Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Facilitar os coñecementos básicos da xeobotánica e o súa terminoloxía.
Crear as bases para desenvolver capacidade de crítica e síntese da información obtida, mediante a consulta de diversas fontes.
Incentivar a capacidade de investigación en xeobotánica.
Clases teóricas, duración aproximada: (25 horas) (Docencia presencial)
Bloque Temático 1 (8 horas. Temas 1-5): Desenvolvemento histórico da xeobotánica ou bioxeografía vexetal. Elementos conceptuais clave para comprender a distribución das especies no espazo e o tempo. O nicho ecolóxico.
Tema 1: Introdución á xeobotánica. O nicho ecolóxico ou ambiental (2 horas)
Tema 2: Subdisciplinas da xeobotánica: Coroloxía, areografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía (2 horas)
Tema 3: Xeobotánica histórica e ecolóxica: Bioxeografía evolutiva das plantas (1 hora)
Tema 4: Desenvolvemento histórico da xeobotánica. Principais escolas e debates (1 hora) Tema 5: Bioxeografía. Novos desenvolvementos: filoxeografía, macroecoloxía, ecoloxía da paisaxe (1 hora)
Bloque Temático 2 (10 horas. Temas: 6-10): Padróns de distribución, diversificación e procesos bioxeográficos. Tipos de áreas, factores relacionados coa endemicidade e procesos bioxeográficos e evolutivos que dan orixe aos padróns. Disxuncións e vías de dispersión.
Tema 6: Tipos de áreas. Áreas naturais e non naturais. Arqueofitos vs. neófitos (2 horas)
Tema 7: Área endémica e padróns de biodiversidade (2 horas)
Tema 8: O Hotspot mediterráneo de biodiversidade e aproximacións bioxeográficas. Endemismo filoxenético e diversidade filoxenética. Tipos de endemismos. Procesos evolutivos (2 horas)
Tema 9: O endemismo vexetal ibérico. Factores promotores ambientais e padróns espaciais (2 horas)
Tema 10: Padróns bioxeográficos disxuntos. Procesos explicativos: extinción, adaptación, migración. Dispersión e vicarianza (2 horas).
Bloque Temático 3 (8 horas. Temas: 11-14): A influencia do clima pasado e presente na configuración das floras actuais. Clasificacións bioclimatolóxicas e biomas. Fitoclimatoloxía, Unidades bioxeográficas ibéricas e vexetación ibérica e galega.
Tema 11: Bioclimatoloxía. A influencia do clima. Evolución da vexetación e mudanza climática no Terciario e Cuaternario. Último máximo glaciar e procesos tardiglaciares. O Holoceno (2 horas)
Tema 12: Padróns climáticos globais. Clasificacións bioclimáticas e biomas (2 horas)
Tema 13: Fitoclimatoloxía e xeobotánica. A escola de Salvador Rivas Martínez. Bioclimas, termotipos, ombrotipos e series de vexetación (1 hora)
Tema 14: Rexionalización fitoxeográfica e principais unidades de vexetación galegas (3 horas)
Saída interactiva de campo (11 horas) (Presencial): Será realizada unha práctica de campo dun día completo, con saída pola mañá e regreso pola tarde, á zona oriental galega para analizar comunidades vexetais de montaña temperada (contorna do Cebreiro e Caurel) e zonas ecolóxicas de influencia climática mediterránea (Serra da Enciña da Lastra).
Interactivas de campo (4 horas) (Presenciais): Análise da flora urbana espontánea de Santiago de Compostela, empregada como elemento pedagóxico na xeobotánica. Realízase un percorrido por diferentes hábitats con vexetación urbana ofrecendo unha interpretación bioxeográfica e ecolóxica. O alumnado deberá escoller diversas áreas e realizar traballos por grupos en base a unha serie de preguntas relacionadas coa materia, realizando un proxecto nunha plataforma de ciencia cidadá orientada á biodiversidade. Alternativamente, se as condicións o aconsellasen, esta actividade podería ser substituída por un seminario de 4 horas, con dúas opcións. Opción 1: Abordaría a reconstrución ancestral de área e os procesos bioxeográficos históricos dunha liñaxe vexetal que presente padróns de distribución disxuntos utilizando unha filoxenia molecular. Opción 2: Modelado de nicho ecolóxico con datos de distribución de especies vexetais.
Titorías (1 hora) (Presencial) Resolución de dúbidas
Exame (3 horas).
Bibliografía Básica
Alcaraz, F. 1999. Manual de Teoría y Práctica de Geobotánica. Editorial DM. Colección Texto – Guía. ICE. Univ. Murcia.
Barry Cox, C., Moore, P.D., Ladle, R.J. 2016. Biogeography: An Ecological and Evolutionary Approach. 9th Edition. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-1-118-96857-4.
Peinado, M. & Rivas Martínez (Eds.) 1987. La vegetación de España. Colección Aula Abierta, 3, Serv. Publ. Univ. Alcalá de Henares. Alcalá de Henares.
Kent, M. & Coker,P. 1998. Vegetation, Description and analysis. A practical approach. .John Wiley & Sons,New York.
Bibliografía Complementaria
Blanco, E. et al. 1996. Los Bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Ed. Planeta, Barcelona
Loidi, J. 2017. The vegetation of the Iberian Peninsula. Vol. 1 & 2 Plant and Vegetation, Springer Nature.
Thompson, J.D. (2007) Plant Evolution in the Mediterranean. Oxford Scholarship Online. ISBN-13: 9780198515340. Rull, V. 2020. Quaternary Ecology, Evolution, and Biogeography. Academic Press. ISBN 978-0-12-820473-3
Recursos online:
http://www.biodiversidade.eu
http://www.bosquesdegalicia.es/
https://www.researchgate.net/publication/233755631_ Biogeografia_ Capitulo_45
Básicas e Xerais: Corresponden ás recollidas na memoria do Grao en Bioloxía. A materia de Xeobotánica, en maior ou menor medida, atenderá a que o alumnado desenvolva todas estas competencias.
Competencias transversais:
CT1 – Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT7 - Capacidade para aplicar os Tics no ámbito da Bioloxía.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
Competencias específicas
CE5 - Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6- Desenvolver a capacidade de obter, manexar, conservar, identificar e clasificar espécimes biolóxicos, así como os seus restos e rastros.
CE10- Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
CE12- Coñecer e comprender a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades.
CE13- Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
a) Programa teórico. A metodoloxía será de clase maxistral, onde o profesor ou profesora exporá a materia con presentacións audiovisuais, que estarán dispoñíbeis no Campus Virtual unha vez sexan presentadas na aula. Nas aulas será fomentada a participación do alumnado, con preguntas frecuentes e o establecemento ocasional de debates de curta duración sobre aspectos da materia.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Poderá realizarse un control dos contidos teóricos unha vez impartidos dous terzos da materia, cun formato semellante ao do exame final. O seu propósito é familiarizar o alumnado co devandito formato e avaliar se existen carencias de coñecemento que é necesario repasar, e constitúe en si propio un elemento pedagóxico. A participación no control é voluntaria. A nota obtida non formará parte da avaliación da materia.
b) Interactiva con saída de campo de 11 horas. Asistencia moi recomendable, mais non obrigatoria. A visita ás distintas realidades xeobotánicas da transición Atlántico-Mediterránea irá acompañada de explicacións e caracterizacións da flora e as súas comunidades en relación ao bioclima, á litoloxía, ás afinidades bioxeográficas..., onde o alumnado terá que recoller parte desta información e subila de forma correcta e xeolocalizada, acompañada dunha breve explicación botánica e bioxeográfica, nunha plataforma online de ciencia cidadá. Este aspecto será realizado de forma individual e será avaliábel.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
c) Interactiva de campo ou seminario. O profesor ou profesora guiará o alumnado por diversos hábitats urbanos con presenza de flora, ofrecendo explicacións e expondo cuestións. O alumnado traballará en grupos de arredor de 4 persoas. Cada grupo deberá escoller unha das áreas visitadas e realizar un pequeno traballo de caracterización da flora presente en base a unha serie de preguntas relacionadas coa materia, realizando un proxecto que se desenvolverá nunha plataforma online de ciencia cidadá orientada á biodiversidade. Adóptase unha metodoloxía pedagóxica de Aula Invertida, de forma que se ofrece ao alumnado unha serie de materiais e espazos online de adquisición de coñecemento, para que cada grupo poida realizar a procura e síntese de información que se aplicar ao seu caso particular de estudo. Os aspectos que se necesita abordar son parte dos contidos teóricos de materia, onde son tratados con maior intensidade de forma xeral. O resultado será avaliábel. No caso de que as circunstancias motiven a substitución desta actividade por seminarios, na forma que se indica na sección de Contidos, tamén se traballará por grupos de arredor de 4 persoas.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Titoría: Estará orientada á resolución de dúbidas relativas a contidos ou outros aspectos relacionados coa materia.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Exame. Presencial e obrigatorio.
A avaliación será igual para repetidores e non repetidores.
A avaliación será igual na primeira e a segunda oportunidade,
O exame final valórase co 70% da nota. A avaliación continua é complementaria ao exame, e representa en conxunto un 30% da nota. Dentro da avaliación continua, a actividade relacionada coa saída de campo de 11 h valórase de forma que representa un 20% da nota da avaliación continua (isto é, un 6% da nota global da materia). O 80% da nota da avaliación continua corresponde ás outras actividades interactivas (isto é, un 24% da nota global da materia).
Para aprobar a materia é imprescindíbel obter como mínimo 40% da nota máxima do exame, unha vez superado este valor súmase a nota da avaliación continua. A avaliación continua será valorada en base á participación e resultados nas actividades interactivas, tanto individuais como grupais.
Avaliación de competencias:
Exame teórico: CB2, CG2, CG3, CT2, CT4, CE5, CE12, CE13
Actividades interactivas: CB2, CB3, CB4, CX2, CX4, CX5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT9, CE6, CE10, CE12, CE13
Aulas expositivas: 25 h
Aulas interactivas: 15 h
Titoría: 1h
Exame: 3 h
Traballo personal do alumnado (estudo, realización de traballos individuais e grupais): 68,5 h
Recoméndase asistir á totalidade das clases expositivas e ás actividades interactivas. Con frecuencia, as presentacións teóricas estarán acompañadas de citas bibliográficas que apoian os contidos teóricos, co fin de que o alumnado máis interesado poida acudir á fonte orixinal. Se existiren dificultades para localizar ou obter esta bibliografía recoméndase contactar co profesor ou profesora da materia para posibilitar o acceso á mesma. Encoráxase a participación oral en clase, exercitando a capacidade de responder ou mesmo formular hipóteses nun cadro conceptual evolutivo e bioxeográfico relativo á flora. Recoméndase intervir nas clases cando algún aspecto teórico ou práctico non teña ficado claro, solicitando o seu esclarecemento e, con carácter xeral, manter un espírito crítico e non dogmático ante os contidos teóricos que se expoñan.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Con carácter xeral, fica expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou ofrecido polo profesorado por outros canais.
Luis Miguel Serrano Perez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3