Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é o estudo e análise da realidade latinoamericana desde unha perspectiva xeográfica (xeral e rexional), analizando as desigualdades territoriais. Así como as posibilidades de relación e intercambio no ámbitos económico, social e cultural con Galicia, España e Europa.
Criterios de rexionalización do espazo latinoamericano: a colonización, dende a independencia ata a actualidade. Organización política do territorio latinoamericano, organizacións supranacionais. As grandes unidades de relevo. O tempo. Factores e elementos. Tipos de climas e paisaxes naturais. A poboación. crecemento urbano. estruturas agrarias. Pequenas e grandes explotacións. reformas agrarias. política de colonización. O proceso de industrialización. riqueza mineira e enerxética. Desenvolvemento industrial desigual. O sector servizos. Cooperación internacional.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1.- A conformación histórica do espazo latinoamericano
2.- O medio físico. Grandes unidades do relevo. O clima. As paisaxes naturais
3.- A poboación. Os contrastes demográficos
4.- O proceso de urbanización
5.- A importancia estratéxica da agricultura.
6.- Os outros sectores económicos
7.- As grandes desigualdades económicas territoriais
Azcárate, B. et al (2010) Geografía regional del mudo: Desarrollo, subdesarrllo y países emergentes. Madrid. UNED.
Cebrián Abellán, A. (coor.) (2001) Geografía de Iberoamérica. Albacete. Moralea.
Chevalier, F. (1999): América Latina. De la independencia a nuestros día. México. Fondo de Cultura Economica.
Johnson, D.L. et al (2010) World Regional Geography: A development Approach. Upper Saddle river. Prentice Hall.
Mendez, R. e Molinero, F. (2010): Espacios y sociedades. Introducción a la Geografía Regional del Mundo.
Rigaud, P. (2010): Les BRIC. Brésil, Russie, Inde et Chine, puissances emergentes. Paris, Bréal.
Thébault, V. (2009): Géopolitique des Amériques. Paris, Nathan
O obxectivo principal é que o alumno obteña o coñecemento dos conceptos básicos da materia e que afiance os coñecementos teóricos co manexo e a utilización de textos, documentos, estatísticas e outras fontes.
Competencias concretas:
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT3 - Coñecer os principios da ordenación do territorio
CT4 - Combina dimensións temporais e espaciais na explicación dos procesos socio-territoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar información
CT9 - Presentar e transmitir coñecemento xeográfico
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e captura de datos no campo
CE3 - Empregar sistemas de información xeográfica
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Preparar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar propostas de análise e xestión territorial
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
CE9 - Realizar diagnósticos integrados de acción pública
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para docencia síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten.
Desenvolveránse actividades de innovación docente ApS-Aprendizaxe por Servizo.
A avaliación será continua e dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
Entrega de informes e prácticas: 60%
Entrega de informe e traballo final: 40%
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que entregar todos os informes e traballos programados de acordo coas indicacións do profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada una destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso
Asistencia a clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Asistencia a clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
02.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
07.07.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |