Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
O obxectivo xeral é a adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, de coñecementos básicos sobre a diversidade vexetal, a súa importancia, as presións que a ameazan e as bases biolóxicas para a súa conservación. De forma máis específica, prestarase especial atención ás especies e comunidades de maior interese ecolóxico, social, económico ou cultural, así como ás estratexias, técnicas e métodos utilizados para a súa conservación e uso sustentable
BLOQUE 1 Biodiversidade vegetal
1.- Biodiversidade. Concepto. Niveis. Biodiversidade vexetal. Principais grupos. Técnicas de estudo. (1h)
2.- Importancia da conservación da biodiversidade vexetal. Funcións ecosistémicas da biodiversidade vexetal. Conservación. (1h)
3.- Distribución xeográfica da biodiversidade. Áreas de especial importancia en biodiversidade vexetal. Hotspots. Escalas de estudo. (1h)
4.- Biodiversidade de Fungos, Líquenes e algas. Situación actual da súa conservación a diferentes escalas. (1h)
5.- Biodiversidade de Plantas e Comunidades vexetais. Situación actual da súa conservación a diferentes escalas. (1h)
6 - Biodiversidade das interaccións e importancia da sua conservación. (1h)
7.- Conservación de recursos fitoxenéticos. Etnobotánica. Cultivos agrícolas tradicionais. Cultivos forestais. (1h)
BLOQUE 2 Ameazas
8.- Ameazas á diversidade vexetal. Extinción e regresión de especies .Obxetivos e criterios de actuación para a conservación dá diversidade vexetal. (1h)
9. Ameazas a diversidade vexetal. Factores antrópicos. (1h)
10. Ameazas a diversidade vexetal. Cambio climático. (1h)
11. Avaliación dos grados de ameaza. Criterios. Categorías UICN. Inventarios de flora ameazada: Atlas, Libros Vermellos e listados de Flora protexida. (1h)
BLOQUE 3
INTRODUCIÓN Á CONSERVACIÓN
12.- Fundamentos de conservación vexetal. Prioridades para a conservación de especies vexetais. (2h)
13.- Métodos de estudo das poboacións vegetais. Estudos sobre Distribucións. Técnicas de análise espacial. (1h)
14.- Aplicacións da bioloxía reproductiva das plantas á conservación. Morfoloxía e fenoloxía. Sistemas reproductivos. Bioloxía do polen e estigma. Polinización. Dispersión. (2h)
15- Estudos demográficos de plantas (censos, clases de idade-tamaños-fases, táboas de vida, matrices de proxección poblacional, etc.). Análise de viabilidade das poboacións de plantas. (1h)
16.- Conservación ex situ. Xardíns botánicos. Bancos de Xermoplasma e Bancos de sementes. Bancos de tecidos. (1h)
BLOQUE 4
LEXISLACIÓN
17. Lexislación xeral para a protección e conservación de espazos. Espazos naturais protexidos. Figuras de protección, Rede Natura, Microreservas, etc. (1h)
18. Lexislación xeral para a protección e conservación de especies. Catálogo Nacional de Especies Protexidas. Criterios orientadores para a inclusión de taxons e poboacións no Catálogos de Especies Ameazadas. Catálogo rexional de especies ameazadas de Galicia. (1h)
BLOQUE 5
FERRAMENTAS DE CONSERVACIÓN
19. Espazos protexidos. Deseño, Plans de ordenación. Exemplos. (2h)
20. Plans de recuperación de plantas e hábitats. Exemplos (2h)
21. A conservación da biodiversidade en Galicia (2h)
Práctica de campo e seminarios:
Seminarios: Teñen como finalidade a aprendizaxe de métodos de mostraxe e toma de datos (3h)
Práctica de campo: Contémplase a posibilidade de realizar a práctica nalgunha das áreas mellor conservadas e máis representativas da flora e vexetación galega, de acordo cos recursos dispoñibles na data de realización da mesma. Se non for posible, realizarase nunha área próxima á Facultade de Bioloxía (11 horas)
Titorias: Asesoramento en aspectos relevantes para o bo desenrolo da materia
Duración: 1h.
Bibliografía básica
Bacchetta, G., Bueno, A., Fenu, G., Jiménez-Alfaro, B., Mattana, E., Piotto, B. y Virevaire, M. eds., 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. [Recurso electrónico] Oviedo: Principado de Asturias; Obra Social “La Caixa”. Dispoñible en: http://www.conservacionvegetal.org/upload/publicaciones/28/Conserv-xsit…
Bañares, A. coord., 2002. Biología de la conservación de plantas amenazadas. Madrid: Organismo Autónomo de Parques Naturales.
Frankel, O.H., Brown, H.D. and Burdon, J.J., 1995. The Conservation of Plant Biodiversity. Cambridge: Cambridge University Press.
Given, D.R., 1994. Principles and Practice of Plant Conservation. London: Chapman & Hall.
Primark, R.B. y Ros, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Barcelona: Ariel.
Bibliografía complementaria:
Iriondo, J.M., Albert, M.J., Giménez, L., Domínguez, F. y Escudero, A. eds., 2009. Poblaciones en peligro: viabilidad demográfica de la flora vascular amenazada de España. [Recurso electrónico] Madrid: Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Dispoñible en: http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales
Maxted, N., Ford-Lloyd, B.V. and Hawkes, J.G., 1997. Plant Genetic Conservation: the in situ approach. London: Chapman & Hall.
Pardo-de-Santayana, M., Pieroni, A. and Puri, R.K., 2010. Ethnobotany in the New Europe: People,Health and Wild Plant Resources. New York: Berghahn Books.
https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/Espazos_Naturais_Biodive…
http://www.anthos.es/
https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-la-bio…
https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/espacios-protegidos/
Básicas e Xerais:
Correspóndense coas que figuran na memoria de Grao en Bioloxía (2ª edición)
Transversais:
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de maneira colectiva.
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT7- Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
Específicas
CE4 – Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución
CE5 – Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE12 - Coñecer e comprender a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades.
CE13 - Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
-Clases maxistrais sobre os contidos teóricos da materia. A asistencia non é obrigatoria. Docencia presencial.
-Prácticas de campo para a realización de estudos reais sobre especies e comunidades vexetais nunha área concreta, que inclúan as funcións que desempeñan e o estado de conservación. A metodoloxía pedagóxica será a resolución de problemas de conservación de especies ou hábitats. Cada alumno/a elaborará unha memoria cos resultados obtidos. A asistencia non é obrigatoria. Docencia presencial.
-Seminarios sobre diferentes aspectos relacionados coa situación actual da biodiversidade vexetal e a súa conservación, en Europa, España e Galicia. Serán complementarios ás practicas, orientados á dar un marco global para resolución de problemas específicos de conservación. A asistencia non é obrigatoria.
-Titorías para apoio na resolución de dúbidas e problemas, así como para achegar información complementaria docente ou investigadora, relacionada coa materia. A asistencia non é obrigatoria.
- O Campus Virtual da USC utilizarase como complemento da docencia teórica e práctica
Realizarase un exame escrito ao finalizar a materia. Dado que xa non existiu a docencia presencial da asignatura por desaparición do seu Plan de Estudos a nota do exame teórico representará o 100% da cualificación final.
Non se poderá aprobar a materia se o alumno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota do exame teórico.
Na segunda oportunidade, manterase o mesmo criterio do 100% da nota en base ao exame teórico.
Total horas traballo presencial: 43 h
Clases expositivas: 26
Prácticas:11h
Seminarios: 3h
Titorías: 1h
Examen: 2h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Estudio individual: 59,5h
Elaboración memoria de prácticas: 5h
Elaboración de memoria de seminarios: 5h
TOTAL DE HORAS: 25h x 4,5 ECTS = 112,5h
- Asistencia ás clases e participación activa nos debates
- Consultar os libros e outras publicacións que se recomendan
- Facer uso das titorías para resolver dúbidas e problemas
- Facer uso de todas as ferramentas de traballo dispoñibles na Facultade de Bioloxía (biblioteca, laboratorios, aula de informática,.....) e noutros centros da USC.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Con carácter xeral, fica expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou ofrecido polo profesorado por outros canais.
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 11 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |