Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 42 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia Français I é alcanzar como mínimo un grao de competencia comunicativa de comprensión e produción oral que supoñería un nivel A1 segundo os descritores do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Desempeña un papel introdutorio no que se aseguran os conceptos básicos. Non se esixe ningún tipo de coñecementos previos, polo que a aprendizaxe parte de cero.
Preténdese que quen curse esta materia alcancen este nivel nalgúns aspectos tanto de francés xeral como de francés específico orientado ao ámbito turístico-hostaleiro.
Un obxectivo permanente durante todo o curso é traballar tamén competencias xenéricas como coñecemento de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo, desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, resolución de problemas, responsabilidade persoal e profesional (aprendizaxe autónoma) e respecto e tolerancia durante a aprendizaxe.
Bloque 1:
•Manexar técnicas de comunicación en francés como segunda lingua estranxeira en situacións de inmediata necesidade que requiran comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de producións orais breves, claras e sinxelas, transmitidas de viva voz ou por medios audiovisuais articuladas a unha velocidade lenta en lingua estándar.
•Familiarizarse cos elementos básicos de fonética (alfabeto, pronuncia e entoación).
Bloque 2:
•Adquirir habilidades comunicativas de forma oral e escrita en francés como segunda lingua estranxeira: coñecemento e uso da lingua en diferentes ámbitos profesionais típicos das organizacións turísticas, e moi especialmente nas situacións propias da operativa da área de Alimentos e Bebidas.
-Coñecer e aplicar o procedemento operativo do ámbito da restauración e a gastronomía. O obxectivo é distinguir as áreas operativas das distintas modalidades de restauración, saber aplicar os diferentes procesos, procedementos e técnicas culinarias e realizar unha análise completa do seu proceso produtivo.
-Adquirir léxico de especialización e traballar con aspectos gramaticais útiles para situacións que serán recorrentes nos seus futuros postos de traballo no sector hostaleiro.
•Desenvolver aptitudes e sensibilidade para comprender costumes e ámbitos socioculturais dos países francófonos.
• Manexar a lingua para facilitar as relacións interpersoais e favorecer unha formación integral, desenvolvendo o respecto cara a outros países, os seus habitantes e as súas culturas.
1.Utilización de recursos na internet para aprender francés xeral e específico
2.Técnicas de estudo e procesos de aprendizaxe
3.Aspectos prosódicos fundamentais e sistema fonético do francés
4.Módulo gramatical de francés en uso
5.Información persoal e descricións
6.Aspectos da vida cotiá (rutinas, afeccións e tempo libre)
7.Localización no tempo (horas, datas, etc.)
8.Localización no espazo
9.Ámbitos concretos da operativa de restaurante (postos de traballo, ferramentas e equipamento, montaxe de mesa, toma de reservas e recepción de clientes, descrición dos pratos dun menú, toma de comanda de bebida e comida, atención de peticións e resolución de queixas sinxelas)
10.Ámbitos concretos da operativa de cociña (postos de traballo, tipos de alimentos, ingredientes, métodos de preparación e cocción, interpretación de receitas)
11.Aspectos socioculturais (horarios e hábitos de comidas, gastronomía e pratos típicos, eventos deportivos, normas de cortesía, xeografía básica: países francófonos máis importantes)
•Bibliografía básica
Os contidos da materia están recollidos no Manual (Cours) que se atopa no campus virtual do CSHG. É esencial que accedan habitualmente, pois nesta plataforma compártense materiais didácticos adicionais, así como información relativa á organización da materia.
-Dubois, A.-L- & Tauzin, B. (2020). Objectif express 1: Le monde professionnel en français. Hachette. Paris.
-Cignatta, T. (2005). Rue Mouffetard, le français de l’alimentation et de la restauration. Cideb Editrice. Genova.
-Corbeau, S., Dubois, C., Penfornis, J.-L. & Semichon, L. (2006). Hôtellerie-restauration.com. Clé International. Paris.
-Descotes-Genon, C. & Szilagyi , E. (1995). Pratique du français de l’hôtellerie, de la restauration et de la cuisine. Presses universitaires de Grenoble. Grenoble.
-Mota Iglesias, A. (2000). Au service du client. Editorial Paraninfo. Madrid.
-Reboul, A., Boulinguez, A.-C. & Fouquet, G. (2012). Mobile A1. Éditions Didier. Paris.
•Bibliografía complementaria:
-Dicionarios e léxicos
http://www.wordreference.com/esfr/
http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=823972
http://lexiquefle.free.fr/
-Recursos xeralistas
www.lepointdufle.net [Biblioteca de recursos para o estudo do Francés como Lingua Estranxeira (FLE)]
www.francaisfacile.com
http://lewebpedagogique.com/ressources-fle/
www.laits.utexas.edu/fi/tv/index.php [Curso de francés interactivo moi completo]
-Recursos de especialidade (francés da hostalería e o turismo)
https://www.lefrancaisdesaffaires.fr/tests-diplomes/diplomes-francais-p… [Certificat du français du tourisme et de l’hôtellerie (CFTH)]
http://www.lepointdufle.net/specialite.htm
http://www.appuifle.net/tourisme/index.htm
www.appuifle.net/tourisme/voc.htm [exercicios co vocabulario específico do turismo]
-Fonética
Síntese vocal: permite escribir palabras ou textos curtos que o programa logo pronuncia: https://ttsdemo.com/
-Gramática
http://www.leconjugueur.com/
http://www.vatefaireconjuguer.com/
http://micetf.fr/conjugaison/ [Xerador de exercicios de conxugación]
-Medios francófonos
http://www.lepointdufle.net/medias-pour-la-classe
http://www.hhmmss.com/
http://radio.garden/
•Básicas e Xerais
B4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
G1-Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade.
•Transversais
T4-Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo.
T5-Resolución de problemas e toma de decisións.
T9-Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.
T11-Aprendizaxe autónoma permanente e adaptación a novas situacións.
AV3-Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional.
•Específicas
E9-Manexar técnicas de comunicación.
E11-Comunicarse de forma oral e escrita en inglés ou nunha segunda lingua estranxeira.
E13-Coñecer e aplicar o procedemento operativo do ámbito de restauración e a gastronomía.
E17-Traballar en contornas socioculturais diferentes vinculados coa actividade hostaleira.
A metodoloxía empregada baséase principalmente nun enfoque comunicativo e plurilingüe cuxo obxectivo é conseguir que os estudantes se comuniquen eficazmente en contextos da súa actividade profesional nos que coexisten varios códigos lingüísticos e falantes de diferentes idiomas.
A comunicación oral será o principal obxectivo polo que na aula traballarase utilizando un modelo participativo e sempre en francés, excepto en casos puntuais en que sexa necesario recorrer ao español. O material didáctico, o enunciado dos exames e a comunicación cos estudantes será o francés ou o español.
Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases presenciais (carga lectiva en semanas alternas: 4 sesións de 50 minutos no 1.º cuadrimestre e 5 sesións no 2.º) e para alcanzar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa do alumnado en todas as actividades cuxo obxectivo fundamental consiste en usar a lingua poñendo en práctica distintas actividades de Interacción, Recepción, Produción e Mediación (por ex. diálogos interactivos, xogos de rol, presentacións, etc.).
O material do curso estará dispoñible no Campus Virtual do CSHG.
Dado o carácter aplicado e práctico desta materia, o alumnado deberá acudir a clase cos apuntamentos impresos.
Para o desenvolvemento da materia utilizaranse os seguintes métodos de ensino-aprendizaxe:
•Clases expositivas (teóricas): sesións desenvolvidas na aula para introducir e explicar os contidos básicos dos temas que comprende o programa da materia (elementos principais da gramática e do léxico), recalcando aqueles aspectos máis notables para expresarse de forma correcta e dinámica. Realizaranse tamén exercicios de aplicación.
•Clases interactivas (prácticas): durante estas sesións, tratarase de poñer en práctica os elementos teóricos e apropiarllos de forma máis concreta a partir de actividades orais e co manexo de textos, de documentos sonoros e audiovisuais auténticos, e así descubrir á vez a lingua e a cultura francófona. Realizaranse tamén actividades de reforzo como complemento ao traballo individual autónomo do estudante (vocabulario, conceptos, estruturas gramaticais, etc.).
•As sesións que terán lugar na aula multimedia dedicaranse ao traballo con distintos materiais multimedia para desenvolver as competencias de comprensión e produción oral. Outro obxectivo destas sesións é o de familiarizar aos estudantes co uso de distintas ferramentas de aprendizaxe do francés dispoñibles na internet. Estes recursos servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe individual e autónoma que debe acompañar as actividades presenciais para alcanzar os obxectivos da materia.
•A parte de traballo persoal do alumnado inclúe, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades e tarefas sinaladas polo profesorado (utilización do Campus Virtual para reforzar contidos orais; manexo doutros recursos web dispoñibles: exercicios de gramática, de repaso, exercicios de perfeccionamento, ampliación de vocabulario e comprensión oral e escrita).
Cada estudante ten que desempeñar un papel activo no seu proceso de aprendizaxe avaliando as súas necesidades individuais e realizando o traballo autónomo en función destas (sacar o máximo rendemento ás clases presenciais, reforzar o seu proceso de aprendizaxe con actividades complementarias, adaptar o esforzo persoal necesario e a motivación para alcanzar os obxectivos marcados). Igualmente ten que utilizar estratexias de aprendizaxe que rendibilicen ao máximo o traballo que realiza.
•Actividades adicionais de conversación e reforzo gramatical. En función da dispoñibilidade para levar a cabo estas actividades, poderanse esixir clases de conversación e/ou reforzo.
A materia Français I avaliará aspectos de Interacción, Recepción, Produción e Mediación en relación coas competencias escrita, de comprensión oral e de produción oral. Para superar a materia, o estudante terá que demostrar que adquiriu os coñecementos e as habilidades necesarias cumprindo coas actividades programadas e avaliadas.
Para aprobar a materia é imprescindible alcanzar como mínimo unha nota de 5/10 en cada unha das tres competencias avaliadas.
o Primeira oportunidade ordinaria:
1)Sistema de avaliación continua
O seguimento do traballo de aula valorarase tendo en conta a participación en clase, a actitude xeral cara á materia ou calquera outro criterio que se considere adecuado. O seu incumprimento penalizará a nota nun 10%.
Ao longo de todo o curso realizaranse varias probas avaliables para cada unha das tres competencias. Todo o contido da materia avaliarase tendo en conta a seguinte ponderación:
•Competencia escrita: 40% (*)
•Competencia comprensión oral: 30% (*)
•Competencia produción oral: 30% (*)
(*) Nas probas de avaliación, os estudantes realizarán algúns exercicios nos que se lles esixirá superar uns requisitos mínimos. En caso de non superar estes mínimos, a nota do exercicio será 0.
En cada competencia, cando a media ponderada de todas as probas avaliables sexa igual ou superior a 5/10, a avaliación continua representará o 100% da nota.
2)Exame final en primeira oportunidade
Os estudantes terán que presentarse a aquela/s competencia/s suspensa/s durante a avaliación continua e avaliarse do contido de todo o curso. A nota de cada competencia será o resultado da media do control continuo (60%) e do exame final (40%).
De non alcanzar un 5/10 na/s competencia/s presentada/s en primeira oportunidade ordinaria, a materia estará suspensa e a cualificación global será a nota da competencia máis baixa. Os estudantes terán que examinarse en segunda oportunidade extraordinaria das competencias non superadas.
A cualificación global da materia será a nota media ponderada das 3 competencias aprobadas, aplicándose as ponderacións seguintes: Competencia escrita, 40%, Comprensión oral, 30% e Produción oral, 30%.
Aqueles estudantes exentos de presentarse ao exame final de primeira oportunidade ordinaria e que, con todo, queiran subir nota, poderán presentarse nesta 1.ª oportunidade. As notas de control continuo quedarán anuladas e os estudantes terán que examinarse das tres competencias.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e é parte importante da formación do estudante. Por esta razón, as ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e afectarán á cualificación das probas avaliables:
•Se o estudante alcanza un 30% de ausencias (23 faltas), esto conlevará unha penalización de -1 punto; o 60% de ausencias (45 faltas) conlevará unha penalización de -2 puntos.
•Se o estudante alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais anuais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade extraordinaria:
O alumnado que non supere a materia en primeira oportunidade ordinaria terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
Mantéñense as notas de todas as competencias xa aprobadas e o estudante examinarase só da/s competencia/s non superada/s. A nota de cada competencia será o resultado da media do control continuo (40%) e do exame final (60%).
De non alcanzar un 5/10 na/s competencia/s presentada/s, a materia estará suspensa, e a cualificación global será a nota da competencia máis baixa.
A cualificación global da materia será a nota media ponderada das 3 competencias aprobadas (Competencia escrita, 40%, Comprensión oral, 30% e Produción oral, 30%).
o Convocatorias posteriores
O estudante examinarase das tres competencias.
A nota global será a suma ponderada destas 3 competencias (Competencia escrita, 40%, Comprensión oral, 30% e Produción oral, 30%).
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
Clases expositivas (23 horas)
Clases interactivas (35 horas)
Sesións na aula multimedia (7 horas)
Exames e titorías (10 horas)
Traballo autónomo do estudante (45 horas).
Ao tratarse dunha materia de iniciación, para cursar esta materia non é necesario ningún coñecemento previo de francés. Con todo, é recomendable ter coñecementos de informática a nivel usuario para a realización de tarefas e para a procura de información e de materiais de apoio na internet.
Así mesmo, para integrar o valor de diversidade e multiculturalidade, é imprescindible que de maneira autónoma os estudantes dediquen tempo ao contacto co francés en contexto real: utilizar todos os recursos ao seu alcance como lectura da prensa francófona, películas e series en versión orixinal, noticias, documentais, radios e canles de televisión francesas en liña, contactos con nativos, etc.
Os estudantes deben obter o máximo rendemento das clases, por iso un método activo é esencial: débese usar ao máximo o francés e participar activamente en todas as tarefas, xa que é unha parte fundamental da metodoloxía do curso adquirir a fluidez necesaria para traballar na devandita lingua.
•Prácticas académicas en empresa
Todos os idiomas teñen relevancia para a realización das prácticas académicas en empresa (stages), tanto en España, ao poder atoparse o estudante en situacións reais con clientes estranxeiros, como loxicamente no estranxeiro.
No caso de realizar o stage nun país francófono, os coñecementos adquiridos neste curso serán unha base mínima que o estudante deberá completar segundo as esixencias do mercado. O stage facilita a toma de conciencia das necesidades, limitacións e competencias do estudante; tamén permite reforzar as súas habilidades comunicativas e motivarlle para continuar aprendendo e mellorar o seu nivel.
•Dispensa de asistencia a clase
Aqueles estudantes que solicitasen dispensa de asistencia a clase, tal e como figura no apartado 3.1.3 do Regulamento Interno, serán convocados a un exame oral, de escoita e escrito de valoración do nivel de idioma. Para obter dita dispensa, deberán superar as probas específicas e obter unha cualificación mínima de 8 sobre 10 en cada unha das partes.
Neste caso, obterá dispensa para o ciclo completo da titulación, non poderá asistir a clase e no seu expediente figurará, en cada un dos cursos do idioma correspondente, a cualificación final obtida nas probas específicas.
Jose Rodríguez Vázquez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- jose.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable