilidade e defínese o proceso de aplicación da metodoloxía de estudo do traballo. Introdúcense os conceptos de normalización, certificación e acreditación, incluíndo a aplicación destes conceptos na documentación empresarial e no ámbito laboral.
Tema 4.- O ESTUDO DOS MÉTODOS E MOVEMENTOS NO TRABALLO.
Neste tema transmítese ao alumnado o estudo dos métodos de traballo e dos movementos, centrándose nas fases do devandito estudo. Explícase a elaboración de diferentes gráficas de rexistro coa aplicación de estándares internacionais. Explícanse os principios da economía do movemento.
Tema 5.- A MEDICIÓN DO TEMPO DE TRABALLO.
O tema céntrase en transmitir ao alumnado o coñecemento da medición do tempo de traballo a través das metodoloxías dispoñible na actualidade, como a cronometraxe. Explícanse os beneficios de cada unha delas.
Aguirre de Mena y otros (2002): Organización y métodos de trabajo, Madrid, Pirámide
Alonso García, A. (1998): Conceptos de organización industrial, Barcelona, MARCOMBO
Arias Aranda, D. y Minguela Rata, B., coords. (2018):Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Madrid, Pirámide
Caso Neira, A. (2003): Técnicas de medición del trabajo, Madrid, Fundación Confemetal
Castanyer Figueras, F. (1993) Control de métodos y tiempos, Barcelona, Marcombo
Cuatrecasas, Ll. (2017): Ingeniería de procesos y de planta, Barcelona, Profit
Chase, R. B. y Jacobs, F. R. (2013): Administración de operaciones, México, Mc Graw-Hill
Fernández Sánchez, Esteban (2006): Estrategia de producción, Madrid, McGraw-Hill
Heizer, Jay (2004): Dirección de la producción: decisiones estratégicas, Madrid, Prentice Hall
Heyzer, J., Render, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Madrid, Pearson - Prentice Hall
Martín López, M. y otros (2002): Métodos de trabajo. Casos prácticos, Madrid, Pirámide
Meyers, F. E.; Stephens, M. P. (2006): Diseño de instalaciones de manufactura y manejo de materiales, México, Pearson
Niebel, B: W. (1996): Ingeniería industrial. Métodos y tiempos, Bogotá, Alfaomega
Rodríguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Madrid, Pearson
Sempere Ripoll y otros (2003): Aplicaciones de mejora de métodos de trabajo y medición de tiempos, Valencia, UPV
Velasco Sánchez, J. (2010): Organización de la producción. Distribuciones en planta y mejora de los métodos y los tiempos. Teoría y práctica, Madrid, Pirámide
Contribución a competencias xerais da titulación:
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes de información
-Traballar individualmente e en equipo
-Expoñer e defender axeitadamente, de xeito oral y/ou escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Traballar e relacionarse cos outros, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Contribución a competencias específicas da titulación
-Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
Competencias específicas da materia:
-Capacidade para identificar e valorar os diferentes elementos dun proceso de traballo
-Comprensión das diferentes alternativas para a configuración dos procesos de traballo
-Capacidade para valorar a eficacia e a eficiencia dun método de traballo
-Capacidade para propor milloras nos métodos de traballo
-Comprensión da importancia da medición do traballo
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de carácter teórico ou expositivas, nas que o profesorado adquire o principal protagonismo, a través da clase maxistral e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesorado explicará na aula os conceptos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesorado. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono e, nalgúns casos, deberán realizarse fora da aula, de xeito asíncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder todo os matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, ós enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ó profesorado.
Os horarios das clases, así como as aulas onde se impartirá a docencia, serán os programados e publicados pola facultade. Para a súa consulta pode acudirse ó seu taboleiro de anuncios ou á súa paxina web (https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-relacions-laborais).
A cualificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, valorados mediante o exame final da materia.
Realizarase un único exame final, de carácter presencial, en cada unha das oportunidades, nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Centro, ó que poderá presentarse todo o alumnado matriculado na materia.
B) A participación e as intervencións nas clases interactivas e expositivas, a resolución de exercicios e casos, a presentación de traballos e outras actividades vinculadas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar, de xeito continuo (avaliación continua), as actitudes e capacidades de cada alumno.
Na cualificación final da materia, o resultado do exame suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, exposicións, resolución de casos, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3).
Para superar a materia, a suma das dúas cualificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame final ser igual ou superior a 2,8 (sobe 7) e a cualificación da evaluación continua igual ou superior a 1,2 (sobre 3). Si non se cumprirse algún destes dous últimos requisitos, a cualificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas, pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a cualificación definitiva será 4,5.
En caso de dispensa de asistencia a clases, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesor o mais axiña posible, para recibir as oportunas instrucións. Este tipo de alumnado será avaliado en base ó resultado obtido no exame final e ás solucións dos exercicios e casos que deberá entregar ó profesor antes da realización da proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A asistencia ás clases presenciais e interactivas (independentemente da súa obligatoriedade) facilitará, en grande medida, o estudo dos contidos da materia. Se isto fose así, estímase que, para o/a alumno/a tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluindo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi util para o alumnado, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mismo se introduzan, a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar a superación da materia.
En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da asignatura. O curso virtual non sustitue, sinon que complementa, á docencia presencial.
Dado que existe unha importante relación entre as dúas, sería convinte que o alumnado afrontase o estudo da materia despois de haber superado a materia Organización do traballo, do 2º curso do grao.
Aqueles que teñan especial intererese pola materia, atoparán a súa continuidade na optativa de 4º curso Dirección de operacións: programación e control do traballo.
María Mercedes Cobo Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- mercedes.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
19.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
23.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |