Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Entender a bioloxía, reproducción, ciclos vitais e diversidad dos cormófitos
Comprender e manexar terminoloxía científica básica relacionada coas plantas vasculares
Recoñecer as principais liñas filoxenéticas das plantas vasculares
Coñecer os taxa de especial importancia aplicada
Perceber o papel destes vexetais nos ecosistemas
Concienciar aos alunos sobre os temas medioambientais e conservacionistas
Tamén deberá ser capaz de identificar material fresco mediante chaves de identificación.
Programa Expositivo (36 h)
Tema 1. Div. Pteridophyta. (7 h)
Tema 2. Introducción ás plantas con semente. División Spermatophyta. (1 h)
Tema 3. As Ximnospermas, filoxenia e evolución. (3 h)
Tema 4. Clase Cycadopsida.Clase Ginkgoopsida. (3 h)
Tema 5. Clase Coniferopsida.Clase Gnetopsida. (3 h)
Tema 6. As Anxiospermas, filoxenia e evolución. (3 h)
Tema 7. Clase Magnoliopsida. A flor. Raiz, caule e follas. (5 h)
Tema 8. Polinización. O froito. (2 h)
Tema 9. Subclase Magnoliidae. Subclase Liliidae. (3 h)
Tema 10. Subclase Rosidae. Eurrósidas I. Eurrósidas II. (3 h)
Tema 11. Euastéridas I. Euastéridas II. (3 h)
Programa Interactivo (Laboratorio) (12 h)
Práctica 1. Identificación de Pteridófitos e Anxiospermas. (2h)
Práctica 2. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica 3. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica 4. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica 5. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica 6. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Aula interactiva de campo (5 h).
Realizarase unha práctica de campo obrigatoria de 5 horas de duración que consistirá no estudo e identificación de diversas plantas vasculares no seu medio natural. Esta práctica realizarase no Parque Natural das Fragas do Eume ou nas próximidades de Santiago de Compostela dependendo da disponibilidade de financiamento.
Titoría (1 hora).
Nela complementarase o labor a desenvolver nas prácticas de laboratorio facilitando ao alumno os coñecementos esenciais que ten que manexar para a identificación de plantas vasculares con chaves ademais de identificar algunhas árbores, preferentemente ximnospermas, na contorna do Campus Vida e a Alameda de Santiago.
Exame das prácticas de laboratorio (1 hora)
Ao rematar as prácticas de laboratorio realizarase un control escrito aos alunos non repetidores consistente nun exame de tipo test sobre os contidos impartidos en ditas prácticas. A cualificación obtida en dito control representará un 20% da cualificación final obtida polo aluno.
Este control escrito será presencial e é obrigatorio para os alunos non repetidores.
Exame (3 horas)
Proba escrita presencial no que se avaliará o coñecemento dos contidos da asignatura. Obrigatoria para todos os alunos e complementaria á avaliación continua.
Bibliografía básica
-Angiosperm Phylogeny Website, version 13: http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/
- APG III. 2009. An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III. Bot. J. Soc. Linn. 161: 105-121.
- Bonnier G.& De Layens, G. 1993. Claves para la determinación de plantas vasculares. Barcelona: Omega .
- Font Quer, P. 1982. Diccionario de Botánica. Barcelona: Labor.
- Simpson, M. G. 2010. Plant Systematics. 2nd. ed. Amsterdam, Boston, etc: Academic Press.
- Strasburger, E. et al. 2004 .Tratado de Botánica.9ª ed. Barcelona: Omega.
Bibliografía complementaria
- García Martínez, X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Vigo: Xerais de Galicia.
- Heywood, V.H. et al. 2007. Flowering Plant Families of the world. Kew: Royal Botanic Gardens.
- Judd, W.S. et al. 2008. Plant Systematics. A phylogenetic aproach. 3rd ed. Sunderland: Ed. Sinauer Associates.
- Merino, B. 1905-1909. Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago de Compostela: Tipografía Galaica. 3 vols.
O estudantado despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de plantas vasculares, recoñecendo deste xeito a súa estructura e diversidade ademais das formas de vida e os seus modos de reprodución.
As competencias básicas e xerais serán as que figuran na Memoria de Grao en Bioloxía en vigor.
Coñecementos/contidos: Con04, Con08
Habilidades/destrezas: H/D03, H/D05, H/D07, H/D08, H/D09a
Competencias: Com01, Comp03, Comp05
- Aulas expositivas
As aulas impartiranase en formato de lección maxistral polo profesor e serán presenciais. A asistencia non é obrigatoria.
- Aulas interactivas de laboratorio: Realizaranse en 6 sesións de 2 horas de duración. Serán presencias e de asistencia obrigatoria para os alunos non repetidores. Tomarase lista como sistema de control de asitencia.
Aprendizaxe do uso de chaves para a identificación de plantas. Estudo da morfoloxía, estructuras vexetativas e reproductoras das especies vasculares mais características.
- Aula interactiva de campo, de 5 horas de duración. Será presencial e de asistencia obrigatoria para os alunos non repetidores. Tomarase lista como sistema de control de asitencia.
A práctica de campo inicialmente prevista para desenvolver no Parque Natural das Fragas do Eume podería ser substituida por un percurso nas inmediacións do Monte Pedroso de Compostela.
- Titoría de 1 hora de duración. Será presencial e de asistencia obrigatoria para os alunos non repetidores. Tomarase lista como sistema de control de asitencia.
Nela complementarase o labor a desenvolver nas prácticas de laboratorio facilitando ao aluno os coñecementos esenciais que ten que manexar para a identificación de plantas vasculares con chaves ademais de identificar algunhas árbores, preferentemente ximnospermas, na contorna do Campus Vida e a Alameda de Santiago.
- Exame das prácticas de laboratorio de unha hora de duración. Ao rematar as prácticas de laboratorio realizarase un control escrito aos alunos non repetidores consistente nun exame de tipo test sobre os contidos impartidos en ditas prácticas. A cualificación obtida en dito control representará un 20% da cualificación final obtida polo aluno.
Este control escrito será presencial e é obrigatorio para os alunos non repetidores.
- Exame de 3 horas. Proba escrita presencial no que se avaliará o coñecemento dos contidos da asignatura. Obrigatoria para todos os alunos e complementaria á avaliación continua.
- Exame teórico final
Realizarase un exame escrito ao finalizar a asignatura e a cualificación final obterase segundo a seguinte ponderación:
A cualificación do exame teórico representará o 80% da cualificación final para os alunos non repetidores. Para os alunos repetidores a cualificación do exame teórico representará o 100% da cualificación final. Neste exame amais das preguntas sobre o temario teórico que serán maioritarias incluiranse preguntas relacionadas cos contidos e actividades desenvolvidas nas prácticas de campo ou coa documentación específica relacionada coas prácticas de campo accesible on line ou fornecida aos alunos a través da aula virtual. Este exame é unha proba complementaria á avaliación continua. Será presencial e de asistencia obrigatoria para poder aprobar a asignatura. Consistirá nun número inferior a 15 de preguntas curtas.
Para o exame de segunda oportunidade as condicións en canto ao tipo de exame e sistema de cualificación serán iguais ás do de primeira oportunidade conservandose a cualificación do exame de prácticas de laboratorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Exame das prácticas de laboratorio
Ao rematar as prácticas de laboratorio realizarase un control escrito aos alunos non repetidores consistente nun exame de tipo test sobre os contidos impartidos en ditas prácticas. A cualificación obtida en dito control representará un 20% da cualificación final obtida polo aluno.
Este control escrito será presencial e é obrigatorio para os alunos non repetidores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Non se poderá aprobar a asignatura se o aluno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na cualificación do exame teórico.
- Entre convocatorias do mesmo curso académico unicamente se conserva a cualificación do exame de prácticas de laboratorio. Os alunos repetidores non estan obrigados a realizar as prácticas de laboratorio e de campo, a asistir á titoría nin a realizar o exame de prácticas.
Nas probas oficiais serán avaliadas as competencias:
Con04, Con08, H/D03, H/D05, H/D07, H/D08, H/D09a, Com01, Comp03, Comp05
Traballo presencial na aula:
.- Aulas maxistrais 36h
.- Prácticas de laboratorio 12h
.- Prácticas de campo 5h
.- Titorías 1h
.- Exames 4h
.- Total horas de traballo presencial 58h
Traballo persoal do estudante:
.- Total horas de traballo persoal do estudante 92h
Total horas de traballo presencial e persoal do alumno: 150 horas
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Estudo diario dos contidos impartidos nas aulas.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso das titorías para cualquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
As titorías serán fundamentalmente presenciais.
- Estudar regularmente a materia, evitando acumular as horas de estudo nos últimos dias do curso.
- Haberá unha aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado.
- Canles de comunicación directa co alumnado:
Comunicación presencial , pola aula virtual e correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Santiago Ortiz Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814976
- Correo electrónico
- santiago.ortiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Miguel Serrano Perez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Pilar Diaz Tapia
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- pilar.diaz.tapia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |