Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Obxectivos da materia
Estudar o espazo mariño, así como os recursos que se obteñen del e os problemas relacionados coa utilización do mar.
Impulsar a capaciade de innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Contidos
O espazo mariño na Xeografía Humana. e Rexional. A estrutura xurisdicional do espazo mariño. Características xerais do mar e dos seus principais recursos económicos. recursos minerais. A actividade pesqueira e marisqueira dende o punto de vista da Xeografía. O mar como fonte de enerxía e como reserva de auga doce. Navegación marítima. O mar como elemento de lecer. Turismo costeiro e turismo pesqueiro. A pesca e as súas crises de sobreexplotación. A acuicultura, nas súas diferentes modalidades. O mar e a contaminación.
1.- O espacio mariño na Xeografía.
2.- Caracteres xerais do medio mariño e dos seus recursos.
3.- Xeografía Política do mar.
4.- Os recursos minerais
5.- O mar como fonte de enerxía e como reserva de auga doce.
6.- A navegación marítima.
7.- O mar como elemento de ocio.
8.- A pesca marítima.
9.- A acuicultura mariña.
10.- O mar e a contaminación.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
MONGUILOT, I.: El mar y sus recursos. Madrid, Ed. Cincel.
Suárez de Vivero, J.L. Atlas de la Europa marítima Jurisdicciones, usos y gestión. Barcelona, Ediciones del Serbal.
Outra bibliografía:
GUELLEC, J. ET LOROT, P.: Planète Océane. L’essentiel de la mer. Paris, Choiseul.
LOUCHET, A.: La planète océane. Précis de Géographie maritime. Paris, Armand Colin.
Suárez de Vivero, JL., Rodríguez Mateos, JC. La Ley de Protección del Medio Marino y la planificación especial marina: España en el contexto europeo. Ambienta: La revista del Ministerio de Medio Ambiente. Nº. 94, 2011
VALLEGA, A.: Ecumene oceano. Milano, Ed. Mursia.
Facilitarase bibliografía específica para cada tema ou conxunto de temas.
Competencias
O obxectivo principal é que o alumno obteña o coñecemento dos conceptos básicos da materia e que afiance os coñecementos teóricos co manexo e a utilización de textos, documentos, estatísticas e outras fontes.
Competencias concretas:
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT3 - Coñecer os principios da ordenación do territorio
CT4 - Combina dimensións temporais e espaciais na explicación dos procesos socio-territoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar información
CT9 - Presentar e transmitir coñecemento xeográfico
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e captura de datos no campo
CE3 - Empregar sistemas de información xeográfica
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Preparar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar propostas de análise e xestión territorial
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
CE9 - Realizar diagnósticos integrados de acción pública
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para titorización síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será continua e dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
Entrega de informes e prácticas: 60%
Entrega de informe e traballo final: 40%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar o estudantado para superala
A asignatura consta de 6 créditos ECTS. O alumno deberá dedicar a cada unha das actividades programadas a parte alícuota do total de créditos do curso.
Recomendacións para o estudo da materia
Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Carlos Ferras Sexto
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade