Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Pretendese que o estudante adquira os coñecementos necesarios para cOmprender o funcionamento xeral das finanzas do Sector Público.
Coñecemento da terminoloxía e significado conceptual dos distintos elementos dun imposto.
Saber aplicar e resolver as líñas xerais do cálculo e liquidación dos impostos máis relevantes.
Empregar os coñecementos adquiridos como base en asignaturas posteriores máis enfocadas á lexislación impositiva actual do noso país.
-- Introducción a o sistema impositivo vixente
- Imposición e eficiencia. Principais distorsións do sistema impositivo: imposto sobre la renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
- Estrutura do imposto: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo. Sistemas de integración do imposto de sociedades o do imposto sobre a renda.
- Valoración económica da imposición: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
- Réxime fiscal das empresas familiares. Incentivos fiscais.
Albi-Ibáñez, E.; Paredes-Gómez, R.; Rodriguez-Ondarza, J.A. (última edición): “Sistema Fiscal Español, I”. Barcelona: Ariel.
- Albi-Ibáñez, E.; Paredes-Gómez, R.; Rodriguez-Ondarza, J.A. (última edición): “Sistema Fiscal Español, II”. Barcelona: Ariel.
- Pérez-Royo, F.; Carrasco-González, F.M.;Cubero-Truyo, A; Escribano-López, F.; García-Berro, F.; Pérez-Royo, I. (Última edición). “Curso de derecho tributario. Parte especial”. Madrid: Tecnos.
- Vázquez-Taín, M.A. (2021). “El Impuesto sobre el Valor Añadido”. Valencia: Tirant Lo Blanch.
Bibliografía complementaria:
- Queralt, J.M.; Tejerizo-López, J.M.; Álvarez-Martínez, J. (última edición). “Manual de Derecho Tributario. Parte especial”. Pamplona: Aranzadi.
- Memento práctico fiscal (última edición). Madrid: Francis Lefebvre.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria-Mendieta, M. (2010). “Gobernanza democrática y fiscalidad”. Madrid: Tecnos.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
Competencias básicas:
Proporcionar ó alumno os coñecementos básicos, desde o punto de vista económico, da organización e funcionamento do Sector Público nas economías de mercado; así como, presentar os instrumentos cós que conta para exercer a súa actividade económica, examinalos problemas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de ditos instrumentos e analizar as relacións financeiras entre os diferentes niveis de goberno (descentralización e harmonización).
CG2 - Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
CG4 - Aplicar o razoamento crítico no estudio e análise dun determinado asunto ou tema.
CG6 - Traballar individualmente e en equipo.
Competencias específicas:
CE8 - Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesaria para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
Para levar a cabo o desenvolvemento do programa da materia combinamos a clase expositiva, cuxo obxectivo é a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos anteriormente; xunto con clases interactivas, que requiren a participación e o traballo do alumno. Despois das exposicións teóricas, proporanse diferentes exercicios que se desenvolverán e complementarán coas clases prácticas. Isto require que o alumno sexa usuario de RAI e, polo tanto, teña acceso á aula virtual.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
• O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40% mentres a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________30
Clases interactivas _____________________________________ 15
Titorias, outras sesións con profesor e avaliacións______________15
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________ 55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________ 30
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 12
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________ 102
O alumno debe ter coñecementos básicos de economía e dereito.
Lourdes Pardo Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- lourdes.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable