Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 19 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Explicar os modelos estruturais básicos de organización de artrópodos e cordados.
Describir as características máis importantes da súa forma de vida e as súas adaptacións.
Presentar as hipóteses actuais máis relevantes sobre a súa diversificación e relacións filogenéticas.
Manexar terminoloxía básica e metodoloxía relacionada co seu estudo e clasificación sistemática.
Distinguir os principais grupos de artrópodos e cordados.
1. CLASES EXPOSITIVAS (34 horas) (docencia presencial)
Os Artrópodos: definición e posición no Reino Animal. Caracteres xerais. A orixe e a clasificación dos Artrópodos. Trilobitomorfos (6 h)
Quelicerados e grupos afíns: caracteres xerais e clasificación. Merostomados, Arácnidos e Picnogónidos (2 h)
Miriápodos: caracteres xerais e clasificación (1 h)
Hexápodos: caracteres xerais. Visión xeral dos grupos máis representativos (6 h) Crustáceos: caracteres xerais. Visión xeral dos grupos máis representativos (2 h)
Os Cordados: definición e xeneralidades. Os grandes grupos de Cordados: clasificación. A orixe dos Cordados (1 h)
Procordados: Tunicados e Cefalocordados: características xerais (2 h)
Vertebrados: xeneralidades de morfoloxía externa e anatomía interna (4 h)
Vertebrados Agnatos: definición e clasificación. Análise da evolución e radiación adaptativa (1 h)
Vertebrados Gnatostomados: definición e estudo da organización dos Condrictios (1 h) Actinopterigios e Sarcopterigios: definición e estudo da organización dos peixes óseos. Clasificación. Análise da evolución e radiación adaptativa (1 h)
Tetrápodos. Anfibios: estudo da súa organización. Reprodución e desenvolvemento. Clasificación. Tendencias evolutivas (1 h)
Réptiles: caracteres xerais. Estudo detallado do tipo morfolóxico saurio. Clasificación. Orixe e evolución (2 h)
Aves: caracteres xerais e clasificación. Orixe e evolución. Comportamento (2 h)
Mamíferos: caracteres xerais e clasificación. Orixe e evolución. Comportamento (2 h)
2. CLASES PRÁCTICAS (12 horas) (docencia presencial)
Práctica 1.- Arácnidos, Miriápodos e Crustáceos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos (2 h)
Práctica 2.- Hexápodos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos (2 h)
Práctica 3.- Disección dun Crustáceo Decápodo (2 h)
Práctica 4.- Vertebrados. Disección dun Osteíctio (2 h)
Práctica 5.- Estudo e identificación de restos óseos en egagrópilas de aves (2 h)
Práctica 5.- Visita ao Museo de Historia Natural da USC (2 h)
3. SEMINARIOS (7 h) (docencia presencial)
Durante o curso impartiranse varios seminarios, que versarán sobre temas complementarios das actividades teórico-prácticas da materia. Os temas específicos que se tratarán incluirán, entre outros contidos, os seguintes:
Seminario 1. Técnicas básicas de mostraxe, conservación e estudo de artrópodos e cordados (2 h)
Seminario 2. Proxección e discusión de documentais sobre a bioloxía e evolución de artrópodos (1 h)
Seminario 3. Proxección e discusión de documentais sobre a bioloxía e evolución de cordados (2 h)
Seminario 4. Bases para o recoñecemento de visu de especies/ taxones de cordados representativos da fauna ibérica (2 h)
4. TUTORIAS (1 h,docencia presencial)
Están dedicadas a orientar ao estudantado sobre as actividades que requiren a súa participación, tanto na aula como a través da aula virtual, así como a resolver as dúbidas que lles xurdan en relación con calquera aspecto dá materia.
5. EXAME
De carácter presencial, dunha duración de 3 horas e avaliará os coñecementos do estudantado dos contidos teóricos e prácticos (exame do visu e seminarios) da materia. Súas características concretas serán explicadas o alumnado o comenzo do curso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Hickman, C.P., Roberts, L. S., Larson, A., L´anson, H. y Eisenhour, D., 2009. Principios integrales de zoología. 14ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Brusca, R.C. y Brusca, G.J., 2005. Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. Kardong, K.V., 2011. Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Arnold, E. N., 1987. Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y de Europa. Barcelona: Omega.
Blas Aritio, L., 1974. Guía de campo de los mamíferos españoles. Barcelona: Omega.
Barrientos, J. A. ed., 2004. Curso práctico de entomología. Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona, Servei de Publicacións.
Chinery, M., 2001. Guía de campo de los insectos de España y Europa. 5ª ed. Barcelona: Omega.
Cobera, J., Sabatés, A. y García-Rubies, A., 1996. Peces de mar de la Península Ibérica. Barcelona: Planeta.
Peterson, R. T., 1995. Guía de campo de las aves de España y de Europa. 5ª ed. Barcelona: Omega.
Coñecementos/contidos: Con01, Con03, Con04, Con08
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05
Competencias: Com01, Comp02, Comp05, Comp06
A metodoloxía do ensino utiliza clases expositivas (leccións maxistrais, non obrigatorias) combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, a utilización do campus virtual, seminarios impartidos polo profesorado (leccións maxistrais, obrigatorias), titorías e prácticas de laboratorio (ambas obrigatorias).
O exame, obrigatorio, dunha duración de 3 horas, avaliará os coñecementos do estudantado dos contidos teóricos e prácticos (exame de visu e seminarios) da materia. As súas características concretas serán explicadas o alumnado o comenzo do curso.
Todas as actividades serán presenciais.
A docencia apóiase na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado a través da aula virtual.
Avaliación continua. - As actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, e que se realizan durante as clases expositivas e seminarios, utilizaranse para a avaliación continua, de maneira que a participación (oral ou escrita) dos alumnos será cualificada. Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da entrega dunha memoria de prácticas. Estas cualificacións contribuirán nun 30% á cualificación global da materia (15% das prácticas e 15% das actividades interactivas) e son de carácter voluntario, aínda que a non realización destas supón a renuncia do alumno a esta porcentaxe da cualificación final.
Teoría. - Realizarase un exame final complementario á avaliación continua, presencial e obrigatorio para todos os alumnos (primeira e segunda oportunidades) nas datas que programe o Decanato. Este exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia. A súa cualificación contribuirá nun 60% á cualificación final.
Prácticas de laboratorio.- A asistencia é obrigatoria. Como se mencionou antes, os contidos das prácticas de laboratorio estarán suxeitos a avaliación continua. Ademais, realizarase un exame de recoñecemento de visu de especies/taxones representativos dos fíos estudados. Este exame (obrigatorio) realizarase o mesmo día que o exame teórico e contribuirá nun 10% á cualificación final.
Avaliación: a superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, como o práctico (exame de visu e seminarios). No caso de aprobar unicamente una das dúas partes (teórica ou práctica) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só repítense os exames teórico e práctico). O alumnado repetidor non conserva as notas de avaliación dos cursos precedentes.
Os resultados de aprendizaxe serán avaliadas da seguinte maneira:
- Co exame teórico: Con01, Con03, Con04, Con08, H/D01, H/D03, Com01, Comp02, Comp05, Comp06
- Co exame de visu: Con04, H/D03, H/D05
- Coa memoria de prácticas: Con04, Con08, H/D02, H/D05, Com01, Comp02, Comp05, Comp06
- Coas actividades interactivas: Con01, Con03, Con04, Con08, H/D02, Com01, Comp02, Comp05, Comp06
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Traballo presencial na aula
Clases expositivas (inclúe actividades dos estudantes): 34 h
Prácticas de laboratorio: 12 h
Seminarios: 7 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo presencial: 57
Traballo persoal do estudante
Estudo individual: 63 h
Realización de actividades en horario non lectivo: 15 h.
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 15 h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 93 h
Asistir ás clases teóricas, prácticas e seminarios.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
A materia require o coñecemento previo da diversidade e evolución dos metazoos obtido nas materias previas (Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal; Zooloxía I). A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se completará con Teams e o correo electrónico).
Andres Baselga Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813278
- Correo electrónico
- andres.baselga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |