Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Identificar os métodos e aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante.
-Identificar as técnicas e estratexias máis utilizadas para a produción de proteínas recombinantes.
-Enumerar as tecnoloxías de edición xénicas e secuenciación de xenomas.
-Identificar e aplicar protocolos experimentais de manexo e análise de ácidos nucleicos.
-Saber clonar e expresar proteínas recombinantes.
Clases expositivas (27 h)
BLOQUE I. FERRAMENTAS ESENCIAIS E TÉCNICAS BÁSICAS (9 h)
Tema 1. Introdución á Enxeñaría xenética (1 h)
Tema 2. Enzimoloxía do ADN recombinante (3 h)
Tema 3. Técnicas básicas de illamento, purificación e análise dos ácidos nucleicos (2.5 h)
Tema 4. PCR (2.5 h)
BLOQUE II. CLONACIÓN MOLECULAR (9 h)
Tema 5. Clonación en bacterias (4.5 h)
Tema 6. Xenotecas (2 h)
Tema 7. Clonación en células eucariotas (2 h)
BLOQUE III. EXPRESIÓN DO ADN RECOMBINANTE. MODIFICACIÓN DO ADN. (9 h)
Tema 8. Expresión do ADN recombinante (4 h)
Tema 9. Mutaxénese dirixida. Introdución á enxeñaría de proteínas (2 h)
Tema 10. Inactivación e edición xénica. Organismos transxénicos (3 h)
Interactivas de seminarios (9 h)
-Seminarios 1, 2 e 3: cuestións e problemas relativos aos temas 2 e 3. (2 h)
-Seminario 3: uso de bases de datos e programas informáticos. (1h)
-Seminarios 4 e 5: exercicios e problemas de clonación e expresión do ADN (4 h)
-Seminario 6: exposición dun traballo que abrangue varios temas explicados ao longo do curso. (2 h)
Interactivas de laboratorio (12 h)
Cada estudiante terá 4 sesións de traballo, nas que realizarán:
-Sesión 1: Clonación dun fragmento de DNA nun vector. Transformación de células E. coli e selección de transformantes.
-Sesión 2: Purificación do vector recombinante, corte con enzimas de restricción e análise en xeles de agarosa.
-Sesión 3: Mutaxénese dirixida. Transformación de células de lévedos.-
Sesión 4: Análise e interpretación de resultados.
Titorías en grupo reducido (2 sesións de 1 h): aclaración de conceptos ou dúbidas sobre as clases expositivas, seminarios ou prácticas.
Exame (3 h)
Bibliografía básica
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
-Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-Perera, J., Tormo, A. y García, J.L., 2002. Ingeniería genética. 2 v. Madrid: Síntesis.
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. y Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
-Clark, D.P, 2019. Molecular Biology. [en liña] 3rd ed. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128132883/molecul…
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
-McPherson, M.J. and Møller, S., 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotech…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
Coñecementos/Contidos: Con01, Con05
Habilidades/destrezas: H/D02, H/D10, H/D12
Competencias: Comp02, Comp03, Comp05
-CLASES EXPOSITIVAS: serán presenciais mediante lección maxistral, nas que o profesor, facendo uso de proxeccións de ordenador e de materiais dispoñibles no Campus Virtual (incluíndo material relacionado coas clases e cuestionarios), explicará os coñecementos fundamentais da materia.Actividade non obrigatoria.
-CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIOS: serán presenciais en grupos reducidos, e mediante a aprendizaxe colaborativa os/as estudantesresolverán problemas ou cuestións en pequenos grupos. Tamén prepararán un traballo en grupo e poderán discutir temas relacionados coa materia. Actividade non obrigatoria.
-TUTORIAS: presenciais en grupos moi reducidos para aclarar dúbidas (sobre a teoría, os seminarios ou as prácticas), fornecer información ou orientar ao alumnado. Actividade non obrigatoria.
-CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: os/as estudantes, seguindo os protocolos preparados para este propósito, empregarán o equipamento adecuado e resolverán preguntas prácticas. Actividade obrigatoria.
1.A avaliación constará de dúas partes:
1.1) Avaliación continua (30% da calificación final), que á súa vez componse de:
i.Seminarios (20% da cualificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA AVALIABLE. A avaliación basearase nos exercicios/traballos presentados ao profesor ou realizados nos seminarios: seminarios 1, 2 e 3=2% da nota cada un, seminarios 4 e 5=4% e seminario 6=6%. A falta de asistencia non xustificada a máis dun 25% das horas de seminario implica a renuncia do dereito á avaliación dos seminarios.
ii.Prácticas de Laboratorio (10% da cualificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA AVALIABLE. Para a avaliación puntuarase a memoria final e/ou cuestions sobre os protocolos explicados. As ausencias non xustificadas suporán unha cualificación de NON APTO. O alumnado deberá obter unha cualificación superior a 4 nas prácticas para superar a materia.O control de asistencia ás actividades presenciais realizarase mediante firma.
1.2) Proba Final (70% da cualificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA AVALIABLE COMPLEMENTARIA A AVALIACIÓN CONTINUA. Levarase a cabo de forma presencial e consistirá nun exame con preguntas tipo test, cuestións e exercicios relacionadas cos contidos teórico-prácticos da materia. A cualificación será a obtida ponderando a da proba final (é necesario ter unha nota mínima de 4.5 sobre 10 puntos para facer a ponderación) coa da avaliación continua. Si non acadan a nota mínima, a cualificación final na materia será exclusivamente a nota ponderada do exame.
2.O alumnado que non supere a materia na oportunidade ordinaria, poderá presentarse á proba final na oportunidade de recuperación (2ªoportunidade). A nota da avaliación continua manterase para a oportunidade de recuperación. Aqueles/as alumnos/as que suspendan as prácticas deberán facer un exame de recuperación.
3.Aos/as estudantes que suspendan a materia, pero teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, manteráselles esa nota durante o curso seguinte. O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia a clases interactivas (agás as prácticas) e o mesmo sistema de avaliación que o matriculado por primeira vez.
4.Evaluación dos resultados da aprendizaxe:
-Exame: Con01, Con05, Comp02, Comp03.
-Traballos/exercicios seminarios: H/D02, H/D10, Comp02, Comp03, Comp05.
-Prácticas: Con05, H/D10, H/D12, Comp05.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Con carácter xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 51 horas corresponden á asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías, 96 horas a traballo autónomo do estudante e as 3 restantes á realización de exames e revisión dos mesmos.
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistencia e participación nas actividades propostas e levar a materia ao día.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Utilización da aula virtual.
- Facer uso das titorías individuais para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Para unha mellor comprensión desta materia, o/a estudante debe ter coñecementos de Bioquímica I e primeiros temas de Bioquímica II, Xenética I e Xenética II (expresión génica).
Haberá unha aula virtual operativa na plataforma Moodle con material relativo ás clases, seminarios e prácticas. Os anuncios faranse tamén a través desta plataforma, polo que o alumnado debe revisar a miúdo o seu correo electrónico institucional.
As canles de comunicación preferente serán o correo electrónico e as titorías individuais. En caso de ser necesario, poderase establecer comunicación mediante MS- Teams.
ESTÁ EXPRESAMENTE PROHIBIDO QUE O ALUMNADO DISTRIBUA O MATERIAL DOCENTE (TANTO ESCRITO COMO AUDIOVISUAL) A PERSOAS ALLEAS O CURSO.
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel González Blanco
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815386
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |