Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia estruturase como unha introdución teórico/práctica aos SIXs, unha ferramenta que axuda a comprender e analizar o territorio. Deste xeito, é preciso coñecer a natureza dos datos xeográficos, e como estes datos se poden adquirir e tratar.
O alumnado debe rematar sabendo deseñar un SIX básico, construír a súa propia base de datos, e ser quen de presentar a información de xeito claro e preciso, tanto conceptual como visualmente.
Considerase, pois, preciso que manexen os conceptos máis básicos dos sistemas de información xeográfica: ráster, vectorial, sistemas de coordenadas, xeorreferenciación….
Obxectivos:
•Amosar a importancia dos SIX na investigación en Xeografía.
•Coñecer os principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica.
•Desenvolver competencias relacionadas coa adquisición, manipulación e análise de información xeoreferenciada.
•Saber estruturar información xeográfica que poida ser traballada cos SIX.
•Coñecer os formatos de almacenamento ráster e vectorial
•Xestionar bases de datos relacionais
•Realizar análises e consultas espaciais
Definición e elementos dun SIX. Os datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos. Estruturas e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial. Captura, edición e integración da información xeográfica. Almacenamento de datos. Análise alfanumérica e espacial.
Estes contidos concrétanse nos seguintes temas:
1. A Ciencia da Información Xeográfica (GIScience). Conceptualización e funcionalidade dun SIX. Problemas que pode resolver un SIX. O proxecto SIX e as súas fases típicas. Primeiro contacto con ArcGisPro e QGis.
2. A natureza da información xeográfica. Os compoñentes espacial e temático. A estruturación da información en capas. Os modelos de datos ráster e vectorial. A topoloxía.
3. Fontes de información xeográfica e territorial. A recompilación da información: Bases de datos espaciais de referencia, o IGN. A xeoinformación en Internet: visores e centros de descarga, infraestruturas de datos espaciais (IDE); servizos OGC.
4. A cartografía como fonte básica de información xeográfica e instrumento de análise territorial. O deseño cartográfico: linguaxe e elementos do mapa. Simbolización cualitativa e cuantitativa. O deseño de mapas en ArcGisPro e QGis.
5. Captura e integración da información xeográfica. Formatos dixitais (imaxes, shapefiles e xeodatabases). Sistemas de referencia espacial. Métodos de xeorreferenciación, dixitalización e edición de xeodatos.
6. Análise alfanumérico. O almacenamento dos datos temáticos e o modelo de datos
relacional. A procura selectiva de información: consultas SQL e seleccións por localización espacial. Unión e relación de datos, temática e por localización. Creación e manexo de bases de datos temáticas.
7. Análise espacial Vectorial. Operacións locais. Selección, extracción e superposición xeográficas. A reclasificación espacial e temática da información. As ferramentas de xeoprocesamiento: xerais, extracción e superposición. Operacións de proximidade: Xeración e análise de áreas de influencia.
8. Análise espacial Ráster. Modelos Dixitais do Terreo (MDT): Cálculo de orientacións, pendentes e sombreado dixital. Álxebra e reclasificación ráster.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BARREDO;J. I. (1996): Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
ESRI (2020): Women and GIS, Volume 2: Stars of Spatial Science.
HARDER, C. (2015): The ArcGis Book. 10 grandes ideas sobre cómo aplicar geografía al mundo que nos rodea, ESRI. Dispoñible en http://downloads.esri.com/LearnArcGIS/pdf/es/The-ArcGIS-Book_ES.pdf
MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. (2005): Geographical Information Systems and Science., Wiley.
MENKE, K (2019): Discover QGIS 3.x: A Workbook for Classroom or Independent Study, Locate Press
OLAYA, V. (2020): Sistemas de Información Geográfica. Dispoñible en https://github.com/volaya/libro-sig/releases/
ROBINSON, A. H. et alia (1995): Elements of Cartography. New York: Wiley.
SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
CHRISMAN, N. (2002): Exploring geographic information systems. John Wiley. Nueva York, 305 pp.
Coñecementos
Con6: Tecnoloxías e sistemas de información xeográfica
Con7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
Habilidades ou destrezas
H/D1: Xestionar a complexidade xeográfica e da ordenación do territorio
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expoñer e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
H/D6: Manexar sistemas de información xeográfica
Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp4: Expresar información cartográficamente mediante sistemas de información xeográfica
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
As clases teóricas teñen por obxecto orientar a adquisición dos coñecementos e resolver aspectos de comprensión complexa. Presentaranse as liñas xerais da materia e proporcionaranse os recursos e referencias bibliográficas necesarias para que o alumnado sexa quen de completar os contidos da materia.
As clases interactivas de laboratorio, en aula de informática, serán adicadas á adquisición de habilidades no desenvolvemento instrumental dos SIX. Contémplase a posibilidade de recibir a expertos na materia tratada.
As titorías centraranse en aclarar conceptos e definir traballos. En suma, en orientar ao alumnado no seu ensino/aprendizaxe.
Usarase a Aula Virtual da USC como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula, e materiais básicos e complementarios para o estudo da materia.
Realizaranse prácticas de campo, coa visita a institución e ou empresas con proxectos SIX de interese para a sociedade e a ordenación do territorio.
Basearase en tres apartados:
1.- Demostración práctica de manexo de ferramentas SIX: 60 % da nota. A avaliación final consistirá nun suposto práctico que terán que resolver os discentes empreñando as ferramentas SIX aprendidas ao longo do curso.
2.- Traballos prácticos de entrega obrigatoria: 30% da nota.
3.- Participación activa nas sesións teóricas e de laboratorio: 10% da nota
O alumnado con dispensa académica de asistencia a clase terá que facer as mesmas probas que o resto do alumnado, e estarán dispoñibles na aula virtual os materiais das aulas de laboratorio e o a información relevante para o suposto práctico final. Nesta modalidade o peso do suposto práctico será un 70% e o dos traballos prácticos de entrega obrigatoria será un 30%.
Na segunda oportunidade a avaliación se fará do mesmo xeito que a primeira. Os alumnos/as terán que entregar todos os traballos prácticos obrigatorios feitos ao longo do curso e resolver o suposto práctico proposto como avaliación final. Neste caso o peso do suposto práctico será un 70%, e o dos traballos prácticos de entrega obrigatoria será un 30%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha materia: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Dado o carácter práctico da asignatura é necesaria unha adicación continuada ao longo da semana.
Tal como marca a lexislación vixente, a asistencia ás aulas será obrigatoria, salvo dispensa.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos prácticos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñibles as titorías.
• Revisar o Campus Virtual de xeito frecuente para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Si se asiste ás aulas con un ordenador portátil, é preciso dispoñer dun rato.
• Realización dos Cursos de Competencias da Biblioteca da Facultade: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ramón López Rodríguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
26.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
26.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
04.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |