Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 19 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Bioloxía Funcional
Áreas: Microbioloxía, Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Cognitivos
i) Coñecer os principais tipos de contaminación ambiental, a súa orixe e natureza.
ii) Coñecer os principais tipos de contaminantes ambientais, os seus mecanismos de acción, dispersión e circulación.
iii) Aprender os efectos de distintos contaminantes nos diferentes niveis da escala de organización biolóxica, desde o nivel de organización molecular ata o de comunidade.
iv) Coñecer os diferentes mecanismos de resistencia dos sistemas biolóxicos fronte a contaminantes ambientais.
v) Aprender os principais instrumentos biolóxicos (biomarcadores, biosensores, bioensaios e bioindicadores) para detectar a contaminación ambiental, as súas aplicacións e limitacións, así como valorar a calidade ecolóxica.
vi) Coñecer as diferentes estratexias de biorremediación de ambientes contaminados por metais pesados.
vii) Coñecer distintas metodoloxías biolóxicas de biorremediación de ambientes contaminados con compostos orgánicos xenobióticos.
Procedementais
i) Recoñecer os distintos tipos de contaminación ambiental e contaminantes ambientais.
ii) Analizar os distintos tipos de contaminantes ambientais, a súa orixe, distribución e destino, así como os seus efectos biolóxicos e ecotoxicológicos.
iii) Analizar, identificar e valorar os distintos elementos biolóxicos que se utilizan para detectar a contaminación ambiental.
iv) Recoñecer e identificar problemas de contaminación e expor estratexias de biorremediación.
Aptitudinales
i) Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
ii) Redactar informes sobre impactos contaminantes.
Actitudinais
i) Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
ii) Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
iii) Traballar eficazmente en equipos multidisciplinares.
iv) Comunicar eficazmente as súas ideas sobre os procesos contaminantes e as súas ameazas.
Os contidos desta materia son: “Tipos de contaminación e contaminantes: aspectos biolóxicos e ecolóxicos. Mecanismos de toxicidade dos contaminantes. Mecanismos de resistencia biolóxica. Sistemas biolóxicos para a detección dos contaminantes. Biomarcadores. Biosensores. Bioensaios. Bioindicadores. Biorremediación de contaminantes orgánicos e inorgánicos”. Estes contidos organízanse en 13 temas de teoría, 1 práctica de campo, 3 prácticas de laboratorio e 2 clases interactivas de computador (a continuación indícase entre paréntese a duración aproximada de cada actividade). Ademais haberá 7 seminarios e 1 titoría programada.
TEORÍA (21 h)
Tema 0. Presentación da materia
Bloque I: Contaminación e contaminantes (4 h)
Tema 1. Introdución
Tema 2. Contaminación do aire.
Tema 3. Contaminación da auga e do solo.
Bloque II. Ecotoxicología (4 h)
Tema 4. Introdución a Ecotoxicoloxía.
Tema 5. Ecotóxicocinética.
Tema 6. Avaliación da toxicidade.
Bloque III: Sistemas biolóxicos e contaminación (6 h)
Tema 7. Monitorización biolóxica da contaminación.
Tema 8. Biomarcadores e biosensores.
Tema 9. Efectos da contaminación sobre as poboacións.
Tema 10. Efectos da contaminación sobre as comunidades.
Bloque IV. Tratamento biolóxico da contaminación e bioremediación (7 h)
Tema 11. Recoñecer e identificar contaminación: lexislación de solo contaminado e augas residuais.
Tema 12. Tratamentos biolóxicos da contaminación de solos. Estratexias de biorremediación.
Tema 13: Tratamentos biolóxicos da contaminación da auga. Estratexias de biorremediación.
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO (10 h)
Campo (3 h):
1. Avaliación da contaminación atmosférica mediante comunidades de liques (Temas 7, 9 y 10).
Laboratorio (7 h):
1. Test de Lemna da OCDE (Temas 3, 5 y 6). Se fará en dúas sesións que terán lugar en dúas semanas sucesivas.
2. Test de Microtox/Mutatox (Temas 5, 6 y 8).
CLASES INTERACTIVAS INFORMÁTICA (2 h)
1. Manexo de bases de datos, normativas e lexislación ambiental.
2. Cuantificación de xenes de resistencia a antibióticos.
SEMINARIOS (7 h)
1. Tratamento de datos de mostraxe de líquenes
2. Determinación de parámetros ecotoxicológicos
3. Identificación de focos de contaminación con biomonitores
4. Biomonitorización da calidade ambiental de Galicia
5. Interpretación dun análise de poboacións tras exposición a contaminantes (sesión 1).
6. Interpretación dun análise de poboacións tras exposición a contaminantes (sesión 2).
7. Deseño dun protocolo de biorremediación.
TUTORÍA PROGRAMADA (1 h)
Estará dedicada a contidos transversais da materia ou ben o repaso de aspectos clave da mesma e/o a resolución de dubidas.
BÁSICA (5)
Clements, W. y Newman, M.C. 2002. Community Ecotoxicology. John Wiley & Sons.
Markert, B.A. et al. 2003. Bioindicators and biomonitors: principles, concept and applications. Academic Press.
Newman, M.C. 2001. Population Ecotoxicology. John Wiley & Sons.
Newman, M.C. 2015. Fundamentals of Ecotoxicology: the science of pollution (4th ed.). CRC Press.
Rittmann, B.E. y McCarty, P.L. Environmental Biotechnology: Principles and Applications, 2nd edition. McGraw-Hill Education, 2020. Recurso electrónico. ISBN: 9781260441604.
COMPLEMENTARIA (5)
Hill, M.K. 2004. Understanding Environmental Pollution. Cambridge University Press.
Pandey, C.M. y Bansi, D.M. 2019. Biosensors: fundamentals and applications (2nd ed.) Walter de Gruyter, Berlin.
Yu, M.H. 2005. Environmental toxicology: Biological and health effects of pollutants. 2ª ed. CRC Press.
Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. 5ª Edición. New York: Mc-Graw Hill, 2014. ISBN: 9781259010798.
Ortiz, I., Sanz, J., Dorado, M. & Villar, S. Técnicas de recuperación de suelos contaminados. Colección coordinada por la Fundación para el conocimiento Madrid, Universidad de Alcalá, 2007. Disponible en: https://www.madrimasd.org/sites/default/files/informacionidi/biblioteca…
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con10
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08
Competencias: Comp02, Comp04, Comp05, Comp08
As clases EXPOSITIVAS o profesorado explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos; pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/o exemplos xerais, directrices xerais da materia) promovendo a participación do alumnado. A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria.
Os SEMINARIOS empregaranse tanto para coñecer diferentes técnicas para o tratamento dos datos obtidos nas diferentes prácticas como para expor algúns exercicios que formarán parte da avaliación continua. Ademais tamén se destinará algún deles para dar a coñecer, desde un punto de vista divulgativo, certas problemáticas particulares ou ben certas técnicas concretas. A asistencia a todas estas actividades non é obrigatoria.
As clases INTERACTIVAS DE COMPUTADOR empregaranse para aprender a buscar información en bases de datos e normativas relacionadas con lexislación ambiental, así como para determinar e cuantificar xenes de resistencia a antibióticos e/o outros xenes de relevancia mediante qPCR. A asistencia ás clases expositivas é obrigatoria.
As PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO abordarán o manexo de métodos de análises ecotoxicológico que permitan a familiarización, no laboratorio e no campo, coa forma de traballo habitual neste ámbito. Cada alumno entregará ao finalizar as prácticas un caderno/cuestionario de prácticas, debidamente cuberto. Estas actividades son obrigatorias (asistencia mínima do 80%) polo que a non asistencia ás mesmas imposibilitará a superación da materia.
A TITORÍA dedicarase basicamente a tratar conceptos transversais de interese ou ben á aclaración de dúbidas sobre a teoría, as prácticas ou os seminarios. A asistencia a esta actividade non será obrigatoria.
A avaliación será idéntica para para as dúas oportunidades; a proba final é complementaria á avaliación continua.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias de acordo ao seguinte esquema:
• No exame se avalían: Con01, Con02, Con10
• Nas entregas das prácticas: H/D02, H/D08
• Na exposición do caso práctico: Comp04, Comp05, Comp08
A avaliación continua (AC) supoñerá o 40% da nota final e obterase da suma de: i) a entrega da práctica de campo (0,75 puntos); ii) as entregas das prácticas de laboratorio (1,5 puntos); iii) as entregas dos seminarios (0,75 puntos) e iv) a realización e exposición (en grupos de 3 alumnos máximo) dun caso práctico (1 punto). As actividades obrigatorias son as prácticas de campo e laboratorio (cun 80% de asistencia esixida). As actividades avaliables son as correspondentes á EC (desenvolvida nos seminarios, as prácticas, os exercicios expostos nos seminarios e o caso práctico en grupo) e o exame final. A proba final, que é complementaria á AC, supoñerá en 60% da cualificación final. Para que a nota da AC se teña en conta na cualificación final, é necesario obter unha nota mínima de 2 puntos no exame final. No caso de que algunha actividade avaliable non poida realizarse presencialmente, as entregas realizaranse a través do Campus Virtual da USC.
Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente conservarase, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón, a asistencia ao prácticas pero non as cualificacións das avaliacións relacionadas coas mesmas polo que terán que volver realizarse todas as entregas.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos precisarán de horas de estudo e traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
21 horas expositivas (teoría)
19 horas interactivas (prácticas de campo e laboratorio, interactivas informática e seminarios)
1 hora de titorías
2 horas de exame
69.5 horas de traballo persoal
112 horas de dedicación total
O alumno debe apoiar o estudo da materia coa bibliografía básica e orientada a cada tema. É recomendable que a lectura da mesma realícese con anterioridade ás clases correspondentes. Desta forma é necesario levar a materia ao día porque os conceptos de temas previos irán empregándose, e ampliándose, a medida que avance o temario. As clases expositivas achegan ampliacións, diferentes formas de explicación, axudan a interrelacionar os diferentes temas e achegan outros aspectos como dar unha visión sobre a robustez das hipóteses expostas ou a utilidade práctica dos coñecementos, permiten expoñer exemplos con problemas ambientais próximos ou de actualidade, etc. Por estas razóns recoméndase asistir habitualmente ás mesmas así como a seminarios e o resto de actividades interactivas. Finalmente é conveniente empregar as titorías non programadas (horas de titoría do profesorado) para consultar dúbidas.
As canles de comunicación directa do profesorado co alumnado serán: titorías presenciais, titorías en liña (vídeo-chamada/chat a través de MS Teams), foros e mensaxes no Campus Virtual e o correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Angel Fernandez Escribano
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sabela Balboa Méndez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sabela.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |