Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A Microbioloxía Clínica inclúe contidos mínimos de formación, adquisición de competencias e habilidades que o alumno do Grao en Bioloxía debe coñecer respecto das enfermidades infecciosas. Abórdanse aspectos relacionados cos mecanismos bacterianos de patoxenicidade e virulencia; iníciase ao alumno na análise microbiolóxica de mostras clínicas e realízase unha breve descrición sobre a etioloxía, patoxenia , sintomatoloxía e epidemioloxía das principais enfermidades infecciosas humanas. Estes contidos capacitarán ao alumno para abordar saídas profesionais da área da saúde relacionadas co coñecemento e a aprendizaxe do papel dos microorganismos como axentes infecciosos, así como das técnicas empregadas no diagnóstico microbiolóxico da enfermidade infeccios
1.-Programa de clases expositivas (e duración estimada)
Tema 1. Interaccions microorganismos hospedeiro human (2h)
Tema 2. Principios de epidemioloxía das enfermidades infecciosas (1h)
Tema 3. Enfermidades infecciosas de pel, tecidos brandos e ollos (2.5h)
Tema 4. Enfermidades infecciosas do sistema respiratorio (2.5h)
Tema 5. Enfermidades infecciosas do sistema gastrointestinal (2h)
Tema 6. Enfermidades infecciosas do sistema xenitourinario (1.5h)
Tema 7. Enfermidades infecciosas do sistema cardiovascular (1h)
Tema 8. Enfermidades infecciosas do sistema nervioso (1.5h)
Tema 9. Zoonosis (2h)
Tema 10. Infeccións nosocomiais (1h)
Tema 11. Principios de diagnóstico microbiolóxico (2h)
Tema 12. Estudo microbiolóxico de ouriños (1h)
Tema 13. Estudo microbiolóxico de feces (1h)
Tema 14. Estudo microbiolóxico de exudado faríngeo, conxuntival e ótico (1,5h)
Tema 15. Estudo microbiolxico de esputo (1h)
Tema 16. Estudo microbiolóxico de mostras uretrais e vaxinais (1h)
Tema 17. Estudo microbiolóxico de líquido cefalorraquídeo e sangue (1h)
Tema 18. Estudo microbiolóxico de mostras para anaerobios (0,5h)
2.-Programa de clases prácticas:
-O laboratorio de Microbioloxía Clínica: normas de seguridade. Estudo de microbiota normal de pel e garganta. Análise microbiolóxico de ouriños: urocultivo. (3h)
-Tinción Gram das mostras de pel, garganta e ouriños. Infeccións asociadas a catéter: Proba de Maki. Simulación de transmisión de patóxeno por contacto. (3h)
-Probas de identificación sobre os illados. Antibiograma por difusión no medio sólido. (3h)
- Análise e interpretación dos resultados. Recollida selectiva de residuos, esterilización e reciclaxe de material. Realización do exame de avaliación.
(3h)
3.-Clases Interactivas de Seminario (2h):
Terán carácter complementario para alcanzar os obxectivos docentes e poderán orientarse cara á ampliación de temas ou conceptos impartidos nas clases expositivas, a análise de casos prácticos e a discusión de artigos de divulgación ou noticias relevantes relacionadas coa materia ou cara á interpretación da Microbioloxía mediante diversas ferramentas audiovisuais (cine, TV, prensa, …).
4.-Tutorías
Os alumnos que así o soliciten recibirán 1h de tutoría para clarexar dúbidas de calquera aspecto da materia.
Básica
• Spiecer, W.J., 2009. Microbiología clínica y enfermedades infecciosas: texto y atlas en color. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
• Struthers, K. 2018. Microbiología Clínica. Ed. Manual Moderno.
Complementaria
-Bauman, RW. 2015. Microbiology with Diseases by Body System. 4th Ed. Pearson Education Limited.
-Gamazo, C., López-Goñi, I. y Díaz, R. dirs., 2005. Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
-Muñoz, A., Santos, Y. y Seoane, R. 2016. INFECT-ARTE: Aprende las enfermedades infecciosas a través del Arte. [libro electrónico] Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Dispoñible en: <http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/961>
-Prats, G. 2012. Microbiología y Parasitología Médicas. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
-Tortora, GJ., Funke, BR. y Case, CL. 2017. Introducción a la Microbiología. 12ª Ed. Medica Panamericana.
•http://www.seimc.org/documentos/protocolos/clinicos
Nesta materia, o/a alumno/a adquirirá e practicará todas as competencias básicas/xenerais desexables de calquer titulación universitaria, asi como todas as específicas da materia e algunhas transversais.
Competencias xerais
• CG5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnoloxica.
Competencias específicas
• CE1c. Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades. Técnicas básicas en Bioloxía.
• CE3f. Células, tecidos e órganos. Análisis microscópico.
• CE7a. Biotecnoloxía e biomedicina. Bases biolóxicas das enfermidades.
Competencias transversais
• CT11. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
A) Clases expositivas
Leccións maxistrais do profesor/a con diverso apoio informático. Non se controlará a asistencia. No Aula Virtual tamén haberá material complementario da materia a disposición do alumno.
B)Clases interactivas de Seminario
Estas actividades teñen carácter voluntario e serán dirixidas polo profesor/a empregando como base diversos medios audiovisuais (imaxes, vídeos) ou resolución de casos prácticos, que servirán para ilustrar os temas a desenvolver. O alumno debe participar activamente tentando resolver as cuestions ou casos prácticos que se expoñan.
C) Clases prácticas de laboratorio
Son obrigatorias para superar a materia. Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos e da metodoloxía a seguir. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas habendo lido atentamente o contido do manual. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e observacións necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica, para o que contará coa supervisión do profesor/a.
Duración: 12h. O último día, tras valorar os resultados finais, o alumno presentará de forma coidada e esmerada o caderno de prácticas no cal haberá recollido todos os resultados obtidos e realizarase un cuestionario de avaliación.
D) Titorías
Os alumnos recibirán, se así o piden, 1h de tutoría destinada as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
Establécese avaliación continua ao longo do curso e unha proba final específica complementaria á avaliación continua. Nestas condicións, a cualificación final do alumno resulta de valorar os seguintes apartados:
-Proba final (xeneral) de carácter obrigatorio: 40%.
-Cuestionarios síncronos (6) de avaliación continua (bloques temáticos) de carácter obrigatorio: 30%.
-Clases Prácticas de carácter obrigatorio: 15%. Entrega do caderno de prácticas (máximo 0,5 puntos) e cuestionario (máximo 1 punto).
-Clases Interactivas de carácter voluntario: 15%. Cada interactiva será valorada cunha puntuación máxima de 0,75 puntos.
Estes mismos instrumentos permitirán avaliar as competencias adquiridas según o seguinte esquema:
-No examen: CG5
-No laboratorio: CE1c, CE3f, CE7a, CT11
-Na aula: CT11
Todas as actividades serán avaliadas na aula/laboratorio, agás os cuestionarios de avaliación continua que serán realizados e entregados a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibida a distribución de calquer material docente dispoñible na aula virtual sen o consentemento expreso do profesorado.
Para aprobar a materia ten que superarse a proba final xeral, e dicir, resolver adecuadamente o 50% das preguntas, tendo en conta que por cada dous preguntas mal contestadas anulase unha resposta correcta; unha vez alcanzada esta puntuación mínima, sumaranse as calificacions obtidas nas clases prácticas, nos cuestionarios de avaliación continua e nas clases interactivas, situándose o aprobado da materia no valor 5. Na segunda oportunidade, empregaranse os mesmos criterios de avaliación.
Os estudantes repetidores teñen dereito a repetir todas as actividades pero, se o desexan, poden conservar as cualificacións que obtivesen nas Clases Prácticas e Interactivas dentro dos dous cursos anteriores ao actual e, nese caso, teñen a obriga de realizar os cuestionarios de avaliación continua e a proba final.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 65,5h
Realización das probas no marco da avaliacion continua: 4h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Aconséllase aos alumnos que empecen a estudar a materia desde o primeiro día. É moi importante que se familiaricen co vocabulario propio da materia canto antes, para o que disporán, entre outros materiais didácticos, dun glosario de termos no Aula Virtual. Por ser unha materia de poucos créditos, a información que se dá nas clases expositivas está moi condensada, polo que se recomenda o estudo semanal, a consulta frecuente dos libros recomendados na bibliografía e o acceso ao material didáctico da Aula Virtual.
En canto ás clases prácticas, é esencial que o alumno presente unha actitude responsable durante as horas que pasará no laboratorio, do que se desprenderá a adquisición de destreza na manipulación dos microorganismos.
Respecto das clases interactivas, o alumno beneficiarase dunha actitude participativa, sendo o momento máis adecuado para a súa intervención no aula.