Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten unha correcta e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación de datos especialmente enfocado á Biotecnoloxía.
Estes obxectivos céntranse nos fundamentos e modelos básicos dos métodos estatísticos e na análise exploratoria e inferencial dos datos.
- Saber obter, organizar, presentar e describir conxuntos de datos mediante estatística descritiva.
- Saber calcular a probabilidade dun evento.
- Coñecer as características e distribución das variables aleatorias.
- Saber describir e aplicar métodos de estatística inferencial.
- Saber describir e aplicar modelos matemáticos de regresión lineal e análise da varianza.
Expositivas (26 horas)
Tema 1. Estatística descritiva (5 horas)
Tema 2. Probabilidade (3 horas)
Tema 3. Variables aleatorias (4 horas)
Tema 4. Introdución á Inferencia Estatística: estimación puntual, intervalos de confianza e contrastes de hipóteses. Inferencia en poboacións normais (8 horas)
Tema 5. Regresión lineal (4 horas)
Tema 6. Análise da varianza (3 horas)
Seminarios (11 horas)
- Resolución dos exercicios propostos en cada tema.
Aula de informática (10 horas)
- Implementación dos métodos co software estatístico R.
Bibliografía básica:
Crujeiras, R.M. e Faraldo, P., 2010. Manual de estadística básica para ciencias de la salud. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Estatística e Investigación Operativa.
Milton, J.S., 2007. Estadística para biología y ciencias de la salud. 3ª ed. amp. Madrid: Mc Graw-Hill Interamericana.
Verzani, J., 2005. Using R for Introductory Statistics. Boca Raton, FL: Chapman and Hall/CRC. Disponible en liña: https://cran.r-project.org/doc/contrib/Verzani-SimpleR.pdf
Bibliografía complementaria:
Dalgaard, P., 2008. Introductory statistics with R. 2nd ed. New York: Springer.
Daniel, W.W., 2009. Biostatistics: basic concepts and methodology for the health sciences. 9th ed. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons.
Peña, D., 2005. Fundamentos de estadística. Madrid: Alianza.
Rosner, B., 2011. Fundamentals of biostatistics. 7th ed. Boston: Brooks/Cole.
Rius Díaz, F. e Wärnberg, J., 2014. Bioestadística. 2ª ed. Madrid: Paraninfo.
Dentro dos resultados da aprendizaxe que se recollen na Memoria de Verificación do Grao de Biotecnoloxía, nesta materia abordaranse os seguintes coñecementos/contidos, habilidades/destrezas e competencias:
Coñecementos/contidos:
- Con01: coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
Habilidades/Destrezas:
- H/D02: buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedente de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
- H/D04: interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
- H/D06: manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
- H/D10: saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
Competencias:
- Comp01: que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Comp02: que as/os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral.
- Comp04: que as/os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no planteamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnolóxica.
- Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
- A materia conta con seis créditos ECTS repartidos en 27 horas de docencia expositiva, 11 horas de docencia interactiva e 10 horas de prácticas de ordenador.
- As clases desenvolveranse no aula asignada facendo uso fundamentalmente da pizarra e de presentacións. Fomentarase a participación do alumnado nas clases, sobre todo nos aspectos máis prácticos. Tamén se discutirán e resolverán diversos exercicios enunciados en boletíns, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual, para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para avaliar o seu aproveitamento.
- O alumnado contará co apoio do Campus Virtual da USC, a través da páxina do curso, para dispoñer de acceso aos programas, bibliografía e distintos boletíns de exercicios, así como a notas dalgúns temas e información sobre actividades complementarias voluntarias e ferramentas de comunicación.
Avaliación continua (30%): a avaliación continua levarase a cabo ao longo do semestre. Constará dos seguintes elementos:
- Resolución de exercicios dos boletíns asociados a cada tema e exposición nas clases de seminario.
- Entrega de exercicios resoltos e debidamente redactados para a súa avaliación polo profesorado.
- Proba intermedia que incluirá diferentes preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia.
- Formularios de avaliación das clases prácticas de ordenador, que se realizará nas propias horas de docencia práctica.
Mediante as actividades de avaliación continua avaliaranse os seguintes resultados da aprendizaxe: Con01, H/D02, H/D04, H/D06, H/D10, Comp01, Comp02, Comp04 e Comp05. Ademais, a cualificación obtida por avaliación continua será conservada unicamente para a proba de segunda oportunidade do mesmo curso.
Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co software estatístico utilizado na docencia práctica de ordenador. Este exame terá carácter presencial.
Mediante esta actividade avaliaranse os seguintes resultados da aprendizaxe: Con01, H/D10, Comp04 e Comp05.
Os/As alumnos/as repetidores/as terán o mesmo sistema de avaliación. Considérase que un/unha estudante presentouse a unha convocatoria cando participou en actividades de avaliación que supoñen máis do 50% da avaliación total. Ademais, o sistema de avaliación será o mesmo na segunda oportunidade de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nesta materia, o alumnado conta con 27 horas de docencia expositiva y 21 horas de docencia interactiva (seminarios e prácticas de ordenador). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo arredor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía). En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da sesión. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns ou da bibliografía recomendada).
- Asistencia a todas as actividades docentes e seguimento das tarefas propostas polos/polas profesores/as da materia.
- Facer uso das titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
- Dedicar ao estudo da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do cuadrimestre.
O material docente poñerase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Ademais o software empregado nas sesións de interactivas de laboratorio pode descargarse de maneira gratuíta da seguinte ligazón https://cran.r-project.org/.
Maria Angeles Fernandez Sotelo
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813210
- Correo electrónico
- mangeles.fernandez.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mercedes Conde Amboage
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mercedes.amboage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Vidal Garcia
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariavidal.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |