Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar a estrutura das diferentes clases de biomoléculas
- Coñecer as características estruturais e as funcións das diferentes biomoléculas
- Coñecer as bases estruturais das interaccións entre diferentes tipos de biomoléculas
- Diferenciar os niveis de organización estrutural das diferentes biomoléculas para formar estruturas supramoleculares
- Coñecer os fundamentos das técnicas de purificación e caracterización estrutural de proteínas
- Adquirir experiencia de laboratorio para o manexo de técnicas bioquímicas básicas
1. CONTIDOS TEÓRICOS
Temario clases expositivas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Concepto de Bioquímica. Organización da materia viva.
Tema 2.- Propiedades da auga: polaridade e ionización. Concepto de pH e solucións reguladoras de pH.
UNIDADE DIDÁCTICA 2. ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS
Tema 3.- Estrutura, clasificación e propiedades dos aminoácidos proteinóxenos. Aminoácidos pseudoproteinóxenos. Aminoácidos non proteinóxenos.
Tema 4. O enlace peptídico. Estrutura e función de péptidos de interese biolóxico. Clasificación e función das proteínas. Niveis de organización estrutural das proteínas. Proteínas globulares e proteínas fibrosas. Desnaturalización. Propiedades ácido-base das proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 3.- ESTRUCTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS GLÚCIDOS
Tema 5. Estrutura, clasificación e propiedades dos monosacáridos. Derivados dos monosacáridos de interese biolóxico.
Tema 6. O enlace glicosídico. Oligosacáridos de interese biolóxico. Polisacáridos de reserva e polisacáridos estruturais. Glicoproteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 4.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS ÁCIDOS NUCLEICOS
Tema 7. Bases púricas e pirimidínicas. Nucleósidos e nucleótidos. Nucleótidos libres con funcións específicas.
Tema 8. Niveis de organización estrutural do ADN. Características estruturais dos diferentes tipos de ARN. Asociación ARN-proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 5.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS LÍPIDOS
Tema 9. Estrutura e propiedades dos ácidos graxos. Derivados de ácidos graxos: estrutura e funcións dos eicosanoides.
Tema 10. Triacilgliceroles e ceras. Fosfoglicéridos. Esfingolípidos. Lípidos derivados do isopreno: esteroides e ubiquinona.
Tema 11. Estrutura e clasificación das lipoproteínas. Membranas celulares. Mecanismos de transporte a través de membranas.
UNIDADE DIDÁCTICA 6.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS VITAMINAS
Tema 12. Vitaminas liposolubles: A, D, E y K.
Tema 13. Vitaminas hidrosolubles. Coenzimas derivados das vitaminas hidrosolubles.
Seminarios:
Bases dalgunhas técnicas básicas de estudio de proteínas
Seminario 1. Cromatografía: fundamentos e tipos. Equipamento de cromatografía. HPLC. FPLC. Cromatografía de gases.
Seminario 2. Electroforese: fundamentos. Electroforese en xeles de poliacrilamida-SDS. Isoelectroenfoque. Electroforese 2D.
Seminario 3. Nocións básicas de proteómica. Espectrometría de masas. Bases de datos e ferramentas informáticas en estudios proteómicos. Aplicacións.
2. CONTIDOS PRÁCTICOS
P1. Uso de material básico nun laboratorio de bioquímica (balanzas, axitadores magnéticos, pipetas automáticas, pH-metro..). Preparación de disoluciones. Diluciones.
P2. Preparación de soluciones reguladoras de pH. Análise do seu efecto.
P3. Determinación da concentración de proteínas en mostras biolóxicas polo método de Lowry.
P4. Separación de proteínas de soro sanguíneo de diferentes especies animais mediante electroforese en gel de agarosa. Interpretación dos proteinogramas.
P5. Introdución as técnicas cromatográficas. Separación de aminoácidos mediante cromatografía en capa fina. Separación de moléculas mediante cromatografía de xel-filtración (columna).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- NELSON, D.L. & COX, M.M., Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- TYMOCZKO, J.L., BERG, J.M. & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. Reverté; Barcelona, 2014.
- STRYER,L; BERG, J.M. & TYMOCZCO, J.L., Bioquímica con aplicaciones clínicas, 7ª ed., Ed. Reverté, Barcelona, 2013.
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, C.W., Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., Ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
- MCKEE, T. & MCKEE, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 7ª ed., Ed. McGRawHill Interamericana, México, 2020 (versión electrónica).
- FEDUCHI, E., ROMERO, C., YAÑEZ, E., GARCÍA-HOZ, C., Bioquímica: conceptos esenciales, 3ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2021 (versión electrónica).
- KOOLMAN, J. & RÖHM, K.H., Bioquímica: texto y atlas, 4ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2012.
- TEIJÓN, J.M., BLANCO, M.D., OLMO, R.M., POSADA, P., TEIJÓN, C. & VILLARINO, A. Fundamentos de Bioquímica estrutural, 3ª ed., Ed. Tébar Flores, Madrid, 2017.
- HERRERA, E., RAMOS, M.P., VIANA, M., Bioquímica básica. Ed. Elsevier, Barcelona, 2014
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- https://biomodel.uah.es/
- GE Healthcare, Principles & Methodology Handbooks (acceso libre)
https://www.cytivalifesciences.com/en/es/support/handbooks
- Protopedia; estructura 3D de proteínas e outras biomoléculas
http://proteopedia.org/wiki/index.php/Main_Page
- Martínez del Pozo , A. (2020) Moléculas imprescindibles para a vida
https://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/moleculas-de-la-vida#!114_Acido…
- SEBBM: Videos e experimentos on-line
https://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/rincon-profesor-ciencias/recurs…
- Vídeos cromatografía (revisados xullo 2020)
https://www.news-medical.net/life-sciences/How-Does-Ion-Exchange-Chroma…
https://www.news-medical.net/life-sciences/Chromatography-Overview.aspx
https://www.azolifesciences.com/article/High-Performance-Liquid-Chromat…
- Vídeos electroforese (revisados xullo 2020)
https://www.youtube.com/watch?v=_8xftsCIwYo
https://www.youtube.com/watch?v=i_6y6Z5UvwE
-Proteómica
- Corrales, FJ (2019) Traduciendo el código de la vida. La proteómica
DOI: http://dx.doi.org/10.18567/sebbmdiv_RPC.2019.08.1
- Aebersold, R., Mann, M. (2003) Mass spectrometry-based proteomics. Nature 422, 198–207 (https://doi.org/10.1038/nature01511
- Cox J, Mann M. Is proteomics the new genomics? (2007). Cell, 130, 395-398. doi:10.1016/j.cell.2007.07.032
Básicas e xerais
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1. Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG6. Capacidade para traballar de forma adecuada nun laboratorio aplicando as normas de seguridade e as normativas específicas de manipulación de material biolóxico e/ou químico.
Transversais
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT6: Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos.
Específicas
CES7 - Comprender os principios que determinan a estrutura tridimensional de macromoléculas e
complexos supramoleculares biolóxicos, e ser capaz de explicar as relacións entre a estrutura e a
función. Comprender as bases bioquímicas e moleculares do plegamento, modificación postraduccional,
tráfico intracelular, localización subcelular e recambio das proteínas celulares. Comprender a estrutura
das membranas celulares e o seu papel no transporte de moléculas, transducción de enerxía e
transducción de sinais
CONTIDOS TEÓRICOS
Clases expositivas. Os contidos teóricos impartiranse na aula, en 30 sesións de 45-50 minutos de duración cada unha. A exposición dos contidos apoiarase en presentacións elaboradas especificamente para cada tema.
Titorías. Como complemento á docencia teórica, cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións (1h/sesión) de titorías en grupo que se impartirán na aula. Estas clases servirán para desenvolver e reforzar a aprendizaxe dos contidos fundamentais da materia e fomentar a participación activa do alumnado. Para este fin, durante as sesións formularanse, de xeito secuencial, unha serie de cuestións que o alumno/a deberá resolver con respostas razoadas, coa orientación e guía do profesor. Estas cuestións servirán de fío condutor para repasar os contidos fundamentais da materia e reforzar a súa comprensión. Nas sesións de titoría prestarase especial atención e farase fincapé no emprego da terminoloxía axeitada.
Seminarios. Cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións (1h/sesión) de seminarios que se impartirán na aula. Estas clases están dedicadas a explicar nocións básicas sobre o fundamento e tipos de técnicas de illamento e caracterización estrutural de proteínas. A explicación estará apoiada en presentacións e vídeos.
O alumnado deberá elaborar en horas de traballo autónomo e ben de maneira individual ou en grupos, un traballo proposto polo profesorado e relacionado cos contidos da materia.
CONTIDOS PRÁCTICOS
As prácticas realizaranse en grupos de 20 alumnos/as como máximo no laboratorio da Facultade de Ciencias ou do departamento de Bioquímica (Facultade de Veterinaria). Cada grupo realizará 5 sesións de prácticas de 3 horas cada unha. Porase a disposición do alumnado, a través da aula virtual, un Manual de Prácticas, no que se detallan os aspectos teóricos así como a metodoloxía a seguir para o desenvolvemento de cada práctica. Cada alumno/a debe elaborar unha memoria de prácticas que será corrixida e avaliada. Todo o alumnado deberá acudir as prácticas provisto do manual de prácticas, guantes de látex e bata de laboratorio.
Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo están ao dispor dos/as alumnos/as exemplares dos libros de texto e manuais recomendados para o seguimento da materia. Así mesmo, os estudantes teñen a súa disposición os libros en versión electrónica a través da biblioteca universitaria na seguinte ligazón (https://biblioteca-usc.gal/).
Avaliaranse os seguintes apartados:
1) Valoración das prácticas de laboratorio (20% da cualificación global).
Valoraranse os seguintes aspectos: a destreza e habilidade no manexo do material e equipamento de laboratorio; a actitude e o interese mostrado no desenvolvemento da práctica; a resposta as cuestións plantexadas polo/a profesor/a; a presentación dos resultados e a capacidade para interpretar e discutir sobre os datos obtidos(valoración da memoria de prácticas). Competencias avaliadas: CB1, CG1, CG6, CES7.
2) Valoración dun traballo individual relacionado cos contidos da materia (10% da cualificación global). Competencias avaliadas: CT5, CT6, CES7.
3) Valoración da participación activa nas titorías en grupo (10 % da cualificación global). Valorarase a capacidade para responder correctamente ás preguntas que se formulen relacionadas cos contidos clave tratados previamente nas clases expositivas, e o uso da terminoloxía axeitada, mediante a observación directa do profesor e a realización dunha pequena proba ao finalizar a sesión. Competencias avaliadas: CB1, CG1, CT9, CES7.
4) Valoración do nivel de coñecementos adquiridos (60% da cualificación global). Valorarase a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos mediante unha proba escrita tipo test e de preguntas de resposta aberta. Competencias avaliadas: CB1, CG1, CT9, CES7. Esta proba é complementaria as probas de avaliación continua.
REQUISITOS:
1. Para ter en conta as cualificacións dos apartados 1, 2 e 3, o alumno/a deberá obter una cualificación mínima de 4.5 puntos/10 na proba escrita (apartado 4).
2. A asistencia presencial e participación activa nas clases prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para poder realizar o exame final, e polo tanto aprobar a materia, tanto na convocatoria ordinaria coma na oportunidade de recuperación. A falta de asistencia a unha práctica deberá ser xustificada documentalmente e, sempre que sexa posible, comunicada con antelación. O alumno/a deberá recuperar a(s) práctica(s) non realizada(s) noutro grupo que lle sexa asignado. En caso de non recuperala(s) considérase que as prácticas non foron superadas.
3.- A nota obtida nos apartados prácticas, traballo e tutorías terá validez para as duas oportunidades do curso. Se un/a alumno/a debe cursar novamente a materia se lle conservará, se así o desexa, a nota obtida no apartado prácticas durante os seguintes tres cursos académicos.
4.- Soamente o/as alumnos/as que non realizaron ningunha actividade durante o curso serán calificados como "non presentado".
MODO DE REALIZACIÓN DE PROBAS: todas as probas realizaranse de forma presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de probas o exames será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TEMPO TOTAL DE TRABALLO PARA O ALUMNO/A: 150 horas
1. Clases presenciais: 51 horas, distribuídas do seguinte xeito:
- 30 h clases expositivas
- 3 h seminarios
- 15 h de prácticas de laboratorio
- 3 h titorías en grupo reducido
2. Tempo de estudo e traballo persoal: 99 horas, distribuídas do seguinte xeito:
- Asimilación de contidos teóricos: 78 horas de estudo e resolución de problemas.
- Elaboración dun traballo académico: 6 h
- Elaboración da memoria de prácticas: 15 horas de traballo individual.
O tempo de estudo e traballo persoal estimado para superar a materia mantense nos tres escenarios previstos.
Recoméndase aos alumnos/as dedicar un tempo de estudo e traballo persoal xusto despois de cada clase expositiva para ordenar, entender e fixar os conceptos fundamentais do tema en cuestión. Nese caso, o alumno/a estará en condicións de participar dunha forma activa nas clases de titoría; ademais, o tempo de estudo previo ao exame que o alumno/a deberá dedicar para superar a materia reducirase considerablemente.
Titorías personalizadas previa cita. Departamento de Bioquímica. Pavillón II. Facultade de Veterinaria.
Jose Antonio Villamarin Cid
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Saskia Camille Flament Simon
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- saskia.flament [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
13.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
13.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
05.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
05.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |