Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal da materia é conseguir por parte do alumnado un dominio suficiente de aplicacións informáticas frecuentemente usadas no ámbito das relacións laborais e dos recursos humanos. En concreto, as aplicacións informáticas oriéntanse á xestión de nóminas e á xestión de proxectos.
A materia non se atopa adscrita a ningún módulo ou bloque temático. Sen embargo, pola súa propia natureza encadrada no ámbito das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) posúe un carácter transversal a toda a titulación.
1. A Informática no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos (Teoría).
2. Xestión e planificación de proxectos con ProjectLibre (Práctica).
- Características principais: interface da aplicación.
- Xestión de proxectos, tarefas e recursos: dependencias entre tarefas e asignación de recursos a tarefas. Calendarios de traballo.
- Ferramentas de diagramación.
- Xestión de táboas, filtros, ordenación e vistas na presentación de proxectos.
- Seguimento do proxecto.
- Comunicación con outras aplicacións informáticas.
3. Xestión de nóminas con NominaSol (Práctica)
- Configuración global da aplicación: interface gráfica. Creación, selección e eliminación de empresas.
- Creación de táboas de: convenios, contratos e traballadores; seguridade social, retencións IRPF.
- Incorporación da información: Incidencias, nóminas, pagos, acumulados de retencións.
- Xestión informática de impresos oficiais: partes, seguros sociais...
- Xestión e presentación de Informes: estatística de informes, gráficos, textos, atributos.
- Outras utilidades: calendario, copias de seguridade, perfís de usuario.
Básica:
https://www.sdelsol.com/pub/book/adjuntos/491/NOMINASOL_2021.pdf
http://www.projectlibre.org
Complementaria:
Arias Arand, D. y Serrano García, J.A. Gestión y Dirección de Proyectos con Project Libre (1ª edición): Editorial AVICAM, 2014. ISBN: 9788494237126.
https://www.sdelsol.com/programa-nominas-nominasol/
Xerais:
- Aprendizaxe autónoma.
- Traballo individual e en equipo.
- Localización, análise, síntese e xestión de diferentes tipos e fontes de información,
Específicas:
- Capacidade para realizar por medios informáticos a planificación e xestión dun proxecto.
- Capacidade para realizar por medios informáticos a xestión de nóminas dunha empresa.
A materia disporá dunha aula virtual soportada pola plataforma Moodle do Campus Virtual da USC. Dita aula virtual dará soporte ás distintas actividades de ensino-aprendizaxe e tamén servirá como medio de comunicación co alumnado mediante foros e mensaxería.
Nas sesións expositivas abordaranse os aspectos esenciais da Informática que se encontran presentes na xestión das relacións laborais e dos recursos humanos mediante a docencia expositiva por parte do profesor.
Pola súa parte, as sesións interactivas na aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado. En cada sesión, o profesor presentará algún aspecto das aplicacións informáticas de traballo e, a continuación, o alumno desenvolverá o seu traballo na aula baixo a supervisión do profesor. Así mesmo, empregaranse metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos nalgunhas sesións interactivas.
As titorías serán presenciais ou telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Consideracións previas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos.
1ª Oportunidade
O sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra compoñente de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación do alumnado será dun 50%. Para superar a materia débese obter polo menos un 4 en cada modalidade de avaliación e obter unha nota global igual ou superior a 5 coas ponderacións anteriormente citadas. A non asistencia impedirá a superación da materia e establécese unha asistencia mínima do 80% ás sesións interactivas.
A cualificación da avaliación continua estará baseada na correcta realización en tempo e forma dun proxecto co software de xestión de proxectos utilizado na materia. Este proxecto poderá dividirse en distintos traballos ou prácticas para seren realizados de xeito individual ou en pequeno grupo de alumnos.
O exame final consistirá en resolver un exercicio relativo ao uso da aplicación informática de xestión de nóminas utilizada na materia.
A cualificación de “Non Presentado” obtense cando non se realiza o exame final.
2ª Oportunidade
Sempre e cando se teña acadada a asistencia mínima establecida na materia, realizarase un exame final para cada parte da materia non superada na primeira oportunidade.
Alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución nº1/2017 de Secretaría Xeral)
A avaliación será realizada nas dúas oportunidades mediante un exame final estruturado en dous exercicios cun peso dun 50% cada un deles na cualificación final. Un exercicio será relativo á xestión de proxectos e o outro, á xestión de nóminas. Para superar a materia débese obter polo menos un 4 en cada exercicio e unha nota global igual ou superior a 5 coas ponderacións anteriormente citadas.
O tempo de traballo persoal do alumno debe distribuírse principalmente en: elaboración de esquemas e sínteses de contidos (10 h.); asimilación de contidos conceptuais e procedimentais -como facer- (10 h.); comprensión, análise e realización de exercicios propostos (20 h.); elaboración do proxecto (30 h.) e estudo individual por parte do alumno (30 h.).
Recoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.
As actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC. A lingua empregada de xeito habitual nas tarefas docentes será o castelán.
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | - | Aula 3 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /TI-ECTS01 | - | Aula 3 |
15.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula 3 |
30.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula 3 |