Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Problematizar o concepto de Europa e a extensión xeográfica da Unión Europea.
• Coñecer a diversidade xeográfica de Europa.
• Comprender as transformacións sociodemográficas recentes e a súa incidencia na sociedade europea, así como no sistema urbano que estrutura o continente.
• Entender o funcionamento da Unión Europea.
• Analizar as políticas da Unión Europea e a súa transcendencia na realidade territorial particular de Galiza.
Contidos recollidos na memoria do grao de 2019:
Estudo dos caracteres xerais físicos e humanos de Europa, dos seus conxuntos rexionais e das súas paisaxes naturais, rurais e urbanas. Articulación xeoeconómica e xeoestratéxica do continente. Distribución da poboación, dinámica demográfica e fluxos migratorios. Sistema de cidades. As redes de transporte. Problemas ambientais.
Contidos recollidos na memoria do grao de 2023:
Europa como concepto xeográfico. Conxuntos rexionais do continente. A Unión Europea: institucións e políticas rexional e sectoriais (PAC, etc.). A poboación europea. Sistema urbano. Espazos rurais. Retos ambientais.
Os contidos precedentes desenvolveranse nos seguintes temas:
BLOQUE 1. CARACTERIZACIÓN XEOGRÁFICA XERAL DE EUROPA
Tema 1. Europa como concepto xeográfico. Xeopolítica continental
Tema 2. Conxuntos rexionais do continente
Tema 3. Medio físico
Tema 4. A poboación
Tema 5. Sistema urbano
BLOQUE 2. UNIÓN EUROPEA
Tema 6. A Unión Europea. Proceso de formación e institucións. As políticas comunitarias
Tema 7. A política agraria común
Tema 8. A política rexional e de cohesión
Tema 9. Cooperación transfronteiriza. Fronteiras interiores e fronteiras exteriores
Tema 10. Retos ambientais e políticas ambientais comunitarias. A Rede Natura 2000
Bibliografía básica
Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Contemporary Europe: A Geographical Analysis. New York: John Wiley & Sons. [Tradución ao español: Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Europa contemporánea. Un análisis geográfico. Barcelona: Omega.]
Lévy, J. (2011): Europe, une géographie. La fabrique d’un continent. Paris: Hachette.
López Palomeque, F. (coord.) (2000): Geografía de Europa. Barcelona: Ariel.
López Palomeque, F. e Plaza Gutiérrez, J. I. (coords.) (2019): Geografía de Europa. Estructuras, procesos y dinámicas territoriales. València: Tirant lo Blanch.
Murphy, A. B. et al. (2014): The European Culture Area. A Systematic Geography. Lanham/Plymouth: Rowman & Littlefield.
Pounds, N. J. G. (1990): An Historical Geography of Europe. Cambridge: Cambridge University Press. [Tradución ao español: Pounds, N. J. G. (2000): Geografía histórica de Europa. Barcelona: Crítica.]
Webgrafía básica
• Axencia Europea do Medio Ambiente: https://www.eea.europa.eu/
• Axenda Territorial 2030: https://territorialagenda.eu/
• Comisión Europea: https://commission.europa.eu/
• Comité das Rexións: https://cor.europa.eu/
• Consello de Europa: https://www.coe.int/
• ESPON: https://www.espon.eu/
• Eurostat: https://ec.europa.eu/eurostat
• INTERREG: https://www.interregeurope.eu/
• Parlamento Europeo: https://www.europarl.europa.eu/
• Unión Europea: https://european-union.europa.eu/
BÁSICAS E XERAIS
CG1. Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía de Europa, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2. Coñecer, comprender e interpretar o territorio europeo na súa unidade e diversidade.
CG3. Relacionar o medio físico e ambiental coa esfera sociodemográfica.
CG4. Relacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais en Europa
CG5. Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa manifestación e interpretación.
CG6. Analizar e interpretar as paisaxes naturais e culturais para xerar sensibilidade e interese polos problemas e retos ambientais e sociais en Europa.
CG7. Comprender a importancia do proceso de construción da UE e o seu papel de actor na globalización.
TRANSVERSAIS
CT3. Coñecer os principios da Ordenación do territorio en Europa.
CT4. Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais no espazo europeo.
CT7. Xestionar a complexidade
CT5. Relacionar e sintetizar información territorial dun modo transversal
CT8. Ordenar e sintetizar a información.
CT9- Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1. Realizar análises integradas do territorio.
CE2. Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE5. Elaborar e interpretar información estatística e expresar información cartograficamente. (Utilizar Sistemas de Información Xeográfica).
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posíbel, combinando a docencia expositiva coas prácticas de aula. A dimensión interactiva desenvolverase na aula, no campo e por medio de actividades non presenciais. A realización do traballo de campo está condicionado ás posibilidades orzamentarias.
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará de maneira presencial na aula os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario na aula virtual.
Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo na aula estabelecida no horario ou fóra da Facultade. Priorizarase o traballo estatístico vencellado ás políticas comunitarias estudadas.
Titorías personalizadas: realizaranse de maneira persoal ou a través do correo electrónico, cando por razón xustificada non se poida acudir a elas no horario estabelecido.
Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo onde se poñan en práctica os contidos acadados na aula, nomeadamente a avaliación do impacto das políticas comunitarias sobre o terreo.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Proponse unha avaliación continua formativa con proba final, que estimule o alumnado para ser axente activo da súa propia formación.
A avaliación aplicarase do seguinte xeito:
1. Realización e entrega das actividades propostas derivadas das aulas interactivas, saída de campo incluída de se producir: 40%. A entregar na aula virtual.
2. Proba final na data oficial estabelecida pola Facultade: 60%.
Se a cualificación non resultase por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa dimensión tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame.
O alumnado coa dispensa concedida será avaliado mediante un exame presencial na primeira oportunidade.
Dentro da primeira dimensión de avaliación, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe curricular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Docencia expositiva e interactiva, titorías, saída de campo: 55 h
- Estudo, redacción de traballos, outras actividades: 95 h
Traballo continuado ao longo do período de aulas. A asistencia e participación activa nas sesións expositivas e interactivas é fundamental para superar a materia.
Realización da totalidade de actividades que se propoñan para ser avaliado/a.
Ramón López Rodríguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
23.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |