Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Proporcionar ao alumno coñecementos esenciais sobre a biodiversidade animal, a súa importancia cuantitativa, os patróns de especiación e extinción, as ferramentas máis utilizadas para o seu coñecemento e os principais problemas de conservación e ferramentas lexislativas e técnicas para a súa xestión.
• PROGRAMA DE TEORÍA (26 H)
1) Elementos conceptuais (6 h). Concepto de Biodiversidade. A biodiversidade animal ao longo do tempo. Especiación e extinción. A biodiversidade en cifras. Cómo medir a biodiversidade. Hotspots.
2) Ferramentas para o coñecemento da biodiversidade animal (10 h).
a. Nivel específico. Técnicas moleculares e morfométricas.
b. Nivel poboacional. Métodos de inventariado e cuantificación de poboacións animais.
3) Conservación e xestión da biodiversidade animal (10 h).
a. Identificación de ameazas para a biodiversidade animal.
b. Marco lexislativo e técnico para a conservación. Catálogos de Especies Ameazadas e Libros Vermellos. Plans de Recuperación e Conservación.
c. Áreas protexidas.
d. Conservación ex - situ
• SEMINARIOS (5 H)
a. Fauna ameazada de Galicia (4 h).
b. Métodos de estudo do comportamento animal (1 h).
• PRÁCTICAS DE CAMPO (8 H)
Aplicación de técnicas de inventariado e cuantificación de fauna.
Configuraranse grupos de 3-5 alumnos, os cales aplicarán as técnicas de inventariado e, no seu caso, de cuantificación de determinados grupos faunísticos previamente seleccionados. A información obtida por cada grupo de alumnos empregarase para a elaboración dun traballo (escrito) atendendo ás pautas características dun artigo científico. Estas pautas incluirán, polo menos, os seguintes fitos: adquisición e lectura de artigos sobre o tópico abordado, tratamento cartográfico e/ou estatístico da información colectada, redacción do traballo atendendo ás normas determinadas por unha revista científica da área.
Contemplase a realización dunha excursión de 1 día a unha zona de interese biolóxico de Galicia, para a observación de grupos faunísticos e aplicación de técnicas de censo. Esta excursión estará supeditada á existencia de financiamento.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 H/ALUMNO)
Contidos das titorías:
Titoría 1: Concreción do traballo experimental. Hipótese a testar. Ónde buscar bibliografía. Planificación do traballo de campo. Preparación do Proxecto. (1,5 h).
Titoría 2: Revisión do Proxecto. Inicio da mostraxe de campo. Resolución de dúbidas (0,5 h).
EXAME (2 H)
Abarcará os contidos impartidos nas clases expositivas e seminarios.
BÁSICA
HUNTER, M. L. & GIBBS, J. P. 2007. Fundamentals of Conservation Biology, Oxford, Blackwell.
JEFFRIES, M. J. 2005. Biodiversity and Conservation, London, Routledge.
SUTHERLAND, W. J. (ed.) 1996. Ecological Census Techniques, Cambridge: Cambridge University Press.
TELLERÍA, J. L. 2012. Introducción a la Conservación de las Especies, Valencia, Editorial Tundra.
COMPLEMENTARIA
CAUGHLEY, G. & GUNN, A. 1996. Conservation Biology in Theory and Practice, Cambridge, Blackwell Sciences.
GASTON, K. J. & SPICER, J. I. 2004. Biodiversity: An Introduction, Oxford, Blackwell.
HAWKSWORTH, D. L. & BULL, A. T. (eds.) 2007. Vertebrate conservation and biodiversity, Dordrecht: Springer.
Nesta materia traballarase, en maior ou menor medida, todas as competencias básicas e xerais do Grao en Bioloxía.
Competencias específicas (CE)
CE4.c - Ámbito competencial: Biodiversidade: Diversidade animal.
CE4.f - Ámbito competencial: Biodiversidade: Bioxeografia e conservación.
CE4.g - Ámbito competencial: Biodiversidade: Análise da biodiversidade.
CE5.b - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: poboacións, comunidades e ecosistemas.
CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas xestión e conservación.
CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: diagnóstico e resolución de problemas ambientais.
CE5.f - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: avaliación do impacto ambiental.
Competencias transversais (CT)
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de razoamento e argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Capacidade de obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade de desenvolver e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade de facer unha presentación en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información ofrecida aos outros.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e Internet.
CT10 - Uso de información en lingua estranxeira.
A metodoloxía de ensinanza sustentarase en clases teóricas (maxistrais), seminarios e clases prácticas de campo. Todas estas actividades terán un carácter presencial. As prácticas de campo serán obligatorias.
As titorías terán carácter presencial, e estarán orientadas tanto á resolución de dudas como á preparación e desenrolo do traballo práctico experimental.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a través do Campus Virtual da USC.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Combínase a realización dunha proba final presencial (50% da nota final) coa avaliación continua mediante control de asistencia (5% nota final), exame de visu vinculado ao traballo práctico da materia (5%) e redacción de traballo individual relativo á parte experimental da materia (40% nota final).
Para os estudantes matriculados por primeira vez, na primeira oportunidade seguiranse os seguintes criterios:
a) Clases maxistrais. A asistencia documentarase mediante folla de firmas. A asistencia ás clases maxistrais ponderará ata un 5% na nota final da materia.
b) Prácticas de campo. Serán de asistencia obrigatoria, sendo a súa realización requisito necesario para a superación da materia.
c) Seminarios. O contido impartido nos seminarios será obxecto de avaliación no exame da materia.
d) Titorías en grupo reducido. Terán carácter obrigatorio. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
e) Exame visu para identificación especies do traballo práctico. Obrigatorio. Ponderará un 5% na nota final da materia.
f) Exame final. Obrigatorio. Incluirá a avaliación da materia impartida nas clases expositivas e seminarios. Ponderará un 50% na nota final da materia.
g) Traballo práctico individual. Corresponderá a un traballo escrito obrigatorio, relativo ás mostraxes efectuadas nas prácticas de campo. Ponderará un 40% na nota final da materia.
h) Visu opcional sobre fauna da península Ibérica. Será de realización voluntaria. Este exame permitirá subir un máximo de 2 puntos na nota final obtida cos demais compoñentes mencionados anteriormente. Este exame optativo só se realizará na primeira oportunidade.
Os estudantes que non superen a materia pola non asistencia ou non realización (sen xustificación) dalgunha das actividades obrigatorias recibirán unha cualificación máxima de 4,5 (suspenso). Para a superación da materia será condición necesaria, aínda que non suficiente, a obtención dunha nota mínima de 5 puntos no exame final e no traballo práctico individual. Excepto para os exames, as cualificacións numéricas de valor ≥ 5 poderanse conservar durante os dous cursos seguintes ao da súa obtención. En caso de non superación da parte práctica (nota inferior a 5 puntos), poderase conservar a nota do exame (≥ 5 puntos) para o curso seguinte. Nese caso, para culminar a aprobación da materia o alumno deberá entregar un novo traballo práctico que obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Segunda oportunidade
Rexerán os mesmos criterios da primeira oportunidade, exceptuado o exame de visu optativo, que só se realizará na primeira oportunidade.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 26 Estudo individual 54,5
Prácticas de campo 8 Elaboración de traballos 15
Seminarios 5
Titorías obrigatorias 2
Examen 2
TRABALLO EN AULA 43 TRABALLO PERSOAL 69,5
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Uso frecuente de titorías para calquera tipo de asunto relacionado coa materia.
Todos os documentos relativos á materia estarán ao dispor do alumno a través da plataforma Moodle. As canles de comunicación co profesor, ademais do presencial, serán o correo electrónico e a aplicación MS- teams).
03.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
14.07.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 11 |