Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 20 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dar a coñecer a organización estrutural da célula, a súa composición macromolecular, o funcionamento dos distintos compoñentes e as relacións intercelulares e co medio extracelular.
- Coñecer o manexo do microscopio e aprender a identificar células e os seus orgánulos en preparacións de microscopía óptica e en micrografías de microscopía electrónica.
- Coñecer outras metodoloxías básicas utilizadas en Bioloxía Celular.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (33 h)
Introdución (1,5 h)
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.
Membrana plasmática (4 h)
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (4,5 h)
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Sistemas de endomembranas (3,5 h)
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparello de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4,5 h)
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Microcorpos.
Citosol (0,5 h)
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas.
Motilidade celular e citoesqueleto (4 h)
TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos.
TEMA 19.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (4,5 h)
TEMA 20.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 21.- División celular.
TEMA 22.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2 h)
TEMA 23.- Determinación, diferenciación e avellentamento celular.
TEMA 24.- Morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h)
TEMA 25.- Sinalización celular.
TEMA 26.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 27.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (10 h, 2 h cada práctica)
PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Técnicas aplicadas a Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular
RÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais e vexetais
PRÁCTICA 4.- Observación de funcións celulares
PRÁCTICA 5.- División celular: mitose e meiose.
SEMINARIOS 10 seminarios, 1 h por seminario)
Os alumnos deberán de preparar os seminarios propostos polo profesor da materia. Nos seminarios, os alumnos terán que resolver problemas sobre cada tema ou sobre temas relacionados ca materia. A data na que se tratará cada seminario será proposta a principio de curso. Relación de seminarios: 1. A orixe da célula. 2. Membrana plasmática. 3. Núcleo e mecanismos xenéticos. 4. Sistema de endomembranas. 5. Mitocondrias e cloroplastos; 6. Citoesqueleto. 7. Ciclo e división celular. 8. Determinación, diferenciación e morte celular. 9. Células nai. 10. Sinalización celular
TITORÍAS ( Unha titoría de 1 h)
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas dos alumnos en relación ca mesma. As titorías faranse de maneira virtual, utilizando la plataforma Teams.
BÁSICA.
Alberts, B., et al. (2021). Introducción a la biología celular. 5ª ed.
Madrid: Editorial Médica Panamericana. Recurso en liña
Cooper, G. M.; Hausman, R.E. (2021). La célula. 8ª ed. Madrid: Editorial Marbán
Karp, G. (2020). Biología celular y molecular: conceptos y experimentos.
8ª ed. México: MacGraw-Hill Interamericana. Recurso en liña
COMPLEMENTARIA
Alberts, B., et al. (2016). Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
Lodish,H., et al. (2023). Biología celular y molecular. 8ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
PRÁCTICAS E TÉCNICAS
Montuenga, L., Esteban, F.J., Calvo, A. (2009). Técnicas en histología y
biología celular. Barcelona: Elsevier Masson
Ruíz, M. S., Rodicio, M.C., Corujo, A. (1985). Cuaderno de prácticas de
citología e histología vegetal y animal. Santiago de Compostela: Servizo
de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de
Compostela
Sepúlveda, J. (2011). Histología: biología celular y tisular:
instructivo de laboratorio. México: McGraw-Hill
INFORMACIÓN EN INTERNET
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Libros de clase.
http://www.pubmed.com (books)
3.- Bioloxía Celular.
http://www.pubmed.com
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
Coñecementos/contidos: Con01, Con03, Con05, Con06, Con07
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08
Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp06
Utilizaranse:
- Clases expositivas. A asistencia á clase é recomendable pero non é obrigatoria.
- Clases interactivas de seminario en grupos reducidos. Os/as alumnos/as participarán coa preparación e discusión dos temas propostos. Ademais, e para completar esta actividade, terán que resolver cuestionarios de preguntas relacionadas con cada tema a través da plataforma Moodle. A participación nos seminarios e obrigatoria para tódolos alumnos/as.
- Clases interactivas de laboratorio e de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre. As prácticas son obrigatorias para tódolos alumnos/as, salvo aqueles que xa as fixeran en cursos anteriores.
- Titorías (unha titoría), na que explicarase a dinámica do curso, contidos, avaliación, etc.
- A nota final será a suma da nota obtida no exame de teoría, no de prácticas e na participación/elaboración dos seminarios.
- O exame representará o 75 % da nota final. Este exame incluirá seccións dedicadas a avaliar a teoría e os seminarios. A materia dividirase en dúas partes. A primeira parte comprende os temas 1 a 15, ambos incluídos. A segunda parte comprende os temas 16 a 27. Os alumnos terán a posibilidade de superar a materia realizando un exame parcial da primeira parte (elimina materia) e un único exame final (decembro/xaneiro). Os exames serán comúns para os dous grupos de clases expositivas. Para aprobar a materia, é necesario aprobar as dúas partes. No caso de non superar a materia neste exame, haberá outra oportunidade en xuño/xullo. Neste segundo caso, manteranse as mesmas condicións que para o exame anterior.
- Os/as alumnos/as deben elaborar os seminarios e responder ás preguntas relacionadas cos mesmos formuladas polo profesor. A nota obtida está en función da participación na clase e da valoración dos cuestionarios que se farán utilizando a plataforma Moodle, o que suporá o 20% da nota final. A asistencia aos seminarios é obrigatoria, sendo necesario asistir polo menos a un 80% dos mesmos.
- A asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo necesaria para aprobalas. É necesario ter aprobadas as prácticas para poder aprobar a materia. O exame de prácticas será opcional e terá un valor do 5% da nota final.
- Os alumnos/as repetidores que superaron as prácticas non terán que volver realizalas nin facer o exame, conservándoselle a nota do curso anterior.
Os instrumentos utilizados para avaliación incluirán a avaliación das seguintes competencias:
-Exame teórico: Con01, Con03, Con05, Con06, Con07, H/D01, H/D02
-Seminarios: H/D01, H/D03, H/D08, Com01, Comp02, Comp03, Comp06
-Titorías e prácticas: H/D01, H/D02, Comp04
- Teoría: 33 horas presenciais e 67 horas de traballo persoal (horas totais: 100).
- Preparación de seminarios: 20 horas de traballo persoal (horas totais:20).
- Asistencia a seminarios: 10 horas presenciais (horas totais: 10).
- Prácticas de laboratorio: 8 horas presenciais e 4 horas de traballo persoal (horas totais: 12).
- Prácticas de computador: 2 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal (horas totais: 4).
- Titorías personalizadas: 1 hora presencial (horas totais: 1).
- Realización de exames: 3 horas presenciais (horas totais: 3).
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Preparación dos contidos dos seminarios previamente a exposición na clase
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Recoméndase o estudo diario da materia polo libro seguindo as indicacións dos profesores. Unha vez estudada, o alumno deberá responder as preguntas propostas nos seminarios, comprobar se estas respostas son correctas e repetir o estudo e a autoavaliación as veces que sexan necesarias. Finalmente, o alumno deberá resolver os problemas propostos nos seminarios.
Como se explicará na primeira titoría, os contidos da materia, prácticas e seminarios estarán dispoñibles para os/as alumnos/as na plataforma Moodle. Para calquera dúbida ou en caso de necesitar axuda relacionada con esta materia, os/as alumnos/as poderán contactar co profesor directamente no horario de titorías, a través de correo electrónico ou a través da plataformas Teams.
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Rodriguez Diaz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816942
- Correo electrónico
- miguelangel.rodriguez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Lamas Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Romaus Sanjurjo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- daniel.romaus.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Aroa Ferrer Pinos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- aroa.ferrer.pinos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Cristina Riobello Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- cristina.riobello [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Marina Leonor Perez Sanz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- marina.perez.sanz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula virtual |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |