Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento e uso correcto por parte do alumno da terminoloxía básica da disciplina.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos obxecto de estudo en Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos, clínicos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha especialización posterior en calquera área da disciplina, xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais requiridas polos métodos microbiolóxicos.
- Coñecer as técnicas máis empregadas en Microbioloxía: microscopia, tincións, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a xestionar fontes de documentación.
- Que o alumno comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudos de Bioloxía, e a repercusión social da Microbioloxía.
En conclusión, tratarase de favorecer os hábitos de iniciativa, creatividade, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno comprender o que son os microorganismos como seres vivos e achegarse con facilidade a unha especialización posterior en calquera área da disciplina.
Programa de Clases Teóricas:
Tema 1. A Microbioloxía no Mundo dos Organismos Vivos. (1 h)
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (1 h)
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (2 h)
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas (2 h)
Tema 5. Parede Celular Bacteriana (3 h)
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular (2 h)
Tema 7. Endosporas Bacterianas (1 h)
Tema 8. Introdución á Viroloxía (2 h)
Tema 9. Introdución á Xenética Microbiana (2 h)
Tema 10. Nutrición Microbiana (1 h)
Tema 11. Procesos Metabólicos Microbianos. (2 h)
Tema 12. Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (2 h)
Tema 13. Cultivo de Microorganismos (2 h)
Tema 14. Crecemento bacteriano (2 h)
Tema 15. Control dos Microorganismos por axentes físicos (2 h)
Tema 16. Control dos Microorganismos por axentes químicos (2 h)
Tema 17. Quimioterapia antimicrobiana (2 h)
Programa de Clases Prácticas
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía. Normas de traballo. Preparación e esterilización do material de laboratorio. Tipos e preparación de Medios de cultivo. Esterilización por calor húmida e por filtración.
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos en medio sólido e medio líquido. Illamento de microorganismos a partir de mostras naturais. Obtención de cultivos puros.
Práctica 3. O microscopio óptico: manexo e coidado. Morfoloxía de distintos tipos de microorganismos. Observación de microorganismos en fresco mediante microscopía de contraste de fases. Microscopio de campo escuro. Microscopio de fluorescencia. Autofluorescencia e bioluminiscencia. Microscopio invertido.
Práctica 4. Métodos de tinción de microorganismos. Tinción simple. Tinción de Gram. Tinción de cápsula.
Práctica 5. Métodos de medida do crecemento: reconto ao microscopio, estimación espectrofotométrica da biomasa. Determinación da curva de crecemento. Reconto de células viables en placa.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos. Medida da actividade antimicrobiana. Antibiograma. Termorresistencia e tempo térmico letal.
Seminarios
Os seminarios utilizaranse como complemento do programa de teoría e prácticas e versarán sobre: métodos e técnicas de cultivo de microorganismos e análise matemática do crecemento microbiano.
Tutorías
Nas tutorías trataranse de clarificar aqueles aspectos de teoría, prácticas e seminarios de maior dificultade de comprensión para o alumno.
Exame
O exame final da materia incluirá todos os temas de teoría. Algunhas preguntas poden estar relacionadas cos contidos impartidos nos seminarios e nas prácticas. O exame incluirá preguntas tipo test e preguntas curtas.
BÁSICA
- Madigan, M.T., K.S. Bender, D.H. Buckley, W.M. Sattley, D.A. Stahl . 2022. Brock Biology of Microorganisms. 16ª ed. Pearson, Harlow, UK.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M., K.M. Sandman, D.H. Wood. 2020. Prescott’s Microbiology. 11ª ed. McGraw-Hill Education. New York.
COMPLEMENTARIA
- Cowan, M.K. & Smith, H. 2021. Microbiology. A systems approach. McGraw Hill, New York, 6ª ed.
- Schaechter, M. 2016. Eukaryotic microbes. Elsevier/Academic Press, Amsterdam.
PRÁCTICAS
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
- Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2008. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Ed. Masson. Barcelona.
- Pérez Gracia, M.T., C. Galiana Roselló. 2018. Manual de Prácticas de Microbiología. 3ª ed. Psylicom Ediciones.
- Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H. Freeman, New York.
Coñecementos/contidos: Con01, Con06, Con07, Con09
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D07, H/D10, H/D11, H/D12
Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06, Comp07
- Teoría: Clases presenciais na aula (3 horas semanais ao longo do primeiro cuadrimestre). A asistencia será voluntaria e non se puntuará.
- Seminarios: 4 seminarios presenciais de 1 hora. A asistencia será voluntaria aínda que se terá en conta para a nota de seminarios.
- Prácticas de laboratorio: Realizaranse de maneira continuada durante unha semana de luns a venres. A asistencia é obrigatoria (100% das horas) para superar a materia.
- Tutorías: Realizarase unha tutoría de 1 hora en grupos reducidos, para resolver dúbidas da materia. A asistencia as tutorías será voluntario. Poderanse realizar en calquera momento tutorías individuais presenciais, por correo electrónico ou a través da aula Virtual empregando o foro de discusión.
Utilizarase como ferramenta de apoio para todos os contidos a Aula Virtual da plataforma Moodle dentro do Campus Virtual da USC.
Resumo: Exame final: 70%; Avaliación continua dos temas impartidos: 5%; Prácticas: 15%; Seminarios: 10%.
- A avaliación continua dos temas de teoría farase mediante cuestionarios en liña na Aula Virtual. Suporán o 5% da nota final.
- Prácticas. A asistencia a todas as prácticas será obrigatoria e será requisito para poder realizar o exame teórico. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, a metodoloxía e os resultados obtidos. Tamén se poderán solicitar informes dos traballos de laboratorio, que serán avaliados xunto co exame. A nota práctica representará o 15% da nota final da materia.
- Seminarios. A avaliación será continua e realizarase mediante cuestionarios en liña a través do Campus Virtual. Tamén se puntuará a asistencia e participación cun máximo do 10%. O peso dos seminarios na nota final será do 10%.
- Exame Final dos temas de teoría complementario á avaliación continua. Representará o 70% da nota final da materia. O alumno deberá obter unha nota mínima de 5,0 no exame final para incluír o resto de conceptos no cálculo da nota final.
Alumnos repetidores
Os estudantes repetidores que teñan avaliado positivamente as prácticas manterán a súa nota durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías en grupos reducidos será voluntaria.
Para a segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación que para a primeira oportunidade.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe
Exame: Con1, Con6, Con7, Con9, H/D01, Com1, Comp2, Comp3, Comp6,
Cuestionarios on-line: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07,
Seminarios: Con9, H/D02, H/D12, Comp3, Comp4, Comp6,
Prácticas: Con07, Con09, H/D05, H/D10, H/D11, Comp3, Comp4, Comp5, Comp7
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presencial: 54 horas:
- Clases expositivas: 31 horas
- Clases prácticas: 15 horas
- Seminarios: 4 horas
- Titorías en grupo reducido: 1 hora
- Exame: 3 horas.
Traballo persoal do alumno : 96 horas
- Titorías individualizadas: 3 horas
- Estudo individual: 70 horas (4,5 horas semanais)
- Elaboración de traballos e lecturas recomendadas: 20 horas
- Asistencia a conferencias e outras actividades: 3 horas
Asistencia regular ás clases e participación activa nas clases teóricas, prácticas e seminarios. Cumprimentación individual dos cuestionarios de autoavaliación en liña que se proporán. Repaso semanal dos temas expostos na clase. Estudo integral, non memorístico, relacionando os contidos da materia cos de materias afins. Seguir as recomendacións do profesor que poidan xurdir ao longo do curso.
Para o axeitado desenrolo da materia requírense coñecementos básicos previos de Química, Bioquímica, Bioloxía Celular e Xenética.
A Aula Virtual da plataforma Moodle dentro do Campus Virtual da USC empregarase como ferramenta de apoio para todos os contidos da materia. Esta Aula Virtual servirá para publicar información xeral sobre a materia, para a publicación de contidos descargables por parte do alumnado, como ferramenta de comunicación, para a realización de cuestionarios en liña e para a publicación das cualificacións de todos os apartados.
O alumnado poderá ademáis comunicarse directamente co profesorado mediante correo electrónico ou titorías presenciais personalizadas.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa para a avaliación do rendemento académico do alumnado e a revisión das cualificacións”.
Manuel Luis Lemos Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816080
- Correo electrónico
- manuel.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Dubert Perez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- javier.dubert [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |