Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os criterios de uso dos microorganismos no contexto industrial, medioambiental e clínico.
Saber interpretar datos e resultados experimentais no ámbito da Biotecnoloxía.
Coñecer os criterios para o escalado industrial en procesos biotecnolóxicos.
Programa de clases expositivas
Tema 1. Conceptos xerais en biotecnoloxía microbiana. Bioloxía sintética (SynBio) e factorías celulares microbianas. Prospección de microorganismos de importancia biotecnolóxica. (2 h)
Tema 2. Enxeñaría xenética de bacterias e fungos para aplicacións biotecnolóxicas. (3 h)
Tema 3. Sistemas de secreción en microorganismos. Produción heteróloga de proteínas. Produción de enzimas microbianas de interese biotecnolóxico. (2 h)
Tema 4. Bases biotecnolóxicas da produción de alimentos mediante o uso de microorganismos. Mellora xenética en bacterias e fungos para a industria alimentaria. (3 h)
Tema 5. Biotecnoloxía da produción de aminoácidos, ácidos orgánicos e aditivos por microorganismos. (2 h)
Tema 6. Bases biotecnolóxicas da produción de antibióticos. (2 h)
Tema 7. Biotecnoloxía de vacinas. (3 h)
Tema 8. Biotecnoloxía aplicada ao control de pragas e enfermidades: insecticidas microbianos, Paratransxénese. (1 h)
Tema 9. Biotecnoloxía microbiana, desenvolvemento sostible e aplicacións bioenerxéticas. Degradación de biomasa e produción de carburantes. (2 h)
Programa de clases Interactivas de laboratorio: (10 h por grupo)
Práctica 1-Obtención de microorganismos produtores de enzimas degradativas e de antibióticos, a partir de mostras naturais.
Práctica 2-Construción dunha xenoteca bacteriana para clonación do xene dunha enzima con aplicación biotecnológica.
Práctica 3-Técnicas de mutaxénese mediante transposición para identificar as bases xenéticas da biosíntese de enzimas e as rutas de regulación xenética.
Práctica 4-Observación macroscópica e microscópica de fungos filamentosos e levaduras. Realización de fermentacións do ácido láctico.
Programa de clases interactivas de seminarios (7 h)
Poderán realizarse diferentes modalidades de Seminarios: Modalidade 1) O profesor facilitará ao alumnado a través da aula virtual o enunciado/plantexamento dun ou varios casos a resolver, e/ou traballos de investigación/divulgación relacionados coa materia. Cada alumno traballará, individualmente ou ben en grupos organizados polo profesor, para analizar os casos e/ou traballos de investigación. Modalidade 2) Seminarios sobre os que se discutirán temáticas de actualidade de interese para o alumnado.
Bibliografía básica
- Glazer, A. and Nikaido, H. 2007. Microbial Biotechnology: Fundamentals of Applied Microbiology. 2nd Edition. Cambridge University Press. ISBN-10: 0521842107. ISBN-13: 978-0521842105
-Hutkins, R. W., 2006. Microbiology and technology of fermented foods. 1st Edition. IFT Press, Blackwell Publising.
https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9780470277515
-Glick, B.R., Pasternak, J.J., Patten, C.L. 2010. Molecular Biotechnology: Principles and Applications of recombinant DNA. 4th Edition. ASM Press. ISBN 978-1-55581-498-4.
- Kun L.Y.,2013. Microbial Biotechnology: Principles and Applications. 3rd edition. World Scientific Publishing Company; ISBN: 978-981-4366-81-6; ISBN: 978-981-4513-09-8 (ebook)
Bibliografía complementaria
- Brahmachari, G. 2017. Biotechnology of Microbial enzymes: production, biocatalysis and industrial applications. Academic Press. ISBN: 978-0-12-803725-6.
- El-Mansi et al. (eds.). 2012. Fermentation microbiology and Biotechnology. 3rd edition. CRC Taylor & Francis
- Gellissen, G. (ed.). 2005. Production of Recombinant Proteins-Novel Microbial and Eukaryotic Expression Systems. Wiley-VCH. ISBN: 978-3-527-31036-4 (printed version). ISBN: 978-3-527-60441-8 (e-book).
Coñecementos/Contidos:
Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía
Con05: Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e comprender as súas aplicacións nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos
Habilidades/Destrezas:
H/D01: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico
H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedente de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía
H/D09: Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais con aplicación no campo da Biotecnoloxía
H/D10: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Biotecnoloxía
H/D13: Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas
Competencias:
Comp02: Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral.
Comp03: Que os estudantes desarrollen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao de forma profesional e sexan competentes no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnolóxica
Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo
Comp06: Recoñecer os criterios de escalado de procesos biotecnolóxicos a partir de datos obtidos na experimentación básica a escala de laboratorio tendo en conta os parámetros económicos e racionalizando o uso da materia e enerxía
-Clases expositivas: 20 h presenciais. Os contidos de teoría impartiranse en aula con apoio de material audiovisual. O profesor poderá potenciar a aprendizaxe autónoma facilitando cuestionarios de autoavaliación para o alumnado, presencialmente ou ben a través da aula virtual, sen peso na avaliación final.
-Seminarios: 7 seminarios presenciais de 1 h. O alumnado traballará, ben individualmente ou ben en grupos organizados polo profesor, sobre casos a resolver e/ou artigos de investigación/divulgación facilitados con antelación polo profesor, ou manexando bases de datos ómicas guiados polo profesor. Nalgúns casos o alumnado poderá presentar os resultados do traballo, ben de maneira expositiva na aula, ben mediante entregas na aula virtual, ou combinación de ambos sistemas.
-Prácticas de laboratorio. Plantéxanse 5 sesións de 2 horas por grupo, ao longo dunha semana, o que permitirá dispoñer de tempo para o crecemento dos microorganismos dun día para outro.
-Titoría de grupo (unha titoría de 1,5 h). Na titoría de grupo explicarase a dinámica e modo de funcionamiento da asignatura: explicación da guía docente, do temario, dos seminarios e das prácticas, e o alumnado poderá plantexar dúbidas e inquedanzas que estime oportunas.
Poderanse organizar actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría, seminarios ou prácticas de laboratorio.
Exame final: Actividade Obrigatoria avaliable. O alumnado debe superar un exame, presencial, dos contidos explicados nas clases expositivas que representará o 65 % da nota final. O aprobado desta parte está en 5 sobre 10. É necesario acadar un 5 neste exame de teoría para poder sumar a nota da avaliación contínua.
No exame final avaliaranse: Con01, Con05, H/D02, H/D09, H/D13, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
Avaliación continua: Sumará un 35% da nota final. Estará composta por:
i)-Avaliación do traballo realizado nos Seminarios: Actividade Obrigatoria avaliable. Suporá un 20% da nota final. Poderán realizarse probas de avaliación individual de cada estudante da materia tratada nos seminarios, ben de forma presencial durante o seminario, ben a través da aula virtual posteriormente ao remate do seminario, ou mediante combinación de ambos sistemas. Nos casos nos que se realicen entregas de traballos, avaliarase o traballo individual (entregas individuais) ou en grupo (entregas en grupo). Se se realizan exposicións/presentación dos casos prácticos ou traballos de investigación asignados, avaliarase o traballo individual de cada estudante na exposición. Se non se asiste a un mínimo do 70% das horas de seminarios (5 das 7 horas), implica unha cualificación de NON APTO na materia.
ii)-Prácticas de laboratorio: Actividade Obrigatoria avaliable. O alumnado realizará un exame na última sesión de prácticas, cuxa cualificación, sumada ao informe do profesor (relativo ao grao de implicación do alumno/a e ao seu aproveitamento das prácticas) representará o 15% da nota final. As ausencias non xustificadas ás prácticas ou unha actitude pasiva nas mesmas supoñerán unha cualificación de NON APTO.
Na realización das prácticas e no traballo realizado nos seminarios avaliaranse: Con01, Con05, H/D01, H/D02, H/D09, H/D10, H/D13, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
-É obrigatoria a asistencia ás clases prácticas, e a realización dos seminarios, para superar esta materia.
-Unha vez superado o exame dos contidos explicados nas clases expositivas, sumaranse as cualificacións obtidas nos seminarios e no exame das prácticas.
-O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas se xa se realizaron (e se se aprobou o exame de prácticas) nos anos anteriores. O alumnado pode repetir as prácticas se así o considera, e poderá facer os exames de prácticas, tendo en conta que isto pode implicar superar ou baixar a nota que tiña previamente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Docencia Teórica: 20 h presenciais
-Seminarios: 7 h presenciais
-Titoría en grupo reducido: 1,5 h presenciais
-Prácticas de laboratorio: 10 h presenciais
-Realización de exames: 2 h presenciais
Total de h de traballo presencial: 40,5 h
Total de horas de traballo persoal: 72 h
-Asistencia e participación activa na clase
-Estudo e revisión semanal da materia impartida
-Aclaración co profesor das dúbidas, concertando titorías individualizadas, a través de foros na aula virtual, ou combinación de ambas opcións.
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado. Para comunicación telemática directa, habilitaráse un equipo “Biotecnoloxía Microbiana” a través da aplicación MS-teams.
Carlos Rodriguez Osorio
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Vila Fajardo
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- pablovila.fajardo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |