Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1- Analizar a importancia que ten o territorio para a comprensión dos fenómenos políticos.
2- Valorar o feito de que o mundo conforma un sistema no que todas as partes están inter-relacionadas e que algunhas das suas pezas fundamentais, como os Estados, son entes territoriais.
3- Adquirir as capacidades que permitan desenvolver reflexións e propor solucións aos problemas que se formulan arredor da organización político-territorial do sistema mundo.
4- Advertir a riqueza e a complexidade da xeopolítica, así como a sua utilidade.
5- Reflexionar sobre os principais conflitos que existen no mundo, as súas causas, as súas consecuencias e o papel que o territorio significa neles.
6- Establecer as bases concetuais sobre as que se substenta esta rama fundamental da Xeografia humana.
Xeografía e Política: Xeografía Política, Xeopolítica, Xeografía e Poder. Estudo dos fenómenos políticos e as súas relacións co territorio. Comprensión do sistema mundo actual e da súa conformación. Análise das principais estruturas territoriais de poder e dos elementos xeográficos que axudan a entender a configuración contemporánea do mundo: Estado, Nación, Fronteira... Os espazos de fronteira. Borderscapes. Cooperación territorial. Os procesos de globalización e o valor do local. Xeografía Electoral. O uso e abuso de criterios territoriais para a conformación de distritos electorais.
Estos contidos desenvolveranse no seguinte Temario:
1- Evolución e principais conceitos da xeopolítica: sistema mundo, nación, poder, estado, etc. Diferencias con xeografia política e xeoestratexia.
2- A actual orde xeopolítica mundial: desde a Guerra Fria ate a desaparición da bipolaridade e os novos tipos de conflitos bélicos.
3- O colonialismo e os seus legados
4- A globalización e as consecuencias sobre o territorio .
5- O novo papel das Nacións Unidas e doutros organismos e institucións mundiais. As transnacionais, as cidades mundiales, os estados, as nacións e o poder do lugar.
6- As fronteiras, crise e reforzo das fronteiras.
7- A xeografia electoral. O papel do territorio nos procesos electorais.
8- A loita polos recursos naturais e a defensa ambiental no ámbito da xeopolítica
9- A aparición dun novo mapa mundial.
Estes contidos reforzaranse, de ser posible, cunha saída ao campo.
- AGNEW, J. (Ed.), (1997): Political Geography. Londres: Arnold
- AGNEW, J. (1998): Geopolitics. Londres: Routledge
- AGNEW, J. (2005), Geopolítica. Una re-visión de la política mundial. Madrid: Trama
- AGNEW, J. e MITCHELL, K. (eds.), (2003) : A companion to Political Geography. Oxford : Blackwell
- ATLAS de Le Monde Diplomatique. 2003
- BECK, U. (2002) : ¿Qué es la globalización ? Barcelona : Paidós
- CAIRO, H. e PASTOR, J. (Comps.), (2005): Geopolítica, guerras y resistencia. Madrid: Trama
- CLAVAL, P. (1994): Géopolitique et Geostratégie. París: Nathan
- COX, K. (2002): Political Geography. Oxford: Blackwell
- JOHNSTON, R., TAYLOR, P. e WATTS, M. (Ed), (2002): Geographies of Global Change. Oxford: Blackwell
- KENNEDY, P. (1994): Auge y caída de las grandes potencias. Barcelona: Plaza&Janés
- LACOSTE, Y. (Dir.), (1993): Dictionnaire de géopolitique. País: Flammarion
- LACOSTE, Y. (1977): La geografía: un arma para la guerra. Barcelona: Anagrama
- LÓPEZ TRIGAL, L. e BENITO, P. (1999): Geografía Política. Madrid: Cátedra
-MÉNDEZ, R. (2011): El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia: Tirant Lo Blanc
- NOGUÉ, J. e VICENTE, J. (2001): Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona: Ariel
- PACIONE, M. (Ed.), (1984): Progress in Political Geography. Londres: Croom Helm
- PAINTER, J. (1995): Politics, Geography and Political Geography. Londres: Arnold
- POTTER, R. et alt. (1999) : Geographies of Development. Essex: Longman
- PRATT, M. e BROWN, J. (Ed), (2000): Borderlands Under Stress. Londres: Kluwer
- SÁNCHEZ, J. (1991): Espacio, economía y sociedad. Madrid: Siglo XXI
- SÁNCHEZ, J. (1992): Geografía Política. Madrid: Síntesis
- SHORT, J. (1993): An introduction to political geography. Londres: Routledge (2ª ed.)
- TAYLOR, P. (2002): Geografía Política. Madrid: Trama (2ª ed.)
1- Comprender a importancia do territorio nos diferentes procesos políticos.
2- Diferenciar os múltiples matices que conformam a riqueza da xeopolítica.
3- Interpretar a complexidade dos fenómenos políticos desde a óptica da xeografia.
4- Analizar os conflitos políticos na perspectiva espazo-temporal.
5- Resaltar a existencia dun sistema mundo que fai que todos os procesos políticos teñan que ser analizados na perspectiva sistémica.
6- Adquirir capacidades que permitam interpretar e dar solución aos numerosos problemas que se formulan no ámbito da xeopolítica.
7-Utilizar e saber interpretar gráficos así como tirar conclusiones e resultados do material utilizado.
8-Saber expresarse corretamente de forma oral e escrita.
9-Relacionar os conteúdos da disciplina coa realidade que nos rodea.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Espazos xeográficos rexionais, Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Ordenación do territorio
CT4 - Métodos de información xeográfica
CT5 - Metodoloxía e traballo de campo
CT6 - Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio
CT7 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT8 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9 - Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas da acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10 - Expresar información cartográficamente
CT11 - Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12 - Elaborar e interpretar información estatística
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE1 - Ordenar e sintetizar a información
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemascomplexos
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
A impartición da parte teórica da materia inevitablemente terá que ser baseándose na tradicional clase maxistral, aínda que en todo momento se fomentará e valorará a participación activa do alumnado. Procuraranse desenvolver clases nas que se combine a transmisión de coñecementos co apoio das tecnoloxías da información e comunicación que faciliten ese proceso de adquisición e fixación de saberes.
Polo que respecta ás aulas interactivas o seu contido estará centrado fundamentalmente na análise de textos e nos estudos de caso que sirvan para reforzar e fixar os coñecementos adquiridos na parte expositiva da materia. A participación activa do estudantado será moi importante.
Na medida das disponibilidades existentes, haberá unha saída ao campo de carácter obrigatorio
O exame terá un valor do 60%
Os traballos a realizar nas clases interactivas valerán o 30%. As prácticas subiránse ao campus virtual nos prazos establecidos polo profesor. A non entrega das prácticas en prazo terá valor negativo
A participación activa, a colaboración e a dinamización no desenvolvemento das aulas o 10%
Será obrigatoria a asistencia ás titorías presenciais segundo o formato que se concrete na aula.
Será necesario que nos dous primeiros items a nota mínima que se alcance en cadansua valoración sexa dun 5 sobre 10. No caso de suspender a materia a nota das partes aprobadas, se as houbese, non se gardará para a seguinte convocatoria. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria
Proporase unha saída de campo, dependendo do financiamento existente, que será obrigatoria e que sumará como parte do 30% das aulas interactivas, restando valor no caso de non xustificar a inasistencia.
En caso de dispensa solicitada oficialmente por un estudante será igualmente obrigatoria a entrega das prácticas previa consulta de datas co profesor. Os criterios de avaliación serán os mesmos incorporando o 10% de participación activa ao valor do exame escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- 32 horas teóricas presencias na aula.
-16 horas de docencia interactiva con presencia na aula
-3 horas de titorías presencias no despacho do profesor
- 3 horas semanais (media) para estudo, lecturas e traballo coas fontes e interpretación de resultados, traballo de campo e titoría do traballo persoal.
- Ler a bibliografía básica.
- Ler os artigos indicados que se correspondan coas prácticas marcadas.
- Identificar claramente as dúbidas e consultalas.
- Ler de xeito habitual os xornais, especialmente algúns artigos relacionados coa materia e comentalos.
- Utilizar dicionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para acostumarse á precisión e á concreción.
-Asistir asiduamente ás clases. Lémbrase que é unha obrigación
O horario de titorías será luns, martes e mércores de 9 a 11 h.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
17.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
25.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |