Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo introducir ao estudantado no marco conceptual e analítico básico da análise económica, tanto na súa vertente micro como macroeconómica, presentando os instrumentos fundamentais da análise económica e os conceptos básicos da economía. Tamén se pretende fomentar no estudantado unha certa capacidade de análise e razoamento para comezar a comprender e interpretar a realidade económica, valéndose dos modelos estudados.
PRIMEIRA PARTE : INTRODUCIÓN
TEMA 1.- CONCEPTOS BÁSICOS
1.1.-Concepto de economía 1.2.-A economía como ciencia 1.3.-Problemas económicos fundamentais 1.4.-Fronteira de Posibilidades de produción 1.5.-Especialización e intercambio 1.6.-Sistemas económicos 1.7.-Gráficos e funcións
TEMA 2.- PANORAMA DO PENSAMENTO E A ANÁLISE ECONÓMICA
SEGUNDA PARTE : MICROECONOMÍA
TEMA 3.- A DEMANDA, A OFERTA E O MERCADO
3.1.-A demanda 3.2.-A oferta 3.3.-O mercado 3.4.-Control de prezos
TEMA 4.- A ELASTICIDADE
4.1.-Elasticidade-prezo da demanda 4.2.-Elasticidade e gasto 4.3.-Elasticidade cruzada 4.4.-Elasticidade renda
TEMA 5.- O CONSUMIDOR E A DEMANDA: A UTILIDADE
5.1.-Utilidade: enfoque cardinal e ordinal 5.2.-Enfoque cardinal: utilidade total e utilidade marxinal 5.3.- O paradoxo do valor e o excedente do consumidor 5.4.-Enfoque ordinal: recta de balance e curvas de indiferenza 5.5.-Enfoque ordinal: dedución da curva de demanda
TEMA 6.- A EMPRESA: PRODUCIÓN E CUSTOS
6.1.-A empresa e o empresario 6.2.-A empresa e a produción 6.3.-Eficiencia 6.4.-Os custos de produción 6.5.-Os custos a curto prazo 6.6.-Os custos a longo prazo 6.7.-A decisión de producir e a maximización dos beneficios
TEMA 7.- A COMPETENCIA PERFECTA
7.1.-Características dos mercados competitivos 7.2.-A empresa competitiva e a decisión de producir 7.3.-A curva de oferta a curto prazo 7.4.-O longo prazo na industria competitiva
TEMA 8.- O MONOPOLIO
8.1.-Concepto e características do monopolio 8.2.-O monopolio e a maximización de beneficios 8.3.-Discriminación de prezos
TEMA 9.- O OLIGOPOLIO E A COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA
9.1.-O oligopolio. Concepto e características 9.2.-O funcionamento do oligopolio: algúns modelos explicativos 9.3.-A teoría de xogos e o oligopolio 9.4.-A competencia monopolística
TERCEIRA PARTE : MACROECONOMÍA
TEMA 10.- A MACROECONOMÍA. UNHA VISIÓN PANORÁMICA
10.1.-Obxectivos da Macroeconomía 10.2.-Instrumentos da política macroeconómica 10.3.-A Oferta e a Demanda agregadas 10.4.-O fluxo circular da renda 10.5.-Produto interior bruto 10.6.-Outras magnitudes macroeconómicas
TEMA 11.- O MODELO KEYNESIANO DO MULTIPLICADOR
11.1.-Función de consumo e función de aforro 11.2.-A demanda de inversión 11.3.-O equilibrio do modelo 11.4.-O multiplicador da inversión
TEMA 12.- A POLÍTICA FISCAL
12.1.-O gasto público 12.2.-Os impostos 12.3.-Os presupostos e o déficit
TEMA 13.- O DIÑEIRO E O SISTEMA BANCARIO
13.1.-A orixe do diñeiro 13.2.-Oferta monetaria: agregados monetarios 13.3.-Funcións do diñeiro 13.4.-Demanda de diñeiro 13.5.-Os bancos e a creación de diñeiro
TEMA 14.- A POLÍTICA MONETARIA
14.1.-Funcións do Banco Central 14.2.-Base monetaria, oferta monetaria e multiplicador do diñeiro 14.3.-Equilibrio no mercado de diñeiro e política monetaria 14.4.-A política monetaria na zona euro
TEMA 15.- A MACROECONOMÍA DUNHA ECONOMÍA ABERTA
15.1.-Comercio internacional: vantaxe comparativa 15.2.-A política comercial: o proteccionismo 15.3.-A Balanza de pagos 15.4.-O mercado de divisas
TEMA 16.- MERCADO DE TRABALLO E OFERTA AGREGADA
16.1.-O mercado de traballo 16.2.-A función de oferta agregada 16.3.-A curva de Phillips a curto prazo 16.4.-O paro: efectos e políticas
TEMA 17.- INFLACIÓN E CICLOS
17.1.-Inflación de demanda e inflación de custos 17.2.-Efectos da inflación 17.3.-O ciclo económico 17.4.-A lei de Okun
TEMA 18.- CRECEMENTO ECONÓMICO E DESENVOLVEMENTO
18.1.-O crecemento económico 18.2.-Produtividade e crecemento económico 18.3.-O desenvolvemento
Básica:
Mochón, Francisco (2009): Economía. Teoría y política. Ed. McGraw Hill, 6ªed.
Complementaria:
Begg, D., Fischer, S., Dornbusch, R. y Fernández, A. (2006), Economía, 8a edición, McGraw-Hill.
Berbanke, Ben y Frank, Robert (2007), Principios de Economía, 3ª Edición, Mc Graw Hill
Blanco, J. M. (2014). Economía. Teoría y Práctica. 6a edición, McGraw-Hill.
Castejón Montijano, Rafael y otros (2002): Economía.Teoría y Política. Libro de prácticas. Ed. McGraw Hill, 1ª ed
Krugman, P. e outros (2015):Fundamentos de economía. Ed. Reverté, 3ª ed.
Lipsey, Richard G. e Chrystal K. (1.999): Economía positiva. Ed. Vicens Vives, 13ª ed
Mankiw, N. G. (2007), Principios de Economía. 4 a edición, Thomson.
Rebeca de Juan, Libro de ejercicios. Economía, Teoría y Política 1ª Ed.
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2006), Economía. 18a edición, McGraw-Hill
Xerais:
-Aprender autonomamente.
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información.
-Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
-Expor adecuadamente, de forma oral e/ou escrita un asunto ou tema de carácter
xeral ou relacionado coa súa especialidade.
-Traballar individualmente ou en equipo.
Específicas:
- Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva
histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización
do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
- Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios
para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias
territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
-Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais
e socioeconómicos.
As características da titulación aconsellan non profundizar nos aspectos máis técnicos da teoría económica e das disciplinas auxiliares como as matemáticas, procurando unha formación máis interdisciplinar orientada a facilitar ao/á alumno/a unha comprensión da realidade económica na que previsiblemente se desenvolverá profesionalmente no futuro.
A metodoloxía docente incluirá:
Docencia expositiva, onde se presentarán polo profesor os coñecementos que os alumnos deben adquirir, e Docencia interactiva, onde se relacionarán eses coñecementos coa realidade económica e social a través do traballo con noticias, artigos de opinión ou bases de datos.
Para facer posible o anterior poderá esixirse dos alumnos o uso da Aula Virtual, tanto para a consulta dos materiais necesarios para o seu traballo como para a participación nas actividades que no seu momento se decidan, como foros, blogs ou outras.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
Para aprobar o curso o alumnado deberá conseguir un mínimo de 5 puntos entre os dous apartados que seguen, sen que se esixa nota mínima en ningún dos dous. No caso de que obteñan "dispensa de asistencia a clase" serán avaliados exclusivamente a través dos exames correspondentes.
- 1º apartado: EXAME (7 puntos)
O exame terá a seguinte estrutura:
12 preguntas tipo test: 3 puntos
4 preguntas a desenvolver sobre os contidos da materia: 4 puntos
Ao final do 1º semestre realizarase un exame parcial sobre a materia impartida nese período (MICROECONOMÍA).
Unha vez finalizado o segundo período lectivo, nas datas oficiais de exame:
- Os alumnos que aprobasen o exame parcial de MICROECONOMÍA (3,5 puntos ou máis) deberán examinarse da materia impartida no 2º semestre (MACROECONOMÍA). A nota deste apartado será a media aritmética das obtidas nos dous exames realizados. De non superar a materia nesta 1ª oportunidade repetirán o exame de MACROECONOMÍA na 2ª oportunidade.
- Os alumnos que non aprobasen o exame parcial (MICROECONOMÍA) deberán examinarse de toda a materia. A nota deste apartado será a do último exame.
- 2º apartado: AVALIACIÓN CONTINUA (3 puntos)
Realizarase nas clases interactivas a través de exercicios, preguntas e traballos propostos polo profesor, valorándose especialmente a participación activa do alumnado. En concreto, 2 puntos corresponderán ás probas propostas polo profesor tanto nas clases interactivas como na Aula Virtual, e 1 punto á valoración por parte do profesor da actitude e participación dos alumnos ao longo do curso. A puntuación obtida neste apartado manterase, de non superarse a materia na 1ª oportunidade, para a 2ª oportunidade.
Dado que se trata dunha materia de 9 créditos o esforzo do/a alumno/a para superar con éxito a materia debería alcanzar as 225 horas de traballo, das que 45 corresponderían ás clases de docencia expositiva e 27 ás clases de docencia interactiva, repartindo o/a alumno/a as 153 horas restantes entre a asistencia a titorías, realización dos traballos e exercicios, preparación dos exames e realización dos mesmos.
Esta é unha materia introdutoria na que se pon aos estudantes en contacto cun gran número de conceptos fundamentais da economía e na que se lle proporcionan as ferramentas básicas da análise económica. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia é esencial que os estudantes adquiran un ritmo de traballo constante e que combinen o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos.
O nivel de formalización matemática do curso é mínimo co propósito de que o alumnado se concentre na comprensión dos conceptos e de que se exercite na práctica da análise económica a través do emprego de modelos sinxelos. A pesar da simplicidade das técnicas a materia pode supoñer para algúns estudantes un nivel de dificultade maior do esperado. Por conseguinte, é sumamente importante que os estudantes se exerciten no manexo dos conceptos e dos modelos a través de exercicios prácticos. Así mesmo, será de grande utilidade para os estudantes que se aseguren de que adquiren un dominio suficiente das matemáticas elementais e das técnicas de análise gráfica que se empregan durante o curso.
Dentro dos contidos desta materia figura o inicio do estudo do mercado de traballo que se desenvolverá por extenso no 4º curso da mesma titulación, na materia Economía Laboral.
A materia contará cun Aula Virtual onde se poñerán a disposición do alumnado os materiais necesarios para o desenvolvemento das clases interactivas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
María Gómez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- maria.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
30.05.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |