Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Fundamentalmente aplicaranse á práctica os coñecementos teóricos obtidos na materia de Dereito do Traballo e de Dereito da Seguridade Social a través da resolución nas clases de diversos supostos e casos prácticos de ambas as dúas materias. O obxectivo principal consistirá en poñer a disposición dos alumnos os métodos necesarios para lograr os coñecementos esixibles no exercicio profesional do especialista en Relacións Laborais e facilitar así mesmo a súa inserción no mercado de traballo, buscando aqueles aspectos e materias que presentan maior litixiosidade en cada momento ou que se considera de maior transcendencia social.
.Realización de supostos, casos prácticos, busca, análise, aplicación e interpretación de doutrina e Xurisprudencia sobre as seguintes materias: 1- Inscrición da empresa na Seguridade Social. Procedemento. Competencia. Variación de datos e cesamento na actividade. Sucesión na titularidade. Cobertura de riscos profesionais. -A afiliación de traballadores. Documento de afiliación. Número de afiliación. -Alta e baixa de traballadores. Documentos. Prazos. Encadramento de administradores e persoal de alta dirección en sociedades mercantís. -O Convenio especial. Modalidades. Inscrición. Supostos de utilización máis frecuentes. 2 - Cotización. Continxencias polas que se cotiza. Forma de cálculo das Bases de cotización: Percepcións salariais e percepcións non salariais. Cotización para continxencias comúns, para continxencias profesionais, por horas extraordinarias, por desemprego, FOGASA e FP. Cálculo das bases de cotización en situación de suspensión do contrato por incapacidade temporal. Cálculo da base de cotización en situación de suspensión do contrato por nacemento e coidado de menor. Cálculo da base de cotización nos contratos a tempo parcial. Tipos de cotización. Cota. Confección de recibos de salarios. Confección de boletíns de cotización. Cotización en réximes especiais. Recadación de cotas. 3 - Prestación de asistencia sanitaria. 4 - Prestación de Incapacidade temporal. Derivada de continxencias comúns e derivada de continxencias profesionais. Forma de cálculo da prestación económica. Dinámica do dereito. Control da incapacidade temporal. Parte de accidente traballo. 5 - Prestación por nacemento e coidado de menor, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación natural. Forma de cálculo da prestación económica. Dinámica do dereito. 6 - Prestación de Incapacidade Permanente. Nivel contributivo. Graos de incapacidade permanente. Requisitos, cálculo da prestación. Compatibilidades en cada un dos graos. Procedemento e revisión. Recarga das prestacións. Tramitación e cálculo ao abeiro da normativa comunitaria. 7 - Xubilación. Nivel contributivo. Idade. Períodos de carencia. Cálculo da base reguladora e da contía. Xubilación anticipada. Xubilación parcial. Tramitación e cálculo ao abeiro da normativa comunitaria. 8 - Prestacións de morte e supervivencia. Requisitos. Cálculo da base reguladora e contía. Trámites das pensións e prestacións por viuvez, orfandade, favor a familiares. Subsidio de defunción. 9 - Prestacións de desemprego. Nivel contributivo. Nivel asistencial. Cálculo. Duración. Dinámica do dereito. Relación coa incapacidade temporal. Relación coa incapacidade permanente. Tramitación. 10 - Prestacións por fillo a cargo. Beneficiarios, contía, trámites. 11 - Prestacións non contributivas. Beneficiarios. Límites de ingresos. Contías. Solicitude e trámites. 12 - Modalidades da contratación laboral. -Contratación indefinida. -Contratos de duración determinada. -Contratos formativos. -Outras modalidades. -Contratos en fraude de Lei. 13 - O salario. -Cálculo de liquidacións. 14 - Suspensión da relación laboral. -Tipos de suspensión. -Excedencias. 15 - Extinción da relación laboral. -Despedimento disciplinario -Despedimento obxectivo. -Despedimento colectivo. -Reclamacións previas e demandas. 16 - Tempo de traballo. -Xornada e horario. -Horas extraordinarias. -Traballo nocturno e traballo a quendas. 17 - Modificacións do contrato de traballo. -Mobilidade funcional e xeográfica. -Modificación substancial das condicións de traballo. -A sucesión de empresa.
- Blanco Lahoz, López Gandía e Momparler Carrasco, Curso de Seguridad Social, Editorial Tirant lo Blanch.
- Ferrer López, Casos prácticos de Seguridad Social, Ed. Deusto.
- Maneiro Vázquez, y otros, Derecho Procesal Laboral Práctico, Editorial Tirant Lo Blanch
- Martín Valverde y otros, Casos prácticos y materiales de Derecho de Trabajo y Seguridad Social, editorial Tecnos.
- Mella Mendez y otros, Práctica de Derecho laboral, Editorial Delta.
- Sempere Navarro e José Luján Alcaraz, Casos prácticos de Derecho del Trabajo y de Seguridad Social.
- Práctica laboral y de Seguridad Social, Ed. Lex Nova.
- Legislación laboral y de Seguridad Social actualizada.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Recomendo por ser moi prácticas as bases de datos da biblioteca virtual da USC, principalmente Aranzadi Social e A Lei Dixital, xa que adoitan estar actualizadas, con temas, normativa, artigos de interese, sentenzas, noticias e vídeos.
1.-Dominar as materias de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. 2.- Coñecer as distintas modalidades contractuais. 3.- Coñecer os distintos tipos de despedimento, extinción de contrato, suspensións, modificacións e outras vicisitudes do contrato de traballo. 4.- Coñecer os distintos réximes da Seguridade Social e aplicar o encadramento axeitado dos traballadores en cada suposto. 5.- Elaboración de nóminas e documentos de cotización para as distintas situacións e supostos. 6.- Coñecer as condicións para acceder a cada unha das prestacións. 7.- Coñecer a forma de cálculo de cada un delas. 8.- Coñecer os criterios xurisprudenciais básicos internos e comunitarios. 9.- Coñecer a normativa comunitaria en materia de Dereito de Traballo e da Seguridade Social e aplicala.
Os créditos asignados á materia, son totalmente prácticos. Formulamos e resolvemos en clase distintos supostos laborais e de seguridade social. Expóñense supostos comentando todas as posibles solucións e a xurisprudencia aplicable a cada caso. Temos en conta en todo momento a normativa comunitaria, formulando supostos nos que resulta de aplicación, traballando sempre sobre supostos reais, examinando a resolución administrativa ditada ao efecto e as posibles impugnacións en vía administrativa e en vía xudicial e mesmo a súa solución definitiva mediante o exame da sentenza ou sentenzas ditadas. Os supostos prácticos formúlanse, no posible, coa suficiente antelación para que poidan ser estudados e resoltos polo alumno previamente co fin de dedicar máis tempo ao seu comentario, ás posibles interrelacións entre as distintas prestacións de Seguridade Social e ás distintas situacións en que un traballador pode encontrarse e mesmo na relación con outras disciplinas.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cunha aula virtual, á que poderán acceder os matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, aos enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ao profesor.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
.
Realizaranse probas que poidan axudar ao profesor na avaliación global do alumno. Así mesmo facilítanse posibles títulos ou material sobre os que os alumnos poden realizar traballos. Realizarase un avaliación continua ao longo do curso académico a través da entrega dos distintos supostos e casos prácticos que se realicen, por iso e imprescindible a asistencia as clases e a participación activa nas mesmas, isto supora un 40% da nota final. A avaliación final consta de varios casos prácticos que poidan demostrar os coñecementos e destreza do alumno no manexo da normativa e xurisprudencia, e supora un 60% da calificación final. Será necesario conseguir o aprobado na avaliación final para poder sumar a cualificación obtida das clases interactivas.
Non podera superarse a materia si o alumno non obtivo puntuación nas clases interactivas, sendo preciso asistir a un mínimo do 75% das mesmas e haber participado nelas (Exposición de traballos, sentenzas, exercicios prácticos...)
A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ao exame, será de "suspenso", se o alumno realizou algunha actividade académica avaliable conforme ao establecido nesta guia docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
ESTA MATERIA NON É SUSCEPTIBLE DE DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Os traballos que o alumno poida realizar ao longo do curso adoitan referirse a materias sobre as que non hai criterios unánimes na doutrina ou na xurisprudencia e por conseguinte pode esixir unha dedicación máis ou menos intensa en función do tema formulado. As horas a dedicar para a avaliación global na que se formulan cuestións intimamente relacionadas coa materia vista ao longo do curso, estarán en relación co seguimento diario e o traballo desenvolvido ao longo deste. Respecto deste apartado aconséllase seguir as recomendacións fixadas na memoria do Grao.
A asistencia ás clases (independentemente da súa obrigatoriedade), no caso do escenario de normalidade, facilitará, en gran medida, o estudo dos contidos da materia. Si isto fose así, estímase que, para o/a alumno/a tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluíndo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
É imprescindible ter un perfecto coñecemento da materia teórica de Dereito do Traballo e de Dereito da Seguridade Social, materias, que mantén prelación sobre a nosa. É tamén imprescindible ir coñecendo as modificacións lexislativas que se produzan, tan abundante nestas disciplinas. É importante utilizar a linguaxe técnica axeitada. É imprescindible a asistencia a clase por tratarse dunha materia práctica.
O aproveitamento da exposición do contido das leccións, dos debates e comentarios producidos nas clases require que o alumno asista provisto dunha recompilación lexislativa. Estase ante unha materia cuxo aprendizaxe e comprensión non son posibles si prescíndese da lexislación. Tamén é conveniente que cada alumno se faga cun convenio colectivo actualizado, para ir vendo como se regulan as condicións de traballo que son obxecto de estudo neste programa.
A asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da materia.
Antonio Garcia Rojo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- antonio.garcia.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 7 |
15.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
01.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |