Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Aportar coñecementos sobre os documentos e o desenvolvemento dun proxecto en enxeñaría.
- Capacitar ó alumnado para que poida entenderse con outros profesionais da área de enxeñaría química.
- Familiarizar ó alumnado coa interpretación dos diagramas de fluxo e control.
- Concienciación sobre a importancia da seguridade e da sustentabilidade dos procesos industriais e coñecementos do marco normativo vixente máis relevante
- Capacitar ó alumnado para usar diferentes técnicas e ferramentas que lles permita a presentación dun proxecto profesional básico.
Clases expositivas
- O proxecto: estudios previos. Operacións básicas e procesos. Criterios xerais para a elaboración de proxectos. O mercado. Tamaño. Etapas da fase de deseño de detalle: cálculos. Estrutura organizativa dunha planta industrial.
- O proxecto de enxeñaría. Documentos: memoria, anexos, planos, prego de condicións, presuposto, estudios con entidade propia.
- Diagramas: de emprazamento, de bloques, de fluxo e de control.
- Medio ambiente.
- Seguridade e saúde.
- Presuposto e viabilidade económica.
Clases interactivas
O profesorado guiará a grupos reducidos de alumnos na realización e presentación dun proxecto profesional en química.
Bibliografía básica:
-Toro López, F. J. (2012). Gestión de Proyectos con Enfoque PMI (eBook). ECOE Ediciones. ISBN: 9789587710489
-Sinnot, R. K. (2012). Diseño en Ingeniería química (5ª edición). Reverté. ISBN: 9788429171990
Bibliografía complementaria:
-Smith R. (2010). Chemical process design and integration (2nd edition). Wiley. ISBN: 9780471486817
-Cos Castillo, M. Dirección de proyectos (1988). Madrid: Universidad Politécnica, E.T.S.I.I., Sección de Publicaciones.
-López Vázquez, J.A. (2002).La Oficina Técnica y el Proyecto. Universidad de A Coruña.
-A guide to the project management body of knowledge: (PMBOK guide). Newtown Square (Pennsylvania): Project Management Institute, 2013
-Calleja Pardo, G. (1999). Introducción a la Ingeniería Química. Madrid: Ed. Síntesis
-Zahera Pérez, Manuel (2016). Gestión integrada de proyectos innovadores: curso básico. Madrid : Pirámide, D.L. 40966-2016. ISBN: 9788436836783
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma
CT13 - Capacidade de adaptación a novas situacións.
CT14 – Desenvolver creatividade.
CT15 - Capacidade de liderar.
CT16 – Desenvolver a motivación pola calidade.
CT17 - Adquirir sensibilidade cara temas medio ambientais.
CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT7 - Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinario.
ESPECÍFICAS
CE25 - Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
CE9 - Adquirir coñecementos das operacións unitarias de Enxeñaría Química.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
As clases expositivas dedicaranse á presentación dos contidos teóricos da materia, sempre con participación activa dos estudantes e con apoio de ferramentas audiovisuais (CG5, CT16, CT17, CE9, CE25).
Nas clases interactivas o profesorado guiará o traballo grupal consistente na realización dun proxecto profesional en química (CG2, CG3, CG5, CT7, CT8, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CE13). Continuando a experiencia piloto levada a cabo no curso 2021-22, un número limitado de grupos recibirá, adicionalmente, a supervisión de estudiantes do máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos como parte da materia “Dirección de Proxectos de Enxeñaría”.
Nas titorías de grupo levaranse a cabo presentacións parciais e finais do proxecto por cada grupo (CG4, CE13).
Farese uso do campus virtual, como ferramenta principal de comunicación co alumnado ofrecendo información sobre a programación docente e as probas de avaliacion ao longo do curso, poñendo a súa disposición diversos materiais de apoio para o estudo dos temas.
Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, de tal maneira que a cualificación final se obterá como a suma ponderada dos seguintes elementos:
- Avaliación continua (con contribución tanto das sesións expositivas como interactivas). A cualificación da avaliación continua será comunicada ao alumnado antes da realización do exame final.
- Exame: incluirá proba escrita e oral. Avaliaranse tanto os contidos das sesións expositivas como a memoria e defensa do proxecto realizado.
Cos seguintes pesos específicos:
1) 25 % avaliación continua: 20% relacionado a actividades asociadas ás clases expositivas e 5% relacionado a actividades asociadas ás clases interactivas e titorías grupais
2) 75 % exame: 55% parte escrita e 20 % parte oral
Será necesario obter un mínimo dun 35% en cada parte do exame para a súa superación.
A asistencia a clases de seminario e titorías é obrigatoria, debido ó carácter interactivo dos mesmos. As faltas non xustificadas repercutirán na cualificación do traballo grupal.
A avaliación continua e do traballo grupoal gardaranse para a cualificación de 2ª oportunidade. Non se gardarán para o curso seguinte. A cualificación do alumnado non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación por competencias:
Exame: CG5, CT16, CT17, CE9, CE25.
Avaliación continua, desenvolvemento da memoria: CG2, CG3, CG5, CT7, CT8, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CE13.
Presentación e defensa do proxecto: CG4, CE13.
ACTIVIDADE FORMATIVA: HORAS; PRESENCIALIDADE
Clases expositivas en grupo grande: 15; 100
Clases interactivas en grupo reducido: 24; 100
Titorías en grupo moi reducido: 3; 100
Traballo autónomo do alumno: 108; 0. Supoñen 2.6 horas de traballo por cada hora presencial. Nos equipos de traballo el número de horas de traballo totais serán 2.6 horas de cada alumno x nº de alumnos.
Asistencia a clase. Traballo diario. Participación activa e colaboradora nos equipos de traballo.
Recoméndase cursar ou ter cursada a materia “Enxeñaría Química”
A docencia impártese en galego e/ou castelán. Algúns materiais e bibliografía estarán en inglés co obxectivo de fomentar a competencia de desenvolvemento profesional no contexto internacional.
No caso de discrepancias entre as diferentes versións desta guía, prevalecerá a versión en galego.
Alberte Regueira Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | - | Aula Química Analítica (2º andar) |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
14.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
14.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
24.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |