Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada, Óptica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Que o alumnado adquira unha sólida base científica en aspectos xerais da Física, de modo que sexa capaz de identificar, polo menos de xeito cualitativo, os fenómenos físicos máis destacables en biociencias e enxeñería.
- Saber identificar e describir os principais elementos da Física de Fluídos.
- Saber identificar e describir os fenómenos e procesos de transporte.
- Comprender o concepto de onda e identificar á luz como unha radiación electromagnética percibida polo ollo humano.
- Saber identificar, distinguir e describir os procesos que xeran os cambios dos núcleos atómicos.
- Saber elixir e aplicar conceptos físicos á Biotecnoloxía.
Contidos de clases expositivas e interactivas de seminario (22 h + 14 h)
Introdución. A linguaxe da Física. Nocións de cinemática e dinámica. Traballo e enerxías Leis de escala. Taxas metabólicas. (4 h+3 h)
Elementos da Física dos Fluídos. Estados da materia. Densidade e presión Estática dos fluídos. Ecuación de continuidade. Dinámica de fluídos Movemento de sólidos dentro dos fluídos. Forzas de resistencia, arrastre e elevación. Fenómenos de superficie. (4 h + 3 h)
Procesos de transporte. Fluxo. Transporte da materia: fundamentos. Movemento de difusión: Leis de Fick. (3 h + 1 h)
Transporte a través de membranas. Transporte de calor. Transporte eléctrico: fundamentos. Células nerviosas. Equilibrio Donnan. Potencial de repouso. Potencial de acción. (4 h + 3 h)
Ondas e Óptica. Tipos de ondas e características xerais. Propagación da luz e problemas de fronteira. Interacción luz-materia. Polarimetría e interferometría e aplicacións biolóxicas. Óptica xeométrica, sistema visual e instrumentos ópticos. Propagación do son e problemas fronteirizos. Sistema auditivo. (3,5 h + 2 h)
Nucleónica e biofísica da radiación. Núcleo atómico. Fusión e fisión nuclear. Tipos de radiación Interacción radiación-materia. Detección e medida da radiación. Efectos e aplicacións biolóxicas da radiación ionízante. Medicina nuclear. (3,5 h + 2 h)
Seminarios: - nestas sesións resolveranse problemas e cuestións relacionados con cada tema.
Laboratorio (12 h)
Cada estudante terá 3 sesións de traballo de laboratorio, todas de igual duración (4 h), nas que se realizarán 3 das prácticas propostas:
-A lei de Hooke e a súa aplicación para a determinación de densidades
-O péndulo simple
-Determinación experimental da densidade e da viscosidade
-Corrente continua
-Determinación da tensión superficial de líquidos polo método do anel
-Leis de escala
-Polarización
-Polarimetría
Titorías en grupo reducido (3 h)
O alumnado terá 3 sesións de titorías en grupo reducido, todas de igual duración (1 h), destinadas á tarefa de aclaración de conceptos xurdidos nas clases regulares.
A orde dos temas e os contidos é orientativa, e poderá modificarse lixeiramente segundo o desenvolvemento específico do curso.
Básica:
Cromer, Alan H., 1996. Física para las ciencias de la vida. 2ª ed. México: Reverté.
Cussó, Fernando, López, Cayetano y Villar, Raúl 2004. Física de los procesos biológicos. Barcelona: Ariel.
Giancoli, Douglas C. 2009. Física: principios con aplicaciones. 6ª ed. México: Pearson. 2 vol.
Jou Mirabent, David, LLebot Rabagliati, Josep E. y Pérez García, Carlos 2008. Física para ciencias de la vida. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill.
Kane, Joseph W. y Sternheim, M.M. 1998. Física. 2ª ed. Barcelona: Reverté.
Complementaria:
Lea, Susan M. y John R. Burke 2001. Física. La naturaleza de las cosas. Madrid: Paraninfo
Recursos electrónicos e web:
Campus Virtual da USC, http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html
Young, Hugh D. y Freedman, Roger A. 2018. Física universitaria con física moderna (Sears y Zemansky Física universitaria con física moderna) [Recurso electrónico]. Vols. 1 y 2. 14ª ed. México: Pearson Educación
Manuales de Acceso: Curso preparatorio de acceso a la universidad para mayores de 25 años. 20. Física, José Luis Trenzado Diepa, Las Palmas de Gran Canaria Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC 2014. Accesible en Prelo
Macho, Marta. Mujeres con ciencia. [blog en liña]. Dispoñible en: http://mujeresconciencia.com/
Teresa Martín y Ana Serrano, Curso de Física Básica, https://www2.montes.upm.es/dptos/digfa/cfisica/
José L. Fernández, Principios de Óptica Geométrica, https://www.fisicalab.com/apartado/fundamentos-optica-geometrica
Competencias
-Comp01: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Comp02: Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de xeito falado, de debater e transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral.
-Comp03: Que os estudantes desenrolaran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
-Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnolóxica.
-Comp05: Estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Coñecementos
-Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
Habilidades/Destrezas
H/D01: Pensar de xeito integrado e abordar os problemas dende diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedentes de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
• H/D03: Organizar e planificar o seu traballo.
• H/D04: Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• H/D05: Traballar en equipo
H/D10: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
• H/D11: Comprender e saber aplicar os principios físico-químicos dos procesos biolóxicos con aplicación en Biotecnoloxía, así como as principais ferramentas empregadas para investigalos.
Aplicaranse as metodoloxías xerais do grao descritas no apartado 4.3 da memoria do grao. Así, nesta materia farase uso de:
-Campus Virtual: Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o estudante así como material docente diverso.
-Clases maxistrais, nas que se explicarán os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
-Seminarios en grupos reducidos, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría.
-Clases prácticas de laboratorio, nas que o alumnado, seguindo os protocolos preparados para ese efecto, manexará os equipos apropiados e resolverá cuestións prácticas.
-Titorías (individuais ou en grupo) para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. Poderanse realizar actividades complementarias.
As titorías individuais poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requiriran de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Actividades obrigatorias nun principio non avaliables: asistencia ás actividades programadas.
Actividades obrigatorias avaliables:
A cualificación global do estudante na materia é unha media ponderada entre as diversas cualificacións obtidas polo seu rendemento ao longo do curso, en varias partes diferenciadas:
-o exame final (70% da cualificación final)
-a realización das prácticas cos correspondentes informes (20% da cualificación final)
-a realización das actividades expostas nas titorías (10% da cualificación final. Deste 10%, o 5% corresponderá aos catro primeiros temas é o outro 5% aos temas de Ondas e Nucleónica). A nota acadada nesta parte só se conservará para a primeira e segunda oportunidade do curso académico no que se realice é dicir, no caso de que o estudante non supere a materia, a nota acadada nas titorías non se conservará para cursos posteriores.
No exame avaliaranse as competencias :Comp02, Comp03, Comp04, H/D01, H/D03, H/D11
En prácticas: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, H/D02, H/D03, H/D10
Outras actividades (Titorías, seminarios): Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, H/D02, H/D03.
A asistencia a todas as actividades programadas é obrigatoria, en especial ás prácticas de laboratorio.
Para facer a suma coa ponderación indicada das diferentes partes avaliables é necesario ter un mínimo de 4,0 sobre 10 no exame (4,0 sobre 10 como mínimo en cada unha das partes) e outro 4,0 sobre 10 como mínimo nas prácticas de laboratorio.
As prácticas de laboratorio considéranse superadas se ademais de asistir ás sesións programadas, entrégase a memoria e obtense unha cualificación mínima de 5,0 sobre 10 na mesma.
O estudante que non supere algunha das dúas partes, exame e prácticas, terá unha cualificación global máxima de 4,0 sobre 10 na correspondente oportunidade.
En caso de superar as prácticas de laboratorio (nota maior ou igual que 5,0 sobre 10), pero non a materia, estas gárdanse para os dous cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes."
Con carácter xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 51 horas corresponden a asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías (22 h clases expositivas, 14 h clases interactivas seminario, 12 h clases interactivas laboratorio e 3 h titorías en grupo), 95 horas a traballo autónomo do estudante (tempo de estudo e elaboración da memoria de prácticas) e as 4 h restantes á realización de exames e revisión dos mesmos.
-Asistencia a todas as actividades docentes
-Participar de forma activa nas clases
-Consulta da bibliografía recomendada
-Utilizar a aula virtual
-Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Villanueva Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- maria.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jesus Garcia Guimarey
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- mariajesus.guimarey [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
José Manuel Liñeira Del Río
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- josemanuel.lineira [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |