Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As directrices propias do plan de estudos en que se insire a materia Historia Social e das Relacións Laborais asígnanlle o labor do coñecemento básico da evolución da sociedade e dos movementos sociais desde a Revolución industrial ata a actualidade. O carácter formativo da mesma marca a súa relación coas materias do plan tanto da área de sociais (economía e socioloxía) como de humanidades e ciencias sociais (dereito e psicoloxía). A Historia Social e das Relacións Laborais pretende mostrar a xénese e evolución dos principais cambios sociais dotando ao alumnado de capacidade para explicar a relación mutua entre o contexto político, social e económico e cada un dos procesos estudados. As actuais relacións laborais, ámbito profesional dos futuros graduados, non son senón o resultado dun contexto histórico cambiante. Serán os aspectos sociais da evolución histórica os que predominarán nos contidos da materia para lograr un mellor coñecemento da evolución das Relacións Laborais.
.
CONTIDOS FORMATIVOS MÍNIMOS DA MATERIA:
-Fundamentos sociais, políticos e económicos do mundo contemporáneo.
-Os axentes reguladores das relacións laborais ao longo da historia.
-O sistema liberal-capitalista e as súas alternativas.
-Poder político, cultura, sociedade e economía na configuración das relacións laborais.
-Evolución histórica das formas de traballo, de producción, de conflictividade social e das políticas sociais no ámbito internacional e nacional.
PROGRAMA DA MATERIA
Contidos
CONTIDOS FORMATIVOS MÍNIMOS DA MATERIA:
-Fundamentos sociais, políticos e económicos do mundo contemporáneo.
-Os axentes reguladores das relacións laborais ao longo da historia.
-O sistema liberal-capitalista e as súas alternativas.
-Poder político, cultura, sociedade e economía na configuración das relacións laborais.
-Evolución histórica das formas de traballo, de produción, de conflitividade social e das políticas sociais no ámbito internacional e nacional.
PROGRAMA DA MATERIA
I. DA INEXISTENCIA DE REGULACIÓN XURÍDICA DO TRABALLO Á LIBERALIZACIÓN DA FORZA DE TRABALLO
1. Das monarquías absolutas ao modelo liberal
1.1. Crise das monarquías absolutas
1.2. Liberalismo e nacionalismo
1.3. Proceso de democratización dos estados europeos
2. Da economía e sociedade pre-industriais ao capitalismo
2.1. Economía regulamentada e modelo demográfico antigo
2.2. Liberalismo económico e capitalismo industrial
2.3. Capitalismo financeiro e monopolista
2.4. Expansión imperialista e colonialismo
3. De estamentos a clases e movementos sociais
3.1. Formación da clase obreira
3.2. Bases teóricas: socialismos utópicos, marxismo e anarquismo
3.3. Desenvolvemento do movemento obreiro
II. A ORIXE DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS. O PERIODO DE ENTREGUERRAS (1918-1945)
1. A ruptura co liberalismo e a democracia: comunismo e fascismo
2. A depresión económica a partir de 1929
3. Emerxencia do tripartismo e recoñecemento do dereito de negociación colectiva
III. CONSOLIDACIÓN DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS O PERÍODO KEYNESIANO (1945-1980)
1. A reconstrución política europea: socialdemocracia, democracia cristiá, comunismo occidental e liberais conservadores
2. Capitalismo e estado de benestar, economías de planificación central e economías do terceiro mundo
3. Novos movementos sociais: a loita polos dereitos civís en E.U.A., feminismo, pacifismo, ecoloxismo
4. O paradigma da intervención estatal nas relacións laborais. Constitución de procedementos estables de regulación laboral
IV. DIVERSIDADE DE SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS. CRISE DO ESTADO DE BENESTAR (1980-actualidade)
1. Neoliberalismo e modelo económico neoclásico
2. Crise do modelo soviético
3. Os problemas da construción europea
4. Nacionalismo, panarabismo e islamismo no mundo musulmán
5. Novas tecnoloxías, economía do coñecemento e globalización
6. Desregulamento, mobilidade e flexibilidade nos mercados de traballo
a) Biliografía básica:
AIZPURU, M. e RIVERA, A., Manual de historia social del trabajo, Siglo XXI, Madrid, 1994.
ARENAS POSADAS C., Historia Económica del Trabajo : (Siglos XIX y XX), Tecnos, Madrid, 2003.
AROSTEGUI, J., BUCHRUCKER, C. e SABORIDO, J., El mundo contemporáneo. Historia y problemas, Crítica, Barcelona, 2002.
ARTOLA, M. e PÉREZ LEDESMA, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Alianza, Madrid, 2005.
CHAMOCHO CANTUDO, M. A., Introducción jurídica a la historia de las relaciones de trabajo, Dykinson, Madrid, 2013.
GALÁN GARCÍA, A.; GÓMEZ URDÁÑEZ, G.; MORENO FERNÁNDEZ, J. R., Materiales para la Historia de las Relaciones Laborales, Tecnos, Madrid, 2003.
GALLEGO ABAROA, E., Historia breve del mercado de trabajo: de los orígenes a J.M. Keynes, Ecobook, Madrid, 2009.
ZAMAGNI, V., Historia Económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2002.
b) Bibliografía complementaria:
ADELANTADO, J. (coord), Cambios en el Estado del bienestar, Madrid, Icaria, 2001.
ALDCROFT, D.H., Historia económica europea, 1914-1980, Barcelona, Crítica, 1989.
BERG, M., La era de las manufacturas, 1700-1820. Una nueva historia de la revolución industrial británica, Crítica, Barcelona, 1987.
BORDERIAS, C. et al., Las mujeres y el trabajo. Rupturas conceptuales, Icaria, Barcelona, 1994.
BRIGSS, A. (dir.), Historia de las civilizaciones. El siglo XIX, Alianza/Labor, Madrid, 1989.
CEAMANOS LLORENS, R., El reparto de África: de la Conferencia de Berlín a los conflictos actuales, Ed. Libros de la Catarata, 2016.
CORIAT, B., El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa, Madrid, Siglo XXI. 1991.
DORE, R.P., Fábrica británica, fábrica japonesa : los orígenes de la diversidad nacional de relaciones laborales Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 1989.
DUBY, G., Atlas histórico mundial, Debate, Barcelona, 1992.
DUNLOP, J. e GALESON, W., El trabajo del siglo XX. Ministerio de Trabajo y SS, Madrid, 1985.
FUJII, G., e RUESGA, SANTOS M. (coords.), El trabajo en un mundo globalizado, Madrid, Pirámide, 2004.
GORDON, DAVID M., EDWARDS, R. e REICH, M., Trabajo segmentado, trabajadores divididos : la transformación histórica del trabajo en Estados Unidos, Ministerio de Trabajo y de SS, Madrid, 1986.
HOBSBAWM, E., El mundo del trabajo, Crítica, Barcelona, 1987.
HOBSBAWN, E., En torno a los orígenes de la revolución industrial, Siglo XXI, Madrid, 1979.
KINDER, H. e HILGEMMANN, W., Atlas histórico mundial, Istmo, Madrid, v.a., 2006 (21 ed.), 2º vol.
MARTÍN, B., Los problemas de la modernización: movimiento obrero e industrialización en España, Ministerio de Trabajo y SS, Madrid, 1992.
MAZOWER, M., La Europa negra: desde la Gran Guerra hasta la caída del comunismo, Ediciones B, Barcelona, 2001.
MOULIER-BOUTANG, Y., De la esclavitud al trabajo asalariado, Akal, Madrid, 2007.
PÁEZ CAMINO, F. e LLORENTE, P., Los movimientos sociales (hasta 1914), Akal, Madrid, 1984.
PIORE, M. e SABEL, CH. F., La segunda ruptura industrial, Madrid, Alianza, 1990.
PRATT, A., Los salvadores del niño o la invención de la delincuencia, Siglo XXI, 1983.
RECIO, A , Trabajo, personas, mercados. Manual de economía laboral, Icaria-Fuhem, Barcelona 1997.
RODRIGUEZ LABANDEIRA, M., El trabajo rural en España: 1876-1936, Anthropos, Barcelona, 1991.
RULE, J., Clase obrera e industrialización. Historia social de la revolución industrial británica, 1750-1850, Barcelona, Crítica, 1990.
a) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
-Capacidade para traballar individualmente e en equipo
-Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
-Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema
-Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade
-Aprender autonomamente
-Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos
-Adaptarse a novas situacións
-Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
-Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores socioeconómicos
-Relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva histórica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais
b) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
-Asimilar reflexivamente os contidos presentados.
-Capacidade para realizar informes orais e escritos sobre aspectos referidos á evolución das relacións e os mercados laborais.
-Capacidade para analizar e sintetizar os determinantes dos cambios nas relacións laborais e no funcionamento dos mercados de traballo.
-Capacidade para interrelacionar as compoñentes social, política, cultural e económica na evolución das relacións laborais.
-Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
-Avaliar criticamente os discursos e obras de investigación histórica relacionados coa historia social e das relacións laborais.
-Ser proactivos/-as aplicando a análise dos acontecementos pasados para a xestión de novas situaciós e resolución de problemas.
c) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-Razoamento crítico
-Aprendizaxe autónomo
-Compromiso ético co entorno social
-Comunicación oral e escrita na lingua nativa
-Capacidade de análise e síntese
-Capacidade de xestión da información
-Motivación pola calidade e o esforzo
-Traballo en equipo
As clases están configuradas de tal maneira que haberá semanas so de clases expositivas e semanas de clases interactivas exclusivamente.
Cada alumno/-a disporá de titorías individualizadas durante todo o curso académico, nelas atenderanse as consultas proactivas do alumnado sobre calquera cuestión relacionada coa materia.
Nas sesións teóricas (aulas expositivas) a profesora presentará, coa axuda dos medios adecuados en cada caso, a información básica sobre os contidos da materia, e a partir deles proporá actividades prácticas.
As sesións prácticas (aulas interactivas), de asistencia obrigatoria, inclúen a exposición, comentario e avaliación dos traballos previamente realizados por cada subgrupo de alumnos/-as constituído de forma aleatoria pola fracción correspondente do estudantado. As tarefas preparatorias das clases (baixo a dirección da profesora), serán de realización obrigatoria para os/-as integrantes do subgrupo designado, que terá que entregar o traballo final, para a súa ulterior defensa e discusión. A participación do resto do alumnado no debate e avaliación do respectivo traballo, tamén será puntuada. Como parte práctica contemplase a posibilidade de realizar actividades guiadas como asistencia a charlas ou conferencias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A avaliación combinará a modalidade continua formativa (de maneira que facilite información ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe e a conveniencia ou non de modificar o seu sistema de traballo), cunha proba final.
A cualificación final integrará a parte correspondente ao nivel de coñecementos adquiridos sobre os contidos e a práctica. Estruturarase da seguinte forma:
-Nivel de coñecementos sobre os contidos: 5 puntos
-Exercicios e actividades prácticas (aulas interactivas): 3 puntos
-Lectura dunha publicación: 2 puntos
PARA SUPERAR A MATERIA O ALUMNADO DEBERÁ:
-Obter polo menos dous puntos e medio (sobre cinco) no nivel de coñecementos (exame).
-Ter realizado as prácticas programadas durante o curso (80% de asistencia mínima ás aulas interactivas) e obter, polo menos, un punto e medio (sobre tres).
-Ler reflexivamente unha obra relevante para o coñecemento da historia social e das relacións laborais e obter, polo menos, un punto (sobre dous) nas respostas ás preguntas sobre a mesma que se efectuarán de forma continua ao longo do cuadrimestre.
No caso de non acadar a cualificación mínima nalgunha destas actividades, na avaliación final esa actividade computará con 0 puntos. Para que as tarefas podan ser avaliadas, terán que ser realizadas/entregadas na data que para cada unha delas se indique.
O alumnado que teña superado a materia e tamén o CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN (CI) que se imparte dende a Biblioteca, verá incrementada a cualificación final entre 0,25 e 0,5 puntos en función da puntuación obtida en dito curso.
O sistema de avaliación para a segunda oportunidade, será o mesmo que para a primeira, excepto no caso das prácticas, que non son recuperábeis.
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON CONCESIÓN DE DISPENSA DE ASISTENCIA Á CLASE. PARA SUPERAR A MATERIA O/-A ESTUDANTE DEBERÁ:
-Obter polo menos catro puntos (sobre oito) no nivel de coñecementos (exame).
-Ler reflexivamente unha obra relevante para o coñecemento da historia social e das relacións laborais e obter, polo menos, un punto (sobre dous) nas respostas ás preguntas sobre a mesma que se efectuarán no exame.
O sistema de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira.
Asistencia ás clases teóricas: 30h
Asistencia ás clases prácticas: 18h
Asistencia ás titorías: 3h
Preparación do traballo obrigatorio de curso: 20h
Preparación de traballos para as aulas interactivas: 20h
Estudo e repaso periódico dos contidos: 30h
Preparación de exames: 28h
Realización de exames: 1,0h
Total volume de traballo: 150 horas
Estudo e preparación das clases:
Para poder seguir o desenvolvemento da materia, o alumnado debe dedicar dúas horas semanais ao estudo dos contidos expostos nas aulas. Tamén debe interesarse pola actualidade política, social e económica mediante o seguimento habitual dos medios de comunicación para comprender o fío condutor entre o pasado e o presente.
É recomendable que o alumnado se matricule no CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN (CI) que se imparte dende a Biblioteca. Tratáse dun curso en liña aloxado no Campus virtual da USC, co que o alumnado adquirirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construir a partir dela novos coñecementos. Asemade aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade. A superación do curso terase en conta na cualificación final da materia (ver Sistema de avaliación da aprendizaxe).
O alumnado debe darse de alta na Aula Virtual desde o inicio do curso. Para iso debe estar en posesión dunha conta de correo-e da USC . A aula virtual utilizarase preferentemente pola profesora como medio para facilitar materiais e información ao alumnado, polo que este deberá consultala asiduamente.
María Mercedes Cobo Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- mercedes.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | 7 |
19.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | 7 |