Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumnado adquira diversos coñecementos que desde a Psicoloxía dos Grupos e do Traballo explican e describen os comportamentos dos individuos cando participan ou interveñen en grupos ou en equipos de traballo. Así mesmo, outro obxectivo é que coñezan o manexo dalgunhas ferramentas ou técnicas necesarias para a comprensión do papel e do comportamento do individuo nesta contorna (a través da valoración dos resultados en simulacións, dinámicas de grupo, etc.). Ademais, as propias prácticas que se realizarán ao longo do curso servirán para que o alumnado sexa consciente das vicisitudes da pertenza e da participación real no grupo e no equipo de traballo.
Grupos e equipos de traballo:
- Definicións.
- Cuestións relevantes do traballo en equipo.
- Modelo de eficacia grupal.
Tipos de grupos e equipos laborais:
- Grupos formais e informais.
- Grupos laborais.
- Círculos de calidade.
- Grupos de traballo autoxestionados.
- Equipos interfuncionais.
- Comités.
- Equipos virtuais.
Estrutura e dinámica dos grupos laborais:
- Formación de grupos.
- Desenvolvemento de grupos.
- Estrutura grupal.
Procesos de influencia social nos grupos:
- Normalización.
- Conformidade: Influencia da maioría.
- Innovación: Influencia da minoría.
Tema: Toma de decisión e rendemento grupal.
- Toma de decisión grupal.
- Rendemento e produtividade grupal.
A contorna dos grupos e equipos:
- Espazo persoal e grupal.
- Disposición espacial.
- Redes de comunicación.
Técnicas grupais en contextos organizacionais:
- Técnicas de formación e desenvolvemento do clima grupal.
- Técnicas creativas.
- Técnicas de toma de decisións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Gil, F. (Director) (2008). Introducción a la Psicología de los Grupos. Madrid. Pirámide
- Gil, F. y Alcover, C. M., (Coordinadores) (2004). Técnicas Grupales en Contextos Organizacionales. Pirámide.
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Hayes, N. (2012). Dirección de equipos de trabajo: Una estrategia para el éxito. Thomson.
- Martínez, M. C. y Paterna, C. (2010). Manual de psicología de los grupos. Síntesis.
- Martínez, M. C., Paterna, C., Vera, J. y Hombrados, M. I. (Coordinadoras) (2010). Dinámicas e intervención grupal. Síntesis.
- Parker, G. M. y Kropp, R. P. (1994). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Editorial Universitaria Ramón Areces.
- Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
- Sanchez, J. (2010). Fundamento de trabajo en equipo para equipos de trabajo. McGraw- Hill.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o alumnado adquire:
- Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión dos recursos humanos e o desenvolvemento organizativo.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Traballar individualmente e en equipo.
- Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
- Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Aprender autonomamente.
- Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Competencias específicas da materia:
Ao finalizar o curso, o alumnado debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
- Identificar e comprender o proceso de formación, desenvolvemento e funcionamento da conduta dos individuos no contexto dos grupos e equipos de traballo e as súas implicacións na consecución dos obxectivos da organización.
- Coñecer os procesos de funcionamento inter e intragrupal.
- Analizar e manexar a dinámica grupal que se produce nos grupos e equipos organizacionais.
- Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc.).
- Orientar a súa actuación profesional a partir do respeto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula.
En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademáis de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso, o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar varias lecturas obrigatorias.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 65% da cualificación final.
O exame constará de dúas partes: a) un test e b) preguntas curtas.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa á clase, o 70% da cualificación será obtida a través do exame e o 30% restante a través da realización de traballos e actividades similares ás realizadas polo resto do estudantado.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 65% da cualificación final.
O exame constará de dúas partes: a) un test e b) preguntas curtas.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 35% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
O alumnado deberá levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como as clases interactivas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase ter superadas as materias de Psicoloxía do Traballo e de Comportamento Organizacional, xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de avaliación para a materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente, de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Teresa Hermo López
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- teresa.hermo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable