Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Tras unha materia introdutoria de Xeografía Humana I, nesta materia centrarase a atención nos enfoques máis recentes da disciplina, asentados nos xiros das Ciencias Sociais (espacial, cultural) e nas que se poden denominar “outras xeografías”. Búscase ofrecer unha visión ampla da Xeografía, inserida de cheo nas Ciencias Sociais, conectada cos problemas do mundo actual, onde o/a xeógrafo/a adopte unha posición crítica e comprometida coa análise territorial.
• Procúrase deste xeito introducir certas temáticas que se desenvolverán en diversas materias do Grao, así como ofrecer unha revisión xeral de temas que poderán ser profundados nos seguintes cursos coa escolla de materias optativas.
Os contidos incluídos na memoria de título son:
As "outras Xeografías" e os novos enfoques en Xeografía Humana. A Xeografía como ciencia comprometida. Xeografía e xénero. Estudos fronteirizos. Paisaxes e lugares. Xeohumanidades.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte temario:
1. As novas Xeografías post 1970
2. A implicación da Xeografía no mundo actual
3. Encontros e desencontros nos límites estatais/nacionais
4. As fronteiras urbanas: desigualdades sociais e espazos de resistencia
5. A reemerxencia da paisaxe e os novos sentido do lugar
6. Xeohumanidades: unha lectura xeográfica das producións artísticas
• Aitkin, S. e Valentin, G. (2007). Approaches to Human Geography. London: Thousands Oaks.
• Albet, A. (2000). Una geografía humana renovada: lugares y regiones en un mundo global. Barcelona: Vicens Vives.
• Anoop, N. e Jeffrey, A. (2011). Geographical Thought. An Introduction to Ideas in Human Geography. Harlow [etc.]: Pearson.
• Bailly, A. e Béguin, H. (2008). Introduction à la géographie humaine. Paris: Armand Colin.
• Daniels, P. et al. (eds.) (2016). An Introduction to Human Geography. Harlow: London Prentice Hall.
• Dear, M. et al. (2011). GeoHumanities: Art, History, Text at the Edge of Place. London/New York: Routledge.
• Fouberg, E., Murphy, A. e Blij, H. de (2012). Human Geography. People, Place, and Culture. Hoboken (Ney Jersey): John
Wiley.
• Gómez Mendoza, J. (2017): La geografía humana como ciencia social. En Romero, J. (coord.) Geografía Humana de España.
València: Tirant lo Blanch, pp. 13-56.
• Hiernax, D. e Lindón, A. (coords.) (2006). Tratado de Geografía Humana. Barcelona: Anthropos.
• Lee, R. et al. (eds.) (2014). The SAGE Handbook of Human Geography. Los Angeles: SAGE.
• Lindón, A. e Hiernaux, D. (dirs.) (2010): Los giros de la Geografía Humana. Barcelona: Anthropos.
• Nogué, J. e Romero, J. (eds.) (2006). Las otras geografías. València: Tirant lo Blanch.
• Romero, J. (ed.). (2004). Geografía Humana. Madrid: Ariel.
• Sabaté, A., Rodríguez, J. e Díaz, M. (dirs.) (1995). Mujeres, espacio y sociedad: hacia una geografía del género. Madrid:
Síntesis.
Coñecementos:
Con1: Historia e pensamento da disciplina xeográfica
Con2: Grandes rexións e xeopolítica do mundo
Con7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
Habilidades ou destrezas:
H/D1: Xestionar a complexidade
H/D2:Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera
humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expoñer e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
• As aulas expositivas concentrarán a explicación dos apartados teóricos, a través de diapositivas (sobre todo aparello gráfico e cartográfico) e unha escolma de materiais para o seguimento das sesións: procurarase en todo momento a participación activa do alumnado.
• As aulas interactivas consistirán en traballos individuais ou en grupo, nas que se abordarán distintos aspectos do temario. Nestas sesións é fundamental a participación activa do alumnado, que será supervisada por parte do docente.
• Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo (xunto con outros materias do Grao, de ser posible) onde se poñan en práctica os contidos acadados na aula.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por coñecementos, habilidades/destrezas e competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. Seguiranse estes criterios
1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. As entregas referidas ás aulas interactivas terán que realizarse nas datas que indique o profesor, polo xeral, no prazo dunha semana desde a finalización da actividade.
2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia; no caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3. Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4,5 no exame e un 5 nas entregas. O alumnado deberá superar ambas as dúas partes. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
4. Aos/ás alumnos/as coa dispensa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
• A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre aulas presenciais e actividades non presenciais.
• Ler a bibliografía básica e os materias de apoio que se entreguen.
• Manter unha posición crítica e activa durante o desenvolvemento das aulas.
• Entregar os traballos en tempo e forma.
• Realizar as presentación orais cando se indiquen.
• Empregar as titorías para o seguimento da materia.
• Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
* Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Manuel Trillo Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
19.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |