Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é que os alumnos adquiran as seguintes habilidades:
- Distinguir a diversidade vexetal e o ciclo de vida das plantas.
- Aplicar coñecementos sobre o papel das paredes e membranas e os mecanismos de transporte do xilema e do floema.
- Describir os procesos de fotosíntese e fotorrespiración.
- Identificar as bases da nutrición mineral e do metabolismo secundario.
- Enumerar as fitohormonas e aplicar ese coñecemento sobre o seu papel na regulación das diferentes etapas do desenvolvemento.
- Identificar a fotomorfoxénese e as respostas ao estrés biótico e abiótico.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Plantas: Diversidade e introdución á xenética funcional, 1 h.
2. Transporte: Potencial hídrico e químico e transporte de membranas, 1.5 h.
3. Auga: captación en raíces, transporte no xilema e regulación de estomas, 2h.
4. Luz: Cadea de transporte de electróns e antenas 2h.
5. Adaptación: Calidade e intensidade da luz, 2h.
6. Rubisco: Fotosíntese e fotorrespiración, 2 h.
7. C4 e CAM: Fotosínteses alternativas, 1.5 h
8. Azucres: Síntese de sacarosa e amidón e transporte no floema, 1.5 h
9. Nutrientes: Captación e distribución, toxicidade e simbiose, 2h
10. Síntese: Aminoácidos, Polisacáridos de parede, Lípidos e Metabolitos secundarios, 1.5 h
11. Mensaxeiros: Hormonas e péptidos, 3 h.
12. Receptores: Fotorreceptores, mecanorreceptores e quimiorreceptores, 3 h.
13. Desenvolvemento: Xerminación, crecemento, floración e frutificación, 2 h.
14. Estrés: Estrés biótico e abiótico, 1 h
LABORATORIO:
O alumnado traballará 11 horas no laboratorio nas que se realizarán as seguintes actividades:
1. Fotosíntese en cloroplastos illados
2. Papel da xiberelina na xerminación.
3. Actividade nitrato redutasa.
4. Papel dos fotorreceptores no desenvolvemento de plántulas.
5. Análise de resultados.
SEMINARIOS:
Interpretación e debate de resultados experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia.
TUTORIAIS:
Resolución de dúbidas e revisión de exercicios.
EXAME:
Valoración dos coñecementos adquiridos.
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2022. Plant Physiology and Development. 7th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Teaching Tools in plant Biology. http://www.plantcell.org/content/teaching-tools-plant-biology
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
COÑECEMENTO/CONTIDOS
Con01, Con02
HABILIDADES
H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D10, H/D12
COMPETENCIAS
Comp03, Comp04, Comp05
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais durante o segundo cuadrimestre do curso académico. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. Competencias traballadas: Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D10, Comp03, Comp04, Comp05.
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 12 sesións. Nestas clases o alumnado deberá resolver en común problemas consistentes en interpretar resultados experimentais relacionados co temario. Competencias traballadas: Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D10, Comp03, Comp04, Comp05.
As prácticas de laboratorio desenvolveranse en 11 horas distribuídas en 4 sesións. A asistencia comprobarase mediante listaxes de participación. O alumnado deberá preparar un informe que incluirá a análise e discusión dos resultados. Competencias traballadas: Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D10, H/D12, Comp03, Comp04, Comp05.
Ao longo do curso realizaranse 2 sesións de titorías de 60 minutos en grupos moi reducidos nas que se revisarán e discutirán os resultados da avaliación continua. Competencias traballadas: : Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D10, Comp03, Comp04.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS NON AVALIABLES:
Será necesario asistir ás 4 sesións presenciais de prácticas para poder presentar a memoria de prácticas.
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN OBRIGATORIA:
- Memoria de prácticas (25% da nota final). Competencias avaliadas: Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D06, H/D10, Comp03, Comp04, Comp05.
Será necesario presentar un informe de prácticas e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final. Se obtén polo menos un 5 e suspender a materia, non será necesario repetir as prácticas e manterase a nota da memoria nos dous anos seguintes. Os alumnos repetidores poderán presentar voluntariamente un novo informe se asisten á última sesión de prácticas. O estudante que non presente a memoria de prácticas considerarase non presentado para efectos de avaliación.
- Exame final (55% da nota final). Competencias avaliadas: Con01, Con02, H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D10, H/D12, Comp03, Comp04, Comp05.
O exame final estará baseado no método de resolución de problemas e exercicios similares aos que se verán en seminarios e prácticas. Durante o exame final podedes consultar as notas.
Será necesario obter unha nota mínima de 3 sobre 10 no exame final para superar a materia.
ACTIVIDADES AVALIABLES NON OBRIGATORIAS:
- Cuestionarios de avaliación continua (10% da nota final). Competencias avaliadas: Con01, Con02, H/D01, H/D04, H/D10, Comp03, Comp04, Comp05.
Realizaranse durante os seminarios. No caso de repetidores, só se terá en conta a nota dos cuestionarios se mellora a nota final.
- Exame parcial non liberador (10% da nota final). Competencias avaliadas: As mesmas que no exame final.
O exame parcial será similar ao exame final e o seu obxectivo é que o alumnado se familiarice con este tipo de probas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 26 horas
- Clases interactivas de seminario: 12 horas
- Clases prácticas de laboratorio: 11 horas
- Titorías en pequenos grupos: 2 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTE:
- Estudo individual e realización do informe de prácticas: 96 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 150 HORAS
- Aconséllase o estudo da materia durante todo o curso.
- É moi recomendable participar activamente nas sesións de seminario xa que os exercicios que se realizarán serán moi similares aos dos exames parciais e finais.
- É importante organizar as notas para que poidan ser consuladas de xeito eficiente durante os seminarios e os exames.
O material da materia estará dispoñible na aula virtual, así como os anuncios sobre a materia. Utilizarase un grupo de Teams para compartir os resultados das prácticas.
Javier Sampedro Jiménez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Ferradas Rial
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Oscar Martinez Troncoso
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08. Louis Pasteur |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |