Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Manexar a terminoloxía e as metodoloxías de estudo da etoloxía. Coñecer os mecanismos causais do comportamento animal. Explicar os conceptos e procesos básicos da evolución do comportamento e da ecoloxía. Describir os principais comportamentos dos animais en relación coa explotación dos recursos, a sociabilidade e a reprodución. Aplicar o estudo do comportamento animal á conservación.
• PROGRAMA DE TEORÍA (25 H)
1) Causalidade e aprendizaxe (4 h). Mecanismos causais do comportamento. Influencia de factores internos e externos. Ontoxenia e filoxenia do comportamento animal. Aprendizaxe.
2) Explotación de recursos (6 h). Comportamento trófico. Toma de decisións: Modelos de forraxeo óptimo. Competencia polos recursos. Modelos. Estratexias evolutivamente estables. Interaccións predador-presa. Teoría de xogos. Coevolución e carreiras de armamentos.
3) Sociabilidade (8 h). A vida en grupos. Comunicación. Sinais e os seus tipos. Información. Ritualización.
4) Reprodución (6 h). Sistemas de apareamento. Selección sexual. Coidado parental.
5) Conservación (1 h). Ecoloxía do comportamento e conservación.
• SEMINARIOS (4 H)
Métodos de estudo do comportamento.
• PRÁCTICAS DE CAMPO (10 H)
Estudo de aspectos do comportamento de tetrápodos.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS/ALUMNO)
Orientadas ao deseño e execución do traballo práctico e á resolución de dúbidas.
Contidos das titorías:
Tutoría 1: Concreción do traballo práctico. Onde buscar bibliografía. Planificación do traballo de campo. (1,5 h).
Tutoría 2: Pautas de análises da información recadada. Resolución de dúbidas (0,5 h).
EXAMEN (2 H)
Abarcará os contidos impartidos nas clases expositivas e seminarios.
BÁSICA
BOLHUS, J.J.; GIRALDEAU, L-L. & HOGAN, J.A. 2022. The Behavior of Animals. Mechanisms, Function, and Evolution. Wiley Blackwell, Hoboken.
CARRANZA, J. (Ed.). 1994. Etología. Introducción a la Ciencia del Comportamiento. Universidad de Extremadura.
KAPPELER, P.M. 2020. Animal Behaviour. An evolutionary perspective. Springer, Cham.
KREBS, J.R. & DAVIES, N.B. 1991. Behavioural ecology. An evolutionary approach. Blakwell, London.
MAIER, R. 2001. Comportamiento animal. Un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill.
ALCOCK, J. 2009. Animal Behavior. An evolutionary approach. Sunderland, Mass., Sinauer Associates
COMPLEMENTARIA
BATESON, P. & MARTIN, P. 1993. Measuring behaviour. An introductory guide. Cambridge University Press, Cambridge.
LEHNER, P.N. 1996. Handbook of Ethological Methods. Cambridge University Press, Cambridge.
- Coñecementos/contidos: Con04
- Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08
- Competencias: Comp01, Comp02, Comp05, Comp06
A metodoloxía de ensino sustentarase en clases teóricas (maxistrais), seminarios e clases prácticas de campo. Todas estas actividades terán un carácter presencial. As clases expositivas, titorías e prácticas de campo serán obligatorias.
As titorías serán presenciais e estarán orientadas tanto á resolución de dúbidas como á preparación e desenvolvemento do traballo práctico experimental.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a través do Campus Virtual da USC.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Combínase a realización dunha proba final presencial (50% da nota final) coa avaliación continua mediante control de asistencia (5% nota final) e redacción de traballo individual relativo á parte experimental da materia (45% nota final).
Para os estudantes matriculados por primeira vez, na primeira oportunidade seguiranse os seguintes criterios:
a) Clases maxistrais. A asistencia documentarase mediante folla de firmas. A asistencia ás clases maxistrais, seminarios e titorías personalizadas ponderará ata un 5% na nota final da materia.
b) Prácticas de campo. Serán de asistencia obrigatoria, sendo a súa realización requisito necesario para a superación da materia.
c) Seminarios. O contido impartido nos seminarios será obxecto de avaliación no exame da materia. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
d) Titorías en grupo reducido. Terán carácter obrigatorio. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
e) Exame final. Obrigatorio. Incluirá a avaliación da materia impartida nas clases expositivas e seminarios. Ponderará un 50% na nota final da materia.
f) Traballo práctico individual. Corresponderá a un traballo escrito obrigatorio, relativo ás mostraxes efectuadas nas prácticas de campo. Ponderará un 45% na nota final da materia.
- Exame: Con04
- Evaluación continua: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, Comp01, Comp02, Comp05, Comp06
Os estudantes que non superen a materia pola non realización (sen xustificación) dalgunha das actividades obrigatorias recibirán unha cualificación máxima de 4,5 (suspenso). Para a superación da materia será condición necesaria, aínda que non suficiente, a obtención dunha nota mínima de 5 puntos no exame final e no traballo práctico individual. Excepto para os exames, as cualificacións numéricas de valor ≥ 5 poderanse conservar durante os dous cursos seguintes ao da súa obtención. En caso de non superación da parte práctica (nota inferior a 5 puntos), poderase conservar a nota do exame (≥ 5 puntos) para o curso seguinte. Nese caso, para culminar a aprobación da materia o alumno deberá entregar un novo traballo práctico que obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Segunda oportunidade
Rexerán os mesmos criterios da primeira oportunidade.
Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 25 Estudo individual 53,5
Prácticas de campo 10 Elaboración de traballos 16
Seminarios 4
Titorías obrigatorias 2
Exame 2
TRABALLO NA AULA 43 TRABALLO PERSOAL 69,5
Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta de bibliografía recomendada.
• Uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Todos os documentos relativo á materia estarán ao dispor do alumno a través da plataforma Moodle. As canles de comunicación co profesor, ademais do presencial, serán o correo electrónico e a aplicación MS-teams).
Jesus Dominguez Conde
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |