Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Adquirir coñecementos básicos acerca dos compoñentes dos alimentos.
-Interpretar os cambios de natureza bioquímica que se producen neses compoñentes durante o almacenamento e a elaboración dos alimentos.
-Comprender como afectan os procesos degradativos aos alimentos, e coñecer as técnicas que permitan evitar ou limitar o seu desenvolvemento.
-Coñecer os cambios de natureza bioquímica que se producen durante o almacenamento e a elaboración dos alimentos; así como os procesos degradativos que poden afectar os alimentos e as técnicas que permitan evitar ou limitar o seu desenvolvemento.
Teoría:
Compoñentes dos alimentos.
Cambios bioquímicos nos alimentos crus.
Procesos bioquímicos na degradación dos alimentos.
Cambios bioquímicos na elaboración dos alimentos.
Tecnoloxía aplicada á produción de enzimas para o seu emprego na industria alimentaria.
Prácticas:
Separación de proteínas mediante electroforesis I: cuantificación de proteínas polo método de Bradford e preparación de xeles de acrilamida.
Separación de proteínas mediante electroforesis II: desenvolvemento da electroforesis, tinción, decoloración e análise dos resultados.
Obtención de colesterol a partir de xema de ovo.
-Antonio Madrid Vicente. 2021. "Bioquímica de los alimentos: con ejercicios prácticos resueltos". Ed. AMV.
- Luis S. Díaz Neira. 2010. "Principios básicos de la química y bioquímica de los alimentos". Editorial Universidad de La Serena.
- Romain Jeantet et al. 2010. "Ciencia de los alimentos: bioquímica, microbiología, procesos, productos". Editorial Acribia.
-Gustavo Andújar, Dany Pérez, Octavio Venegas. 2009. "Química y Bioquímica de la carne y los productos cárnicos".elibro Cátedra España.
-Gòdia Casablancas y López Santín Editores. 1998. "Ingeniería Bioquímica".
-Nelson, D.L. y Cox, M.M. 2018. Lehninger. Principios de Bioquímica 7ª Edición. Ed. Omega.
-Voet, Voet y Pratt. 2016. Bioquímica 4ª Edición. Editorial Médica Panamericana (también disponible on-line en la BUSC).
-Berg, J.M.; Tymoczko, J.L. y Stryer, L. 2012. Bioquímica 7ª Edición. Ed. Reverté S.A. (también disponible on-line en la BUSC)
-Mathews, C.K.; Van Holde, K.E.; Appling, D.R. y Anthony-Cahill, S.J. 2013. Bioquímica. 4ª Edición. Pearson Educación.
-Baynes, J.W. y Dominiczak, M.H. 2014. Bioquímica Médica 4ª Edición. Elsevier.
-Campbell, P.N.; Smith, A.D. y Peters, T.J. 2010. Bioquímica Ilustrada. Bioquímica y biología molecular en la era posgenómica 5ª Edición. Elsevier.
-Gil, A. 2017. Tratado de Nutrición. Tomo I. Bases Fisiológicas y Bioquímicas de la Nutrición 3ª Edición. Editorial Médica Panamericana. (también disponible on-line en la BUSC)
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG2 - Pensar dunha forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas tanto no plano técnico-profesional, como a súa relación cos problemas sociais/económicos que implican a un bioquímico.
CG3 - Capacidade de adaptación a novas situacións de tipo bioquímico que requiran unha visión diferente ás previamente establecidas ou estudadas.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
Competencias específicas (resultados da aprendizaxe):
CEOP4: Coñecer os cambios de natureza bioquímica que se producen durante o almacenamento e a elaboración dos alimentos; así como os procesos degradativos que poden afectar os alimentos e as técnicas que permitan evitar ou limitar o seu desenvolvemento.
-As clases expositivas ou maxistrais (33 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado.
- As clases prácticas de laboratorio (12 horas) incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos para desenvolver. Os estudantes traballarán en grupos de 2-3 alumnos.
- Nos seminarios interactivos (3 horas) os estudantes presentarán oralmente traballos realizados en grupo relacionados cos temas da materia.
-A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de titoría en grupo (3 horas). Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
-Utilizarase de forma continuada como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
As titorías poderán realizarse tanto presencialmente como a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Para a avaliación da materia teranse en conta 4 apartados: exame teórico, prácticas de laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates.
O exame final (60% da cualificación final, complementaria á avaliación continua) será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do Curso Académico. Trátase dun exame tipo test, que consta de 100 preguntas con 4 respostas das cales só unha será correcta. Ademais, o exame completarase con varias preguntas curtas. O tempo de realización do exame será de 2 horas.
Competencias avaliadas: CB2, CG2, CT7, CEOP4.
Prácticas de laboratorio (15% da valoración final) os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito (10% da nota final) que se efectuará á conclusión das prácticas. A valoración do caderno de prácticas e da actitude no traballo de laboratorio supoñerá o 5% restante da nota final.
Competencias avaliadas: CG2, CG3, CT7, CEOP4.
Presentación de traballos (15% da cualificación final) valoraranse aspectos como a estrutura do traballo, a calidade da información e a presentación oral.
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG2, CG3, CT1, CT9, CEOP4.
Avaliación continua (10% da cualificación final) valorarase a participación activa en clase e a resolución de problemas (tamén nas titorías en grupo).
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG2, CG3, CT1, CT7, CT9, CEOP4.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 39% son presenciais e o 61% son horas de traballo autónomo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
Clases maxistrais: 33 h presenciais / 72 h traballo autónomo
Seminarios: 3 h presenciais / 6 h traballo autónomo
Prácticas: 12 h presenciais / 12 h traballo autónomo
Titorías en grupo: 3 h presenciais / 9 h traballo autónomo
Recoméndase a asistencia a clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías.
Prestar atención nas clases teóricas, seminarios e prácticas.
Levar a materia ao día e profundar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Os idiomas de docencia son castelán e galego.
A cualificación da 2ª oportunidade realizarase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ao feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demais apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; que en ningún caso teñen carácter obrigatorio) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria.
Soamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
Ramiro Barcia Vieitez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ramiro.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Fresno Herrero
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ana.fresno [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
20.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
05.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |